Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Air Transat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Air Transat
IATA
TS
OACI
TSC
Indicativo
AIR TRANSAT
Fundacióndecembro de 1986
Inicio das operacións14 de novembro de 1987
Frota49
Destinos63
HoldingTransat A.T. Inc.
Eslogan da compañíaVacation is calling
SedeMontreal, Quebec
Páxina web: https://www.transat.com

Air Transat é unha aeroliña de baixo custo de vacacións canadense baseada en Montreal, Quebec. A compañía opera voos regurares e chárter, servindo a 63 destinos en 30 países.[1] A aeroliña é propiedade e está operada por Transat A.T. Inc. No presente Air Transat transporta a uns 3,5 millóns de pasaxeiros anualmente.

Air Transat é unha das aeroliñas máis grandes do Canadá, tras Air Canada e WestJet. Air Transat ten 5 000 empregados.[2] A aeroliña gañou varios premios, incluído o premio Skytrax á mellor aeroliña de vacacións do mundo en 2012.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Air Transat realizou o o seu voo inaugural o 14 de novembro de 1987, dende Montreal a Acapulco. Seis anos despois Air Transat asmíu a base de mantemento e os avións da defunta Nationair.

Asociación con CanJet

[editar | editar a fonte]

O 13 de febreiro de 2009 Transat A.T. anunciou unha asociación de cinco anos con CanJet. Dende o 1 de maio dese ano Transat Tours Canada usou oc Boeing 737 de CanJet para voos chárter operando dende cidades do Canadá a varios destinos. Esta asociación foi substituída por un acordo con Westjet.[3]

Asociación con Transavia France

[editar | editar a fonte]

O 13 de setembro de 2013 Air Transat asinou un contrato estacional de arrendamento coa aeroliña do grupo Air France-KLM Transavia France, acordando o alugamento de ata nove Boeing 737-800 ata 2019. O acordo, que ampliaba un previo de 2010 para a estación de inverno, solicitaba o alugamento de catro 737-800 durante o inverno de 2014, cinco en 2016, seis en 2017, sete en 2018 e oito en 2019.[4]

Airbus A310-300 de Air Transat
Airbus A330-200 de Air Transat

En marzo de 2018 a frota de Air Transat estaba formada polos seguintes avións:[5]

Frota de Air Transat
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A310-300 9 12 238 250 Serán substituídos por Airbus A321LR.
Airbus A320-200 2 180 180 Alugados a Condor[6]
Airbus A321LR 10[7] TBA 200 Van ser alugados a AerCap a partir de 2019.
Para substituír os Airbus A310-300.
Airbus A330-200 14 1[8] 12 333 345 Un operado por Condor
Un alugado a Travel Service Poland
Airbus A330-300 4 12 334 346
12 363 375
Boeing 737-700 4 148 148 Alugados a ASL Airlines France.
Boeing 737-800 16 189 189
Total 49 11
  1. Air Transat (ed.). "Our destinations from Canada". Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  2. Air Transat (ed.). "About Transat". Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  3. Cision (ed.). "Transat and CanJet forge 5-year partnership for narrow-body aircraft". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2018. Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  4. Air Transport World (ed.). "Transavia France inks 737-800 deal with Air Transat". Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  5. Air Transat (ed.). "Our fleet". Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  6. Routes Online (ed.). "airtransat outlines A320/321 operations Mar - Oct 2018". Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  7. Flight Global (ed.). "Air Transat to take A321LRs to replace A310s". Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  8. Planespotters (ed.). "B-6121 China Eastern Airlines Airbus A330-200". Consultado o 17 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]