Amergin Glúingel
Amergin Glúingel[1] ("xeonllos brancos"), en irlandés moderno Amhairghin Glúngheal ou tamén coñecido como Glúnmar ("xeonllo grande") é un bardo, druída, xuíz dos milesianos e bisneto de Breogán segundo o ciclo mitolóxico irlandés. É un dos sete fillos de Míl Espáine, e tomou parte na conquista milesiana de Irlanda e na derrota dos Tuatha Dé Danann en vinganza polo seu parente Ite, quen foi asasinado polos tres reis dos Tuatha Dé Danann, Mac Cuill, Mac Cecht e Mac Gréine. Desembarcaron no estuario de Inber Scéne, chamado así pola muller de Amergin, Scéne, quen morreu no mar. As tres raíñas dos Tuatha Dé Danann, (Banba, Ériu e Fódla), dérolles permiso a Amergin e ó seu pobo a asentarse en Irlanda. Cada unha das irmás pediulle a Amergin que chamase á illa polo seu nome, o cal fixo: Ériu é a forma orixinal do actual Éire, mentres que Banba e Fódla son empregados como nomes poéticos para Irlanda, como Albion para a illa de Gran Bretaña.
Lenda
[editar | editar a fonte]Os milesianos conquistaron a illa participando nunha batalla contra os tres reis, os seus druídas e os seus guerreiros. Amergin actuou como xuíz imparcial nas contendas, establecendo as regras dos acordos. Os milesianos acordaron abandonar a illa e retirarse unha curta distancia de regreso ó océano, máis aló da novena onda, un límite máxico. Despois dun sinal, movéronse cara a praia, mais os druídas dos Tuatha Dé Danann invocaron unha treboada máxica para evitar que chegasen a terra. Porén, Amergin cantou unha canción invocando o espírito de Irlanda que se coñece como A Canción de Amergin, podendo levar o barco a terra con seguridade. Houbo grandes perdas en ámbolos dous bandos, con máis dunha batalla importante, mais os milesianos acadaron a vitoria. Os tres reis dos Tuatha Dé Danann foron asasinados en combate singular polos tres fillos de Míl que sobreviviron a treboada, Éber Finn, Érimón e Amergin.
Amergin dividiu a illa entre os seus dous irmáns, tomando Éber Finn a parte sur de Irlanda e Érimón a norte.[2][3][4] Ese mesmo ano Érimón derrotou a Éber nunha batalla e conseguiu o reinado de toda a illa, e dous anos despois asasinou a Amergin noutra batalla.[5][6] A tradición local de Drogheda localiza o seu lugar de enterramento baixo Millmount.
Algún poemas galeses de temática mitolóxica atribúenlle ó poeta galés Taliesin no Libro de Taliesin atributos compartidos con Amergin.[7]
A canción de Amergin (Amhrán Amhairghin)
[editar | editar a fonte]Irlandés antigo[8] | Irlandés moderno |
---|---|
Am gáeth i mmuir. |
Is mise gaoth ar mhuir. |
O grupo de folk galego Luar na Lubre publicou o 5 de xuño de 2012 o álbum Mar Maior, cuxo primeiro tema "A invocación de Amergín", interpretado por Bieito Romero e Carme R. Alonso, está baseado no relato mítico do Lebor Gabála Érenn. A canción é unha tradución ó galego da canción de Amergin.[23]
- Eu son o vento no mar
- Son unha onda no océano
- Son o ruxido do mar
- Son o Touro das sete loitas
- Eu son un corvo nos cantís
- Son unha pinga de xiada
- Un valoroso xabarín
- Son salmón nunha lagoa
- Eu son un lago n’antiga chaira
- Son unha montaña nun home
- Son unha verba con destreza
- Son a punta dunha lanza
- Son o deus da inspiración
- Quen venceu a escárpada montaña
- Quen anuncia as fases da lúa
- Quen di onde cae o solpor?
- Quen chamou o gando da casa de Tetis
- A quen sorrín as estrelas qu’emerxen do mar
- Feitizos de lanza? Feitizos do vento.
O poema foi traducido ao inglés por Robert Graves, quen dicía que a educación poética inglesa non deberá comezar polos Contos de Canterbury, nin pola Odisea, nin polo Xénese, senón coa Canción de Amergin.[24]
Xenealoxía
[editar | editar a fonte]Brate | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Breogán | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Breogha | Cuailgne | Muirtheimhne | Ite | Bile | Cualu | Fuad | Bladh | Eibhle | Nár | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lughaidh | Míl Espáine | Scota | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Érimón | Eber Finn | Amergin Glúingel | Éber Donn | Fial nic Miled | Dill nic Mil | Ír mac | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ tamén escrito Amorghain, Amairgin, Amorgen, Aimhirghin
- ↑ Lebor Gabála Érenn §65-95 Arquivado 06 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ Maighréad C. Ní Dobs, "Tochomlad mac Miledh a hEspain i nErind: no Cath Tailten?" Arquivado 23 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Études Celtiques v.II, París: Librairie E. Droz, 1937
- ↑ Geoffrey Keating, Foas Feasa ar Éirinn 1.21, 22, 23
- ↑ Annals of the Four Masters M3500-3503
- ↑ Geoffrey Keating, Foras Feasa ar Éirinn 1.24
- ↑ James MacKillop, Dictionary of Celtic Mythology, Oxford University Press, 1998, p. 13
- ↑ Leabhar Gabhála na hÉireann, lch. 49, sa Leabhar Laighneach ar CELT
- ↑ dírend ar eDIL
- ↑ séig ar eDIL
- ↑ 4 é ar eDIL
- ↑ 2 bri ar eDIL
- ↑ gleth ar eDIL
- ↑ clochar ar eDIL
- ↑ ésca(e), éisce ar eDIL
- ↑ doén ar eDIL
- ↑ gal
- ↑ gair2 (b) Lit. At teanglann.ie FGB
- ↑ dú 1. ar teanglann.ie FGB; áit
- ↑ Féach tibh ar teanglann.ie FGB
- ↑ daon ar teanglann.ie FGB; duine daonna
- ↑ cáinte ar teanglann.ie FGB; aoir
- ↑ luarnalubre.com (ed.). "Mar Maior (WARNER 2012) 01 A Invocación de Amergín". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2019.
- ↑ "Galicia un relato no mundo: discurso da inauguración – Capítulo 0". Consultado o 2022-02-18.