300 (filme)
300 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 300 |
Director | Zack Snyder |
Produtor | Gianni Nunnari Mark Canton Bernie Goldmann Jeffrey Silver |
Guión | Zack Snyder Kurt Johnstad |
Baseado en | 300 de Frank Miller |
Intérpretes | Gerard Butler Lena Headey David Wenham Dominic West Vincent Regan Rodrigo Santoro Michael Fassbender |
Música | Tyler Bates |
Fotografía | Larry Fong |
Montaxe | William Hoy |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 9 de marzo de 2007 21 de abril de 2010 (TVG) |
Duración | 117 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | $65 000 000[1] |
Recadación | $456 068 181[2] |
Filme seguinte | 300: A orixe dun imperio |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/300 e http://300themovie.warnerbros.com/ | |
300 é un filme épico estadounidense dirixido por Zack Snyder que se estreou en 2007. Baséase na novela gráfica 300 de Frank Miller e Lynn Varley. A historia é unha adaptación fantasiosa da batalla das Termópilas. Foi rodado en gran parte mediante a técnica do croma para axudar a recrear a imaxenería da novela gráfica orixinal.
O argumento conta a historia do Rei Leónidas (Gerard Butler), que lidera a 300 soldados espartanos nunha batalla contra o "rei-deus" persa Xerxes (Rodrigo Santoro) e o seu enorme exército de 300 000 soldados. Como a vitoria é imposible, a Raíña Gorgo (Lena Headey) tenta conseguir o apoio de Esparta para o seu marido. A historia é contada pola voz narrativa do soldado Dilios (David Wenham). ó longo do filme, son introducidas varias criaturas fantásticas, situando a 300 dentro do xénero de fantasía histórica.
300 estreouse nos Estados Unidos nos cinemas convencionais e IMAX o 9 de marzo de 2007, e en DVD, Blu-ray, e HD DVD o 31 de xullo de 2007. O filme recibiu críticas diversas, sendo aclamado polo seu estilo e orixinalidade, mais foi criticado polo uso excesivo de efectos visuais e pola controvertida representación dos persas. Porén, o filme foi un éxito de recadación, gañando $450 millóns, cunha das mellores acollidas na estrea en toda a historia do cine.
Estreouse en galego na TVG o 21 de abril de 2010.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme comeza contando a infancia do rei Leónidas I, aos sete anos, comeza o seu adestramento como espartano. Unha vez Leónidas xa é rei de Esparta chega un día un mensaxeiro persa comunícalle o desexo de Xerxes I en dominar a rexión, pero que podía someter voluntariamente o seu pobo e seguir sendo rei. Leónidas, ofendido por semellante feito, mata toda a comitiva persa e decide comezar enfrontarse a Xerxes. Porén, como Esparta estaba a celebrar a festa relixiosa da Carneia, Leónidas non pode entrar en guerra, polo que reúne 300 guerreiros como a súa garda persoal e marcha ao encontro dos invasores persas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Gerard Butler como Leónidas I, Rei de Esparta.
- Lena Headey como Gorgo, Raíña de Esparta.
- Giovani Cimmino como Pleistarco, fillo de Leónidas e Gorgo.
- Dominic West como Theron, un político corrupto (ficticio) espartano.
- David Wenham como Dilios, Narrador e soldado espartano.
- Vincent Regan como capitán Artemis.
- Tom Wisdom como Astinos, fillo máis vello de Artemis.
- Andrew Pleavin como Daxos, o líder arcadio que loita xunto a Leónidas.
- Andrew Tiernan como Efialtes.
- Rodrigo Santoro como Xerxes I, Rei de Persia.
- Stephen McHattie como un político espartano.
- Michael Fassbender as Stelios, un xove soldado espartano.
- Peter Mensah como o mensaxeiro persa.
- Kelly Craig como Pythia, a oráculo dos éforos.
- Tyler Neitzel como xove Leónidas.
- Robert Maillet como Uber Immortal (xigante).
- Patrick Sabongui como o xeneral persa.
- Leon Laderach como Executador.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Corliss, Richard (14 de marzo de 2007). "7 Reasons Why 300 Is a Huge Hit". Time. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 04 de marzo de 2013.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "300 (2006)". Consultado o 8 de marzo de 2009.
- ↑ "300 na TVG". DiarioSiglo XXI. 21 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2007
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Zack Snyder
- Filmes con banda sonora de Tyler Bates
- Filmes de Legendary Pictures
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes rodados en Montreal
- Filmes rodados en Bulgaria
- Filmes ambientados na Grecia antiga
- Filmes ambientados no século -V
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX
- Filmes de 2007 con versión en galego