Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Andrés Guardado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrés Guardado

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Andrés Guardado Hernández Editar o valor en Wikidata
28 de setembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Guadalaxara, México Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade20 de agosto de 2005 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaMéxico Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e extremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo18 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2007   Atlas de Guadalajara 64(6)
2007–2012   Deportivo da Coruña 149(25)
2012–2015   Valencia CF 66(1)
2014–2014 cesión   Bayer Leverkusen 7(0)
2014–2015 cesión   PSV Eindhoven 35(1)
2015–2017   PSV Eindhoven 67(3)
2017–2024   Real Betis Balompié 218(5)
2024–2024   Club León 32(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2024   México 180(28)
Participou en
2019Copa Ouro da CONCACAF de 2019 (pt) Traducir
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2346589 Twitter: AGuardado18 Instagram: andresgua18 FIFA: 251352 UEFA: 250067766 Editar o valor en Wikidata

José Andrés Guardado Hernández, nado en Guadalaxara (Xalisco) o 28 de setembro de 1986, é un exfutbolista mexicano, que xogaba de centrocampista. Amplamente considerado un dos mellores futbolistas mexicanos de todos os tempos,[1][2][3] é o xogador con máis partidos disputados na historia da selección mexicana (180), cuxa camiseta vestiu durante 19 anos. É tamén o futbolista con máis encontros de todas as seleccións da CONCACAF e o segundo de toda América, só por detrás de Leo Messi, e un dos únicos seis futbolistas que xogaron en cinco edicións da Copas do Mundo (2006, 2010, 2014, 2018 e 2022). Conquistou tres veces a Copa Ouro da CONCACAF (2011, 2015, 2019), as dúas últimas como capitán da Tri.

A nivel de clubs debutou na Primeira División de México nas filas do Atlas de Guadalajara, antes de poñer rumbo ao fútbol europeo, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira deportiva. Destacou especialmente no Deportivo da Coruña, no PSV Eindhoven e no Real Betis.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Atlas de Guadalajara

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade mexicana de Guadalaxara, sendo fillo de Andrés Manuel Guardado e Teresa Hernández. Comezou a xogar ao fútbol seguindo os pasos de seu irmán maior, Alejandro.[4] Aos 7 anos ingresou nas categorías inferiores do Atlas de Guadalajara, onde tamén militaba seu irmán e onde foi ascendendo de divisións até chegar á Primeira División de México.

A chamada Regra 20/11 imposta pola Federación Mexicana de Fútbol de aliñar a menores de 20 anos e 10 meses durante 765 minutos durante o torneo, deulle a oportunidade de debutar co primeiro equipo do Atlas, da man do adestrador Daniel Guzmán Castañeda nun partido contra o Pachuca CF o 20 de agosto de 2005.[5][6] Tres xornadas despois instalouse nunha titularidade no lateral esquerdo que xa non deixaría durante os seguintes 24 partidos, nos cales só foi substituído en dúas ocasións. Logrou o seu primeiro gol na máxima categoría nun partido contra Tigres de la UANL no Estadio Universitario de Nuevo León, o 15 de outubro de 2005.

Rapidamente comezou a destacar e ao remate do Apertura 2005 foi elixido mellor novato do torneo,[6] galardón ao que sumou nos seguintes anos o de mellor lateral da liga, que recibiu tanto no Apertura 2006 como no Clausura 2007. Unha das súas actuacións máis memorables asinouna nun partido do torneo Apertura 2006 fronte ao Club América no Estadio Jalisco, no que marcou os dous únicos goles do partido con dous espectaculares lanzamentos dende fóra da área ante os que non puido facer nada o histórico gardameta Guillermo Ochoa.[7]

Convertido nun dos mellores xogadores da liga e sendo un dos xogadores máis queridos pola bancada do Atlas, recibiu ofertas de varios clubs europeos, sendo finalmente o Deportivo da Coruña o que conseguiu a súa fichaxe por unha suma oficial de 7 millóns de euros e un contrato de cinco anos.[8]

O seu último partido cos raposos do Atlas foi un amigábel de despedida fronte ao club arxentino San Lorenzo, partido no que xogou só 15 minutos, como solicitara o seu novo club. Ao rematar o primeiro tempo, a directiva vermellonegra entregoulle un trofeo conmemorativo.[9] Pechou o seu paso polo Atlas cun total de 64 partidos oficiais e 6 goles.[9]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

Xa en Galicia, foi presentado co número 18 ante case 4.000 afeccionados deportivistas no estadio de Riazor o 24 de xullo de 2007.[10]

Debutou co Deportivo na Primeira División, na xornada inaugural da tempada 2007/08 ante o Almería en Riazor. Reconvertido como interior esquerdo,[11] formou no centro do campo titular xunto a Cristian, Sergio e De Guzmán, e foi o xogador máis destacado do seu equipo, que caeu derrotado por 0-3.[12] Nese partido converteuse ademais no segundo futbolista mexicano en vestir a camiseta do Deportivo da Coruña, máis de 60 anos despois de que o fixera José Luis Borbolla.

Marcou o seu primeiro gol no fútbol europeo na terceira xornada, ante o Real Betis, aproveitando unha indecisión da defensa andaluza nun saque de banda de Claudio Barragán, que Guardado rematou de xeito acrobático e que valeu o primeiro triunfo da tempada.

Titular indiscutible nas aliñacións de Lotina, foi o xogador máis destacado do equipo, ata que na xornada 22 sufriu unha rotura fibrilar no bíceps da perna dereita nun partido contra o Betis, lesión que o deixou fóra dos terreos de xogo durante 6 semanas. Reapareceu nun partido contra o Real Madrid, pero pouco despois de xogar un partido amigábel coa súa selección en Londres, sufriu unha nova rotura fibrilar que practicamente acabou coa súa tempada. Con todo, foi elixido polos seareiros do club como o mellor xogador da campaña.[13]

Na seguinte tempada debutou na Copa da UEFA nun partido contra o Hajduk Split, e marcou o seu primeiro gol en competición europea, ante o Feyenoord, ademais de coincidir no equipo co seu compatriota Omar Bravo. Foi un fixo no once inicial do equipo coruñés durante os seguintes anos, progresión que só se viu cortada polas numerosas lesións sufridas polo xogador.[14] Estas lesións impedíronlle disputar máis de 20 encontros na tempada 2010/11, na que o club galego consumou o seu descenso á Segunda División despois de 20 anos na elite.[15]

Continuou no Deportivo tralo descenso e liderou xunto a Colotto o equipo de Oltra no seu regreso á Primeira División, completando a súa mellor tempada en Galicia. Xogando como mediapunta zurdo de tendencia asociativa no 4-2-3-1 de Oltra,[11] disputou un total de 37 partidos, 36 deles como titular, alternándose con Diogo Salomão ao longo da tempada nas bandas dereita e esquerda.[16] Sumou 11 goles, a mellor cifra da súa carreira, e 10 asistencias, superando neste apartado ao seu compañeiro e lenda do club, Juan Carlos Valerón.[17]

Disputou o seu derradeiro partido co Deportivo na penúltima xornada da 2011/12, fronte ao Huesca en Riazor, partido no que o club galego selou o ascenso grazas a un gol de Xisco.[18] Pechou o seu paso pola Coruña cun total de 149 partidos e 25 goles.

O 28 de maio de 2012 anunciouse a súa fichaxe polo Valencia para os seguintes catro anos.[19] Debutou co conxunto valenciano o 19 de agosto contra o Real Madrid, dous días antes de recibir a cidadanía española.[20] En setembro disputou o seu primeiro encontro na Liga de Campións nunha derrota por 1-2 ante o Bayern de Múnic, club que se acabou proclamando campión da competición.[21] Na súa primeira tempada no Valencia xogou habitualmente como lateral esquerdo, posición na que o colocou Valverde para cubrir a saída de Jordi Alba e a lesión de Jérémy Mathie.[22][23][24]

A pesar de que en ano e medio co Valencia disputou 66 encontros, 54 deles como titular, non rematou de callar no club, sendo o máis lembrado o seu duelo con Lucas Moura nos oitavos de final da Liga de Campións contra o Paris Saint-Germain.[11] En xaneiro de 2014 a nova dirección deportiva encabezada por Rufete decidiu apostar por Juan Bernat para o lateral esquerdo e ceder a Guardado ao Bayer Leverkusen da Bundesliga ata o remate da tempada.[24][25]

Cesión ao Bayer Leverkusen

[editar | editar a fonte]

O seu paso polo fútbol alemán estivo marcado por unha baixa forma física, problemas musculares e poucos minutos de xogo.[26][27] Debutou na sorprendente derrota en Copa contra o Kaiserslautern, da segunda división, e foi o lateral esquerdo titular nos dous partidos de oitavos de final da Liga de Campións, onde o seu equipo caeu eliminado ante o PSG francés.[28] Con todo, no campionato de liga o adestrador Sami Hyypiä deixouno no banco de suplentes durante seis xornadas consecutivas e non debutou ata o 23 de marzo, nunha derrota ante o Hoffenheim.[29] Pechou o seu paso por Renania do Norte-Westfalia cun total de 7 partidos entre as tres competicións.

Para a tempada 2014/15 o Valencia volveu ceder o xogador, desta vez ao PSV neerlandés, club que xa intentara a súa fichaxe sete anos antes.[30] Debutou na Eredivisie o 31 de agosto de 2014, nun partido contra o Vitesse Arnhem no Philips Stadion de Eindhoven,[31] e foi titular na gran maioría de partidos da tempada, recuperando da man de Phillip Cocu a regularidade e o protagonismo que perdera nas tempadas anteriores.[32] O 7 de marzo de 2015 marcou o seu primeiro gol nos Países Baixos, nunha vitoria por 3-0 sobre o Go Ahead Eagles.[33]

O 15 de marzo de 2015, nos prolegómenos dun partido ante o Groningen e no medio de ruxerruxes sobre un posible traspaso do xogador ao Ajax, os seareiros do PSV formaron un enorme tifo representando a bandeira de México e despregaron un cartel cunha mensaxe en español que dicía: "Andrés Guardado, a nosa aguia de ouro mexicana. Ten que estar no PSV Eindhoven. A nosa casa é a túa casa, Andrés".[34] Menos de dúas semanas despois, o PSV anunciou que chegara a un acordo co Valencia para asinar ao xogador en propiedade por tres anos.[35] Chegou a portar o brazalete de capitán en varios partidos ao longo da súa primeira tempada en Eindhoven,[36] que culminou co título de liga para o seu equipo. Ademais foi elixido polas revistas Algemeen Dagblad e Voetbal International como o mellor xogador do campionato de liga.[37]

Na seguinte campaña o equipo de Cocu conquistou a Supercopa dos Países Baixos e revalidou o título de liga, contribuíndo Guardado con 25 partidos de liga, 1 gol e 11 asistencias, sendo de novo un dos xogadores máis destacados do campionato.[38] Ademais tivo un papel destacado na Liga de Campións, na que o PSV conseguiu o pase a oitavos de final despois de case unha década de ausencia. Durante esa campaña incorporouse ao equipo outro mexicano, o seu compañeiro de selección Héctor Moreno. En xullo de 2016 Guardado gañou a súa segunda Supercopa, tras derrotar ao Feyenoord no Amsterdam Arena.[39] Pechou os seus tres anos no PSV cun total de 102 partidos, 4 goles e 22 asistencias.

No medio dos rumores que o colocaban nalgún club da Major League Soccer, o 27 de xullo de 2017 o Real Betis anunciou a fichaxe de Guardado para os seguintes tres anos por uns 2,3 millóns de euros. Elixido polos seus compañeiros como un dos catro capitáns do equipo,[40] debutou coa camiseta do Betis o 20 de agosto no Camp Nou, nunha derrota por 2-0 ante o Barcelona na primeira xornada de liga,[41] e marcou o seu primeiro gol na 13ª xornada, cun lanzamento de falta nun empate a dous goles fronte o Girona.[42]

Titular dende a súa chegada ao equipo de Quique Setién, callou grandes actuacións, entre elas a da histórica vitoria por 3-5 no derbi contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán na noite de Reis de 2018.[43] Contribuíu con dous goles e oito asistencias a que o conxunto bético acadase o sexto posto na liga, o seu mellor resultado en 13 anos. Na tempada 2018/19 disputou a Europa League, caendo nos 1/16 de final contra o Rennes.[44]

En xullo de 2020 disputou o seu partido número 100 co Betis, capitaneando o seu equipo contra o Celta de Vigo, e converteuse así no primeiro e único futbolista mexicano en acadar os 100 partidos con tres clubs europeos diferentes (Deportivo, PSV e Betis).[45] Nos seguintes anos continuou batendo varios récords, converténdose no estranxeiro con máis partidos na historia do Betis superando a Denílson e no futbolista mexicano con máis tempadas e partidos no fútbol europeo, superando en ambos casos a Hugo Sánchez.[46][47][48]

En abril de 2022 conquistou a Copa do Rei, derrotando na final a un dos seus anteriores clubs, o Valencia. Saltou ao terreo de xogo na prórroga, substituíndo ao portugués William Carvalho, e anotou o terceiro lanzamento do seu equipo na quenda de penaltis, contribuíndo así ao primeiro título do club bético en 17 anos.[49] Trala retirada de Joaquín herdou a capitanía do equipo, no que militou ata xaneiro de 2024, momento no que decidiu regresar a México.[50] Deixou o Betis con status de lenda, despois de seis anos e medio no club e 218 partidos oficiais.[51]

O mesmo día do anuncio da súa saída do Betis asinou como novo xogador do Club León. Debutou o 27 de xaneiro, portando o brazalete de capitán nun partido ante o Santos Laguna, volvendo así a disputar un encontro da Primeira División de México case 17 anos despois.[52] Disputou un total de 23 partidos co club de Guanajuato, marcando un gol ante o Querétaro. O 6 de novembro de 2024 xogou o último encontro da súa carreira, capitaneando o León contra o Mazatlán no Nou Camp, e ao día seguinte anunciou a súa retirada definitiva despois de 19 anos como profesional.[53]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Guardado é o futbolista con máis partidos disputados na historia da selección mexicana (180), cuxa camiseta vestiu durante 19 anos. Debutou co combinado nacional o 14 de decembro de 2005, da man do seleccionador por Ricardo La Volpe, só catro meses despois de realizar a súa estrea co primeiro equipo do Atlas. Foi nun partido amigable contra Hungría no Chase Field de Phoenix, no que saltou ao terreo de xogo na segunda parte como substituto de José Antonio Olvera, portando o dorsal número 18, o habitual ao longo da súa carreira. Convocado de xeito habitual dende entón, dispuxo da súa primeira titularidade en marzo de 2006, nun amigable contra Paraguai.

Mundial de 2006

[editar | editar a fonte]

Con 19 anos e despois de disputar sete partidos coa selección, foi un dos 23 xogadores seleccionados por La Volpe para o Mundial de 2006, que se celebrou en Alemaña. Non disputou ningún minuto na primeira fase do torneo, na que a súa posición na banda esquerda foi ocupada por Gonzalo Pineda.[54] Con todo, para os oitavos de final contra a Arxentina, La Volpe deulle a titularidade a Guardado, que disputou 66 minutos ata que caeu lesionado, co marcador sinalando un empate a un gol. Substituído por Pineda, un erro deste no tempo extra propiciou un espectacular gol de volea de Maxi Rodríguez e a eliminación da selección mexicana.[54] Con todo, a actuación sobresaliente de Guardado nese encontro, no que actuou como "falso carrileiro" intercambiando posición con Ramón Morales, foi a que lle abriu definitivamente as portas do fútbol europeo.[11]

Uns meses despois do Mundial fixo o seu primeiro gol coa Tricolor, nun partido amigable contra Venezuela no Qualcomm Stadium de San Diego o 1 de marzo de 2007, no que foi o primeiro triunfo de Hugo Sánchez como seleccionador mexicano.[55]

Copa de Ouro da CONCACAF 2007

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2007, tras consolidarse como titular coa súa selección, foi convocado por Hugo Sánchez para a Copa Ouro da CONCACAF. Xogou como titular todos os partidos, acadando a final, na que o seu rival foi Estados Unidos. No minuto 43 da final, disputada no Soldier Field de Chicago, Guardado rematou un pase da morte de Nery Castillo, sen que o gardameta Tim Howard puidese facer nada para evitar o gol que poñía en vantaxe a México. Sorprendentemente, o equipo das barras e as estrelas remontou o marcador no segundo tempo, e con tantos de Landon Donovan no 66, e Benny Feilhaber no 73, proclamouse campión do torneo.[56] As boas actuacións de Guardado valéronlle unha mención honorífica como un dos mellores centrocampistas do torneo.[56]

Copa América 2007

[editar | editar a fonte]

Só tres días despois da final da Copa Ouro, a selección mexicana iniciou a súa participación na Copa América, á que acudiu como equipo convidado. Guardado non disputou os dous primeiros encontros do torneo, debido á lesión que sufriu na final da Copa Ouro, reaparecendo como titular no terceiro partido contra Chile, que rematou sen goles. Xa en cuartos de final, ante Paraguai, repartiu dúas asistencias a Fernando Arce e Omar Bravo e provocou o penalti que Cuauhtémoc Blanco converteu no 5-0, nun partido que terminou cun 6-0 a favor de México, Xa en semifinais, os mexicanos foron vencidos pola Arxentina por un marcador de 3-0.

Tres días despois, no partido polo terceiro lugar contra o Uruguai, Gardado entrou ao campo ao minuto 64 substituíndo a Fausto Pinto e 12 minutos despois marcou o seu primeiro e único gol no torneo, cun potente tiro de media distancia que bateu na trabe antes de introducirse na portería de Fabián Carini. O seu tanto foi o 3-1 definitivo que lle deu a México o terceiro lugar do certame.[57]

Mundial de 2010

[editar | editar a fonte]

A chegada de Javier Aguirre ao banco da Tri supuxo unha revolución no cadro de xogadores, coa intención de emendar os malos resultados obtidos por Sven-Göran Eriksson.[58] O novo técnico deixou fóra a varios "pesos pesados" da selección, como Cuauhtémoc Blanco, Pável Pardo, Oswaldo Sánchez ou Guillermo Franco, e deulle descanso a Andrés Guardado de cara á Copa Ouro de 2009.[59] Trala súa ausencia en dito torneo regresou á selección, pero perdeu o seu status de titular indiscutible e durante o seguinte ano xogou habitualmente saíndo dende o banco de suplentes.[60]

Iniciou a súa andadura no Mundial de 2010 entrando como suplente no primeiro partido contra a anfitrioa, Suráfrica, no que lle deu unha asistencia a Rafa Márquez, e quedou sen xogar no segundo encontro ante Francia. Na terceira xornada contra o Uruguai, Aguirre deulle a titularidade como interior, lonxe da liña de banda, posición na que se acabaría asentando nos seguintes anos.[11] A pesar de ser o xogador mexicano máis destacado do partido, foi substituído no descanso.[11][61] Foi titular tamén nos oitavos de final, onde o seu equipo foi eliminado igual que catro anos antes pola selección arxentina, dirixida esta vez por Maradona.[62]

Copa Ouro de 2011

[editar | editar a fonte]

Con José Manuel de la Torre como novo seleccionador, Guardado volveu ser un fixo no once inicial do combinado nacional. Na Copa Ouro de 2011 repartiu senllas asistencias nos dous primeiros partidos do torneo e marcou dous goles no terceiro encontro, ante Costa Rica, un deles de especial beleza ao enganchar unha volea dende a esquina da área que se superou a Keylor Navas.[63][64] Tras eliminar a Guatemala e Honduras, o equipo mexicano meteuse na final, na que se enfrontou de novo aos Estados Unidos. O equipo estadounidense adiantouse con dous goles de Bradley e Donovan, pero Barrera e o propio Guardado igualaron o encontro antes do descanso. Na segunda metade, Guardado meteulle un pase a Barrera que este converteu no terceiro gol mexicano, antes de que Giovani dos Santos conseguise o cuarto e definitivo gol, culminando así unha remontada histórica e o triunfo mexicano no torneo.[65]

Tras non participar na Copa América de 2011, foi convocado para a Copa Confederacións de 2013. Disputou como titular os tres partidos do seu equipo, pero non conseguiu pasar da primeira fase.

Mundial de 2014

[editar | editar a fonte]

Chegou ao Mundial de 2014 no peor momento da súa carreira deportiva, despois dunha mala tempada no Valencia e no Bayer Leverkusen.[66] A pesar das críticas, o seleccionador Miguel Herrera converteu a Guardado nun dos piares do equipo, colocándoo como interior zurdo titular, e o xogador tapatío realizou o mellor Mundial da súa carreira.[11][66] A selección tri venceu no primeiro encontro ao Camerún e empatou sen goles ante o Brasil. No terceiro partido da fase de grupos enfrontouse a Croacia, tendo Guardado un especial protagonismo coa súa actuación no medio do campo xunto a Héctor Herrera e José Juan Vázquez fronte ao pivote croata conformado por Ivan Rakitić e Luka Modrić.[11][66] Nos oitavos de final os mexicanos caeron eliminados ante os Países Baixos, por mor dun polémico penalti convertido por Huntelaar no tempo de desconto.[67]

Copa Ouro de 2015

[editar | editar a fonte]

Tralo Mundial portou por primeira vez o brazalete de capitán da selección, aproveitando a ausencia de Rafa Márquez nun partido amigable contra Chile.[68] A Copa Ouro de 2015 foi o seu primeiro torneo como capitán e guiou o conxunto mexicano a un novo título. Titular en todos os partidos do torneo, marcou de cabeza no primeiro encontro ante Cuba e bateu cun potente disparo dende fóra da área ao gardameta de Trinidad e Tobago na última xornada da primeira fase. Nos cuartos de final contra Costa Rica volveu ser protagonista, ao marcar de penalti o único gol do partido no minuto 124.[69] Nas semifinais contra Panamá foi o autor dos dous goles de penalti cos que México remontou o gol inicial de Román Torres e conseguiu a clasificación para a final.[70]

Capitaneou o equipo mexicano na final contra Xamaica no Lincoln Financial Field de Pasadena e el mesmo se encargou de abrir o marcador cunha volea pola escuadra da portería de Ryan Thompson, converténdose así no primeiro xogador en marcar en tres finais da Copa Ouro.[71] O encontro acabou 3-1 para a selección mexicana, que conquistou así a súa sétima Copa Ouro, e Andrés Guardado foi elixido mellor xogador do torneo.[71][72] Foi ademais o segundo máximo goleador da competición, con 6 goles, só un menos que os do estadounidense Clint Dempsey. Ese mesmo ano conquistou tamén a Copa Concacaf, tras derrotar por 3-2 aos Estados Unidos no estadio Rose Bowl, tamén en Pasadena.[73]

Copa América Centenario

[editar | editar a fonte]

En 2016 foi convocado polo colombiano Juan Carlos Osorio para a Copa América Centenario. Foi titular na vitoria por 3-1 sobre o Uruguai na primeira xornada, pero acabou expulsado por dobre cartón amarelo. Reapareceu no último partido da primeira fase contra Venezuela e nos oitavos de final sufriu a histórica goleada por 7-0 que Chile lle inflixiu á selección norteamericana.[74]

Copa Confederacións 2017

[editar | editar a fonte]

Ao ano seguinte acudiu a Rusia para participar na derradeira edición da hoxe extinta Copa Confederacións. Foi titular no primeiro e no terceiro partido, contra Portugal e Rusia, recibindo un cartón amarelo en cada un dos partidos, polo que non puido disputar as semifinais ante Alemaña.[75] Na súa ausencia os mexicanos caeron ante o equipo europeo, que se acabou proclamando último campión do torneo.[76] Regresou ao once para o partido polo terceiro posto ante os lusos, perdendo por 2-1 na prórroga.[77]

Mundial de 2018

[editar | editar a fonte]

Despois de se recuperar dunha lesión que requiriu unha operación cirúrxica,[78] conseguiu entrar na lista de convocados por Osorio para o Mundial de 2018 en Rusia. Portou o brazalete de capitán e foi titular en todos os partidos de México no torneo. O equipo venceu a Alemaña e Corea do Sur na primeira fase, clasificándose así para os oitavos de final ante o Brasil. Guardado xogou os 90 minutos completos de dito partido no Cosmos Arena de Samara, pero non puido evitar a elminación do seu equipo a mans dos brasileiros, por medio de dous goles de Neymar e Firmino.[79] Trala derrota, a prensa mexicana afirmou que Guardado disputara o torneo con infiltracións musculares debido á lesión que padecía.[80]

Copa Ouro de 2019

[editar | editar a fonte]

En 2019 foi convocado por Gerardo Martino para disputar a súa cuarta Copa Ouro. Tras ser titular no primeiro encontro, comezou dende o banco o segundo partido contra o Canadá, pero tivo que saltar ao terreo de xogo no minuto 37 para substituír ao lesionado Érick Gutiérrez. No minuto 53 marcou un espectacular gol cun zapatazo dende fóra da área,[81] e pouco despois fixo o terceiro e definitivo tanto do seu equipo (3-1) para asegurar a vitoria e a clasificación para a fase eliminatoria.[82] Ademais foi elixido mellor xogador do partido.[83]

Foi titular no resto de encontros e tras eliminar a Costa Rica e Haití acadou a súa cuarta final en catro participacións no torneo. O partido disputouse entre México e os Estados Unidos no Soldier Field de Chicago, do mesmo xeito que na edición de 2007, pero desta vez saíron vencedores os mexicanos, grazas a un solitario gol de Jonathan dos Santos.[84] Foi o cuarto título da Copa Ouro para Guardado, o segundo como capitán. Incluído no once ideal do torneo,[85] converteuse ademais no futbolista mexicano con máis partidos nas Copas Ouro (21) e no único mexicano en marcar en catro edicións diferentes.[86]

Mundial de 2022

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2021 disputou en Denver a fase final da primeira edición da Liga das Nacións da CONCACAF. Foi titular nas semifinais contra a Costa Rica de Bryan Ruiz e Celso Borges (dous dos seus rivais máis habituais), á que eliminaron na quenda de penaltis,[87] e participou tamén na final contra os Estados Unidos, ingresando ao terreo de xogo na prórroga. O encontro decantouse a favor dos estadounidenses por 3-2, grazas a un gol de Christian Pulisic nos minutos finais.[88]

En novembro de 2022 foi incluído na lista de 26 homes de Tata Martino para o Mundial de 2022 en Qatar. Uns días antes do inicio do torneo disputou un amigable contra Suecia no estadio de Montilivi en Xirona, converténdose no futbolista mexicano con máis partidos como internacional, superando os 177 encontros de Claudio Suárez.[89] A continuación viaxou co equipo a Qatar e despois de quedar no banco no primeiro partido contra Polonia, xogou como titular na segunda xornada ante a Arxentina.[90] A pesar da súa prematura substitución por problemas musculares e da derrota do seu equipo, con este encontro Andrés Guardado entrou na historia como un dos únicos seis futbolistas que xogaron en cinco edicións da Copas do Mundo, un selecto grupo que completan Lothar Matthäus, Leo Messi, Cristiano Ronaldo e os seus compatriotas Antonio Carbajal e Rafa Márquez.[91]

O 16 de maio de 2023 anunciou a súa retirada como internacional para ese mesmo ano. Disputou o seu 180º e derradeiro encontro coa selección mexicana o 15 de outubro de 2024, nun amigable contra os Estados Unidos no estadio Akron do seu Xalisco natal.[92] Xogou como titular e foi substituído tralo minuto 18, recibindo unha ovación dos seareiros presentes no estadio.[92]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en decembro de 2006 coa tamén tapatía Briana Morales, da que se divorciou cinco anos despois.[93] Máis tarde casou con Sandra de la Vega, coa que tivo dous fillos: Máximo e Catalina.[93]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada Categoría Liga Copa Continental Outros[N 1] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Atlas de Guadalajara 2005/06 1ª División de México 26 1 - - - - - - 26 1
2006/07 1ª División de México 38 5 - - - - - - 38 5
Total club 64 6 - - - - - - 64 6
Deportivo da Coruña 2007/08 1ª División de España 26 5 1 0 - - - - 27 6
2008/09 1ª División de España 29 2 1 0 8 1 - - 38 3
2009/10 1ª División de España 26 3 1 1 - - - - 27 4
2010/11 1ª División de España 20 2 0 0 - - - - 20 2
2011/12 2ª División de España 36 11 1 0 - - - - 37 11
Total club 137 23 4 1 8 1 0 0 149 25
Valencia 2012/13 1ª División de España 32 1 5 0 7 0 - - 37 1
2013/14 1ª División de España 16 0 3 0 3 0 - - 19 0
Total club 48 1 8 0 10 0 0 0 66 1
Bayer Leverkusen 2013/14 Bundesliga 4 0 1 0 2 0 - - 7 0
PSV Eindhoven 2014/15 Eredivisie 28 1 1 0 6 0 - - 35 1
2015/16 Eredivisie 25 1 1 0 7 0 1 0 34 1
2016/17 Eredivisie 27 2 1 0 4 0 1 0 33 2
Total club 80 4 3 0 17 0 2 0 102 4
Betis 2017/18 1ª División de España 29 2 1 0 - - - - 30 2
2018/19 1ª División de España 31 0 6 0 5 0 - - 42 0
2019/20 1ª División de España 28 0 2 0 - - - - 30 0
2020/21 1ª División de España 24 1 3 0 - - - - 27 1
2021/22 1ª División de España 28 0 3 0 5 1 - - 36 1
2022/23 1ª División de España 26 1 0 0 7 0 1 0 34 1
2023/24 1ª División de España 12 0 2 0 5 0 - - 19 0
Total club 178 4 17 0 22 1 1 0 218 5
León 2023/24 1ª División de México 9 0 - - 2 0 - - 11 0
2024/25 1ª División de México 12 1 - - - - - - 12 1
Total club 21 1 0 0 2 0 0 0 23 1
Total carreira 532 39 33 1 61 2 3 0 629 42

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Partidos e goles por ano

[editar | editar a fonte]
Selección Ano Mundial Continental Confederacións Clasificación Amigables Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
México 2005 - - - - - - - - 1 0 1 0
2006 1 0 - - - - - - 6 0 7 0
2007 - - 9[a 1] 2 - - - - 10 1 19 3
2008 - - - - - - 7 2 3 1 10 3
2009 - - - - - - 9 1 - - 9 1
2010 3 0 - - - - - - 12 1 15 1
2011 - - 6 3 - - - - 9 2 15 5
2012 - - - - - - 6 1 4 0 10 1
2013 - - - - 3 0 8 0 1 0 12 0
2014 4 1 - - - - - - 9 0 13 1
2015 - - 7 6 - - 2 1 4 0 13 7
2016 - - 3 0 - - 5 1 2 1 10 2
2017 - - - - 3 0 4 0 3 1 10 1
2018 4 0 - - - - - - 3 0 7 0
2019 - - 5[a 2] 2 - - - - 4 1 9 3
2020 - - - - - - - - 2 0 2 0
2021 - - 2 0 - - 5 0 2 0 9 0
2022 1 0 - - - - 2 0 5 0 8 0
2024 - - - - - - - - 1 0 1 0
Total carreira 13 1 34 13 6 0 48 6 81 8 180 28
  1. Disputou un partido máis contra Guadalupe, que a FIFA non recoñece como oficial.
  2. Disputou un partido máis contra Martinica, que a FIFA non recoñece como oficial.

Participacións en fases finais

[editar | editar a fonte]
Competición Sede Resultado Partidos Goles Asistencias
Mundial de 2006 Alemaña Alemaña Oitavos de final 1 0 0
Copa Ouro 2007 Estados Unidos de América Estados Unidos Subcampión 6 1 1
Copa América 2007 Venezuela Terceiro posto 4 1 3
Mundial de 2010 Sudáfrica Suráfrica Oitavos de final 3 0 1
Copa Ouro 2011 Estados Unidos de América Estados Unidos Campión 6 3 3
Copa Confederacións 2013 Brasil Fase de grupos 3 0 1
Mundial de 2014 Brasil Oitavos de final 4 1 0
Copa Ouro 2015 Estados Unidos de América Estados Unidos

Canadá

Campión 6 3 2
Copa América Centenario Estados Unidos de América Estados Unidos Cuartos de final 3 0 1
Copa Confederacións 2017 Rusia Rusia Cuarto posto 3 0 0
Mundial de 2018 Rusia Rusia Oitavos de final 3 0 0
Copa Ouro 2019 Estados Unidos de América Estados Unidos Campión 6 2 0
Liga das Nacións da CONCACAF Estados Unidos de América Estados Unidos Subcampión 2 0 0
Mundial de 2022 Qatar Fase de grupos 1 0 0

Lista de goles como internacional

[editar | editar a fonte]
Data Estadio Rival Gol Resultado Competición
1 27 de febreiro de 2007 Qualcomm Stadium, San Diego, Estados Unidos Venezuela 1–0 3–1 Amigable
2 24 de xuño de 2007 Soldier Field, Chicago, Estados Unidos Estados Unidos 1–0 1–2 Copa Ouro 2007
3 14 de xullo de 2007 Estadio Olímpico, Caracas, Venezuela Uruguai Uruguai 3–1 3–1 Copa América 2007
4 8 de xuño de 2008 Soldier Field, Chicago, Estados Unidos Perú 2–0 4–0 Amigable
5 21 de xuño de 2008 Estadio Universitario, San Nicolás de los Garza, México Belize 2–0 7–0 Clasificación ao Mundial 2010
6 6 de setembro de 2008 Estadio Azteca, Cidade de México, México Xamaica 2–0 3–0 Clasificación ao Mundial 2010
7 5 de setembro de 2009 Estadio Ricardo Saprissa Aymá, San Xosé, Costa Rica Costa Rica 3–0 3–0 Clasificación ao Mundial 2010
8 13 de maio de 2010 Reliant Stadium, Houston, Estados Unidos Angola 1–0 1–0 Amigable
9 26 de marzo de 2011 Oakland–Alameda County Coliseum, Oakland, Estados Unidos Paraguai Paraguai 2–0 3–1 Amigable
10 12 de xuño de 2011 Soldier Field, Chicago, Estados Unidos Costa Rica 2–0 4–1 Copa Ouro 2011
11 3–0
12 25 de xuño de 2011 Rose Bowl, Pasadena, Estados Unidos Estados Unidos 2–2 4–2 Copa Ouro 2011
13 4 de setembro de 2011 Estadi Cornellà-El Prat, Cornellà de Llobregat, España Chile Chile 1–0 1–0 Amigable
14 12 de outubro de 2012 BBVA Compass Stadium, Houston, Estados Unidos Güiana Güiana 1–0 5–0 Clasificación ao Mundial 2014
15 23 de xuño de 2014 Arena Pernambuco, São Lourenço da Mata, Brasil Croacia Croacia 2–0 3–1 Mundial de 2014
16 9 de xullo de 2015 Soldier Field, Chicago, Estados Unidos Cuba Cuba 4–0 6–0 Copa Ouro 2015
17 15 de xullo de 2015 Bank of America Stadium, Charlotte, Estados Unidos Trinidad e Tobago 3–3 4–4 Copa Ouro 2015
18 19 de xullo de 2015 MetLife Stadium, East Rutherford, Estados Unidos Costa Rica 1–0 1–0 Copa Ouro 2015
19 22 de xullo de 2015 Georgia Dome, Atlanta, Estados Unidos Panamá 1–1 2–1 Copa Ouro 2015
20 2–1
21 26 de xullo de 2015 Lincoln Financial Field, Filadelfia, Estados Unidos Xamaica 1–0 3–1 Copa Ouro 2015
22 13 de novembro de 2015 Estadio Azteca, Cidade de México, México O Salvador 1–0 3–0 Clasificación ao Mundial 2018
23 29 de marzo de 2016 Estadio Azteca, Cidade de México, México Canadá 1–0 2–0 Clasificación ao Mundial 2018
24 28 de maio de 2016 Georgia Dome, Atlanta, Estados Unidos Paraguai Paraguai 1–0 1–0 Amigable
25 10 de novembro de 2017 Estadio Rei Balduíno, Bruxelas, Bélxica Bélxica Bélxica 1–1 3–3 Amigable
26 5 de xuño de 2019 Mercedes-Benz Stadium, Atlanta, Estados Unidos Venezuela 3–1 3–1 Amigable
27 19 de xuño de 2019 Broncos Stadium at Mile High, Denver, Estados Unidos Canadá 2–0 3–1 Copa Ouro 2019
28 3–1

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
PSV
Betis
Selección mexicana
Individual


  1. "¿Andrés Guardado, dentro del Top 5 histórico de la selección mexicana?" (en castelán). 15 de outubro de 2024. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  2. Pérez García, Carlos Alberto (25 de xullo de 2023). "Los 10 mejores futbolistas mexicanos de la historia: Hugo Sánchez, por encima de todos" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  3. "¿Quiénes son los mejores futbolistas mexicanos de la historia?" (en castelán). 5 de abril de 2020. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  4. "Andrés Guardado, el zorro trotamundos" (en castelán). 24 de xaneiro 2022. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  5. Hernández, Francisco (15 de novembro de 2007). "Obligación cumplida". ESPN (en castelán). Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 "Se cumplen 10 años del debut de Andrés Guardado en Primera División". ESPN (en castelán). 20 de agosto de 2015. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  7. "El día que Andrés Guardado le hizo ver su suerte a Guillermo Ochoa" (en castelán). 11 de agosto de 2021. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  8. "El Depor ficha a Andrés Guardado por cinco años". As (en castelán). 11 de xullo de 2007. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  9. 9,0 9,1 "Andrés Guardado, una década en el fútbol de Europa que comenzó como una joven promesa" (en castelán). 7 de xullo de 2017. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  10. "Guardado se presenta ante 4.000 aficionados del Deportivo" (en castelán). 24 de xullo de 2007. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 11,7 López Si, Ricardo (16 de xuño de 2022). "Andrés Guardado, el origen del centrocampista". Panenka (en castelán). Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  12. "Recital del Almería en su regreso a Primera". El Mundo (en castelán). 26 de agosto de 2007. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  13. "Guardado, elegido en Canaldeportivo mejor jugador del Deportivo la pasada temporada" (en castelán). 10 de xuño de 2008. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  14. "Las bajas de Guardado están a punto de sumar una Liga entera tras 4 años en el Dépor". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de maio de 2010. p. 34. 
  15. "El Deportivo cae al pozo de la Segunda División tras 20 años en Primera". Televisión Española (en castelán). 21 de maio de 2011. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  16. "Salomão da la primera carrera". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 2012. p. 42. 
  17. "Guardado, nueve goles y nueve asistencias". Marca (en castelán). 17 de abril de 2012. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  18. "Una trituradora de récords". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de maio de 2012. p. 4. 
  19. ""Comunicado Oficial"". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 29 de maio de 2012. 
  20. "Obtuvo Andrés Guardado la nacionalidad española" (en castelán). 21 de agosto de 2012. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  21. "Amargo debut para Andrés Guardado" (en castelán). 20 de setembro de 2012. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  22. Fuster, Pau (2 de xaneiro de 2013). "Valverde instruye al lateral Guardado". Super Deporte (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño 2013. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  23. Fernández, Guillermo (14 de xaneiro de 2013). "Guardado, el lateral perfecto" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  24. 24,0 24,1 "El Valencia cobrará un millón por la cesión de Guardado" (en castelán). 31 de xaneiro de 2014. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  25. "Guardado deja 2,8 kilos en la caja del Valencia". Marca (en castelán). 27 de marzo de 2015. Consultado o 2 de novembro de 2024. 
  26. "La razón por la que Andrés Guardado fracasó en el Bayer Leverkusen" (en castelán). 21 de outubro de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  27. "Andrés Guardado, el 'Príncipe de Cristal'" (en castelán). 21 de setembro de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  28. "El PSG prácticamente sentencia en Leverkusen". Televisión Española (en castelán). 18 de febreiro de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  29. "Guardado pierde en su debut en la Bundesliga" (en castelán). 24 de marzo de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  30. "Guardado se va cedido al PSV". As (en castelán). 26 de agosto de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  31. "PSV gana 2–0 al Vitesse en debut de Guardado" (en castelán). 31 de agosto de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  32. "Andrés Guardado: Campeón y capitán con el Real Betis y PSV" (en castelán). 23 de abril de 2022. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  33. "Logra Andrés Guardado su primer gol con el PSV" (en castelán). 7 de marzo de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  34. "Guardado onder de indruk van actie PSV-supporters" (en neerlandés). 15 de marzo de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  35. "PSV y Valencia llegan a un acuerdo por Andrés Guardado" (en castelán). 27 de marzo de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  36. "El PSV oficializa el traspaso de Andrés Guardado" (en castelán). 27 de marzo de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  37. "Guardado, el mejor de la Liga Holandesa". Marca (en castelán). 19 de maio de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  38. "Football-Oranje’s Eredivisie 2015/16 team of the season" (en inglés). 9 de maio de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  39. "Feyenoord 0-1 PSV". soccerway.com (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  40. "Capitanes del Real Betis para la temporada 2017-2018" (en castelán). 19 de agosto de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  41. "Duro debut de Guardado ante Barcelona" (en castelán). 20 de agosto de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  42. "Andrés Guardado hizo un golazo, en ‘loco’ empate del Betis ante el Girona" (en castelán). 25 de novembro de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  43. "Betis se llevó el derbi de Sevilla con gran juego de Guardado" (en castelán). 6 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  44. "El Betis cae 3-1 ante el Rennes y queda fuera de la Europa League" (en castelán). 21 de febreiro de 2019. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  45. Rios, Irvin (4 de xullo de 2020). "Andrés Guardado, el primer mexicano con 100 partidos en 3 equipos de Europa" (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  46. "Andrés Guardado se pone a 180 minutos de hacer historia en Europa" (en castelán). 23 de abril de 2020. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  47. "El récord de Guardado". ABC (en castelán). 17 de xaneiro de 2022. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  48. "Andrés Guardado marca un nuevo récord y hace historia con Betis". Marca (en castelán). 21 de outubro de 2023. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  49. "¡¡¡Apoteosis verdiblanca!!!". Marca (en castelán). 24 de abril de 2022. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  50. "Guardado es el nuevo capitán del Betis: "Es todo un honor y una gran responsabilidad"". Marca (en castelán). 4 de xullo de 2023. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  51. "Andrés Guardado, leyenda del Real Betis Balompié, finaliza su etapa en el Club" (en castelán). 18 de xaneiro de 2024. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  52. "Andrés Guardado debuta con León en agónica remontada ante Santos" (en castelán). 28 de xaneiro de 2024. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  53. "Andrés Guardado, uno de los irrepetibles del fútbol mexicano, anuncia su retiro". El País (en castelán). 7 de novembro de 2024. Consultado o 12 de novembro de 2024. 
  54. 54,0 54,1 "Por qué La Volpe culpó a Gonzalo Pineda por el golazo de Maxi Rodríguez Alemania 2006". Infobae (en castelán). 11 de novembro de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  55. "México consigue su primer triunfo bajo el mando de Hugo Sánchez" (en castelán). 1 de marzo de 2007. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  56. 56,0 56,1 "CONCACAF Championship, Gold Cup 2007 - Full Details". rsssf.org (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  57. "1-3: México fue tercero con buenos goles ante Uruguay en inferioridad" (en castelán). 14 de xullo de 2007. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  58. "La patada del VASCO AGUIRRE y la PALIZA 5-0 a USA - México en la Copa Oro 2009 - Campeón" (en castelán). 4 de maio de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  59. "Aguirre no convoca a Blanco para Copa Oro" (en castelán). 13 de xuño de 2009. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  60. "Guardado está con Aguirre". La Opinión A Coruña (en castelán). 8 de xuño de 2010. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  61. "Uruguay y México, a octavos sin especular" (en castelán). 22 de xuño de 2010. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  62. "Mundial Sudáfrica 2010: Argentina castigó a México". BBC (en inglés). 27 de xuño de 2010. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  63. "Con doblete de Andrés Guardado, México golea 4-1 a Costa Rica" (en castelán). 12 de xuño de 2011. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  64. "Andrés Guardado, la volea que paralizó a México y sus mejores goles con la selección" (en castelán). 16 de maio de 2023. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  65. "Copa Oro 2011: Inolvidable remontada de México ante EE.UU" (en castelán). 13 de xullo de 2020. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  66. 66,0 66,1 66,2 "Los cinco mejores momentos de Andrés Guardado con la Selección Mexicana". As (en castelán). 16 de maio de 2023. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  67. "México vs Holanda: se cumplen diez años del “no era penal”". Infobae (en castelán). 30 de xuño de 2024. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  68. "Capitán Guardado". Marca (en castelán). 28 de agosto de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  69. "Penal de Guardado con el último aliento, pone a México en semifinales" (en castelán). 6 de xuño de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  70. "El bochornoso penal que detonó la rivalidad México vs. Panamá en Concacaf" (en castelán). 22 de marzo de 2024. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  71. 71,0 71,1 "Guardado, mejor jugador de la Copa Oro". Marca (en castelán). 27 de xullo de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  72. "Andrés Guardado ganó premio Balón de Oro" (en castelán). 6 de xuño de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  73. "México gana la Copa CONCACAF, clasificó a la Copa Confederaciones" (en castelán). 6 de xuño de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  74. "El 7-0 de Chile a México, ¿fue un accidente del fútbol o reflejó la realidad de ambas selecciones?" (en castelán). 15 de outubro de 2018. Consultado o 3 de novembro de 2024. 
  75. Cañada, Iván (25 de xuño de 2017). "Guardado, baja ante Alemania; imposible apelar su amonestación". ESPN (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  76. "Alemania gana la Copa Confederaciones" (en castelán). 2 de xullo de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  77. "Cae México con Portugal y se conforma con el cuarto lugar" (en castelán). 2 de xullo de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  78. "Mexico's Andres Guardado set for World Cup after 'successful surgery'". ESPN (en inglés). 17 de maio de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  79. "México cae ante Brasil y queda fuera del Mundial" (en castelán). 2 de xullo de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  80. "Andrés Guardado jugó infiltrado el Mundial" (en castelán). 5 de xullo de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  81. "Betis presume el golazo de Andrés Guardado en Copa Oro" (en castelán). 20 de xuño de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  82. "Guardado se luce con dos goles ante Canadá". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de xuño de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  83. "Andrés Guardado Is The Engine That Makes Mexico Run At Full Power" (en inglés). 20 de xuño de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  84. "Mexico topples United States to win Gold Cup" (en inglés). 7 de xullo de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  85. "2019 Concacaf Gold Cup - Best XI" (en inglés). 4 de novembro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  86. "Andrés Guardado, el hombre récords del Tri en Copa Oro" (en castelán). 24 de xuño de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  87. "Liga de Naciones: México venció a Costa Rica en penales y se medirá ante EEUU en la Final" (en castelán). 3 de xuño de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  88. "Estados Unidos derrota a México en final de Liga de Naciones" (en castelán). 6 de xuño de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  89. "Andrés Guardado jugador con más partidos en el Tri en derrota contra Suecia" (en castelán). 24 de xullo de 2024. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  90. "Messi salva a Argentina de la eliminación en el Mundial en un partido agónico contra México" (en castelán). 26 de novembro de 2022. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  91. Guerrero, Rubén (10 de maio de 2023). "Antonio Carbajal, la leyenda del ‘Cinco Copas’". Panenka (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  92. 92,0 92,1 "Así fue la tremenda ovación de despedida para Andrés Guardado" (en castelán). 15 de outubro de 2024. Consultado o 4 de novembro de 2024. 
  93. 93,0 93,1 "Quién es Sandra de la Vega, esposa de Andrés Guardado" (en castelán). 16 de maio de 2023. Consultado o 5 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]