A milla verde
A milla verde | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Green Mile |
Director | Frank Darabont |
Produtor | Frank Darabont David Valdes |
Guión | Frank Darabont |
Baseado en | The Green Mile de Stephen King |
Intérpretes | Tom Hanks David Morse Bonnie Hunt Michael Clarke Duncan James Cromwell |
Música | Thomas Newman |
Fotografía | David Tattersall |
Montaxe | Richard Francis-Bruce |
Estudio | Castle Rock Entertainment |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 10 de decembro de 1999 10 de maio de 2021 (TVG) |
Duración | 188 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $60 000 000[1] |
Recadación | $290 701 374 |
Na rede | |
http://www.warnerbros.com/green-mile | |
A milla verde (en inglés: The Green Mile) é un filme estadounidense dirixido por Frank Darabont que se estreou en 1999. Está baseada na novela The Green Mile de Stephen King escrita en 1996. O filme está contado en modo de flashback e está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a Paul Edgecomb, e por Michael Clarke Duncan como John Coffey. A historia trata sobre a vida de Paul como funcionario de prisións no corredor da morte durante a Gran Depresión nos Estados Unidos, e os eventos sobrenaturais dos que é testemuña. O filme foi nomeado a catro Premios Óscar: mellor actor secundario para Michael Clarke Duncan, mellor filme, mellor son e mellor guión adaptado.
Estreouse en galego o 10 de maio de 2021 na TVG.[2] O director de dobraxe foi Xerardo Couto.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nun lugar do sur dos Estados Unidos, en plena Depresión, Paul Edgecomb é un funcionario de prisións encargado de vixiar a Milla Verde, un corredor que separa as celas dos presos condenados á cadeira eléctrica. John Coffey, un xigantesco afroamericano acusado de asasinar brutalmente a dúas irmás de nove anos está agardando a súa inminente execución. Tras unha personalidade inxenua e infantil, Coffey agocha un prodixioso don sobrenatural. Cando se presenta a ocasión de poñelo en práctica, Edgecomb aprenderá que os milagres existen, mesmo nos lugares máis insospeitados.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tom Hanks como Paul Edgecomb
- Voz da dobraxe galega de Andrés Bellas.
- Michael Clarke Duncan como John Coffey
- Voz da dobraxe galega de Xosé María López Baño.
- Bonnie Hunt como Jan Edgecomb
- Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo.
- David Morse como Brutus "Brutal" Howell
- Doug Hutchison como Percy Wetmore
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.
- Sam Rockwell como "Wild Bill" Wharton
- Voz da dobraxe galega de Nacho Castaño.
- Michael Jeter como Eduard "Del" Delacroix
- Voz da dobraxe galega de Xerardo Couto.
- James Cromwell como Garda Moores
- Voz da dobraxe galega de Antonio Mourelos.
- Patricia Clarkson como Melinda Moores
- Voz da dobraxe galega de Bea García
- Barry Pepper como Dean Stanton
- Voz da dobraxe galega de Gaspar Somoza
- Graham Greene como Arlen Bitterbuck
- Voz da dobraxe galega de Antón Rubal.
- Jeffrey DeMunn como Harry Terwilliger
- Voz da dobraxe galega de Monti Castiñeiras.
- Harry Dean Stanton como Toot-Toot
- Voz da dobraxe galega de Tacho González.
- Bill McKinney como Jack Van Hay
- Voz da dobraxe galega de Miguel Pernas.
- Dabbs Greer como Vello Paul Edgecomb
- Voz da dobraxe galega de Miguel Varela
- Gary Sinise como Burt Hammersmith
- Voz da dobraxe galega de Raúl Dans.
- William Sadler como Klaus Detterick
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1999: 4 Nomeamentos ó Óscar: Mellor actor secundario, guión adaptado, son, película.
- 1999: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario (Michael Clarke Duncan).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "A milla verde na TVG". TVG. 10 de maio de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A milla verde na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 1999
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Frank Darabont
- Filmes con banda sonora de Thomas Newman
- Filmes de Castle Rock Entertainment
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes rodados en California
- Filmes rodados en Carolina do Norte
- Filmes rodados en Tennessee
- Filmes ambientados en 1999
- Filmes sobre psicópatas
- Filmes baseados en obras de Stephen King
- Filmes de 1999 con versión en galego