Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Alea iacta est

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A locución latina Alea iacta est atribúese a Xulio César.

Alea iacta est[1] é unha locución latina de uso actual que significa literalmente ” botouse o dado”, ” o dado foi botado” ou “a sorte foi botada”. Emprégase para explicar que se deu un paso irrevogable, xeralmente de risco ou confrontación, algo do que non se pode volver atrás. Na actualidade é moi usado, por exemplo, polos comentaristas deportivos.

Esta expresión, coa forma iacta alea est, atribuíulla o historiador Suetonio[2] a Xulio César cando, no ano 49 a.C. cruzou o río Rubicón, que sinalaba o límite entre Italia e a Gallia Cisalpina, provincia que lle fora asignada polo Senado romano. Con esta acción César rebelouse contra o Senado, e comezou a guerra civil contra Pompeio e os Optimates.

Segundo Plutarco, a frase puido pronunciarse en grego (ἁνερρίφθω κύβος) aludindo a un verso de Menandro co sentido de "os dados están botados, esperemos agora a sorte", xa que este era un dos autores favoritos de César. A fonte que usou Plutarco para emitir esa declaración foi o prólogo do libro de Historias de Asinio Polión, o cal comentou esta anécdota ao escoitalo pola súa proximidade a César no momento de dicila. A frase en grego de Menandro aparece en Ἀρρηφόρος (Arrephoros) (posiblemente "A rapaza flautista"), e así é citada en Deipnosophistae[3].

Plutarco cóntanos que esas palabras foron pronunciadas en grego.

"Ἑλληνιστὶ πρὸς τοὺς παρόντας ἐκβοήσας, «Ἀνερρίφθω κύβος», [anerriphtho kybos] διεβίβαζε τὸν στρατόν".'
"El (César) declarou en grego en voz alta a todos os que estaban presentes "A sorte está botada", e fixo cruzar ao exército".[4]

A oración implica que se acadou un risco e se pasou o punto de non retorno. Como o xogador que aposta nunha tirada de dados, non pode volver atrás. Hoxe en día a frase significa dar un paso irrevogable.

Gramática

[editar | editar a fonte]

A expresión está formada polo nominativo de singular do substantivo feminino da 1ª declinación alea,-ae "dado, xogo de dados, xogada de dados" e por extensión “azar”, “casualidade” ou “sorte”, e polo pretérito perfecto pasivo do verbo iacio, ieci, iactum "guindar, botar". Normalmente tradúcese como “a sorte está botada” para evitar unha construción de voz pasiva que en galego non é de uso común e dá un aspecto forzado á tradución.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]