American Hustle
American Hustle | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | American Hustle |
Director | David O. Russell |
Produtor | Charles Roven Richard Suckle Megan Ellison |
Guión | Eric Warren Singer David O. Russell |
Intérpretes | Christian Bale Bradley Cooper Amy Adams Jeremy Renner Jennifer Lawrence |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Linus Sandgren |
Montaxe | Jay Cassidy Crispin Struthers Alan Baumgarten |
Estudio | Atlas Entertainment Annapurna Pictures |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 12 de decembro de 2013 13 de decembro de 2013 |
Duración | 138 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama, comedia |
Orzamento | $40 000 000 |
Recadación | $251 171 807 |
Na rede | |
|
American Hustle é un filme estadounidense dirixido por David O. Russell que se estreou no 2013. O guión, escrito por Eric Warren Singer e Russell, está vagamente baseado nunha operación do FBI de finais dos anos 1970 e comezos dos 1980.[2] Está protagonizado por Christian Bale e Amy Adams como dous timadores que son forzados por un axente do FBI (Bradley Cooper) a colaborar nunha operación que ten como obxectivo descubrir políticos corruptos, incluído o alcalde de Camden, Nova Jersey, (Jeremy Renner). Jennifer Lawrence interpreta a impredecible muller do personaxe de Bale.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Estado de Nova York, anos setenta. Irving Rosenfeld (Christian Bale), un espelido estafador, e a súa intelixente e sedutora compañeira Sydney Prosser (Amy Adams) vense na obriga de traballar para un axente do FBI, Richie DiMaso (Bradley Cooper), que sen querelo os arrastra ó perigoso mundo da política e da mafia de Nova Jersey.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Christian Bale como Irving Rosenfeld
- Bradley Cooper como Axente do FBI Richard "Richie" DiMaso
- Amy Adams como Sydney Prosser / Lady Edith Greensly
- Jeremy Renner como Alcalde Carmine Polito
- Jennifer Lawrence como Rosalyn Rosenfeld
- Louis C.K. como Stoddard Thorsen
- Jack Huston como Pete Musane
- Saïd Taghmaoui como Xeque árabe de Irving
- Michael Peña como Paco Hernandez / Sheikh Abdullah
- Shea Whigham como Carl Elway
- Erica McDermott como Carl Elway's Assistant / Addie Abrams
- Alessandro Nivola como Anthony Amado
- Elisabeth Röhm como Dolly Polito
- Colleen Camp como Brenda
- Paul Herman como Alfonse Simone
- Anthony Zerbe como Senador de Nova Jersey
- Robert De Niro (sen acreditar) como Victor Tellegio
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2013: Premios Oscars: 10 nomeamentos, incluíndo mellor filme, director, actor e actriz.
- 2013: Globos de Ouro: 3 premios, incluíndo mellor filme comedia. 7 nomeamentos.
- 2013: Premios BAFTA: 3 premios. 10 nomeamentos.
- 2013: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme, guión, actriz secundaria (Jennifer Lawrence).
- 2013: Critics Choice: 4 premios, incluíndo mellor comedia. 13 nomeamentos.
- 2013: American Film Institute: Top 10 - Mellores filmes do ano.
- 2013: Satellite Awards: 8 nomeamentos, incluíndo mellor filme e director.
- 2013: Sindicato de Guionistas (WGA): Nomeado a mellor guión orixinal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "American Hustle (2013)". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2014.
- ↑ Sherman, Ted (25 de novembro de 2013). "Jersey Hustle: The real-life story of Abscam". The Star-Ledger. Consultado o 3 de decembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- American Hustle na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 2013
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por David O. Russell
- Filmes ambientados en Nova Jersey
- Filmes de Columbia Pictures
- Filmes de Atlas Entertainment
- Filmes de Annapurna Pictures
- Filmes rodados no estado de Nova York
- Filmes rodados en Massachusetts
- Filmes ambientados en 1978
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes ambientados en Washington, D.C.
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América
- Filmes sobre políticos
- Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical