Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Cristiano Ronaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCristiano Ronaldo

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro Editar o valor en Wikidata
5 de febreiro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Funchal (Portugal) Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCR7
Míster Champions
D7OS
El Comandante
El Bicho Editar o valor en Wikidata
ResidenciaManchester (2021–2022)
Turín (2018–2021)
Madrid (2009–2018)
Manchester (2003–2009)
Lisboa (2001–2003)
Funchal (–2001) Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso85 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaPortugal Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaCampeonato Saudita de Futebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo e dianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo7 Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorNike Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2001 Portugal sub-15 9(7)
2002–2003   Sporting CP 25(3)
2003–2009 transferencia   Manchester United FC 196(84)
2004–2004 selección olímpica de fútbol de Portugal 3(2)
2009–2018 transferencia   Real Madrid CF 292(311)
2018–2021 transferencia Juventus FC 98(81)
2021–2022 transferencia   Manchester United FC 40(19)
2023– Al-Nassr
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2002   Portugal sub-17 7(5)
2002–2003   Portugal sub-21 10(3)
2003–   Portugal 191(117)
2003–2003   Portugal sub-20 5(1)
Participou en
2022Mundial de Fútbol Qatar 2022
2021Eurocopa de Fútbol Europa 2020
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2011Primeira División Española
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata
Outro
ParellaGeorgina Rodríguez (2016–)
Irina Shayk (2010–2015) Editar o valor en Wikidata
FillosCristiano Ronaldo Júnior
 ()
Eva dos Santos
 ()
Mateo dos Santos
 ()
Alana Martina dos Santos Aveiro
 () Georgina Rodríguez
Bella Esmeralda
 () Georgina Rodríguez Editar o valor en Wikidata
PaisJosé Dinis Aveiro Editar o valor en Wikidata  e Maria Dolores dos Santos Aveiro Editar o valor en Wikidata
IrmánsElma dos Santos Aveiro
Hugo dos Santos Aveiro
Kátia Aveiro Editar o valor en Wikidata
ParentesJosé Nunes de Viveiros, avó
Matilde dos Santos da Viveiros, avoa
Humberto Cirilo Aveiro, avó
Filomena de Aveiro, avoa Editar o valor en Wikidata
Condenado porincumprimento fiscal Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Enciclopedia Larousse en liña Editar o valor en Wikidata
Sitio webcristianoronaldo.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1860184 Allocine: 691477 Allmovie: vn6767510
Facebook: Cristiano Twitter: Cristiano Instagram: cristiano Youtube: UCtxD0x6AuNNqdXO9Wp5GHew BNE: XX4898197 Musicbrainz: 7133168a-382b-4843-8be0-15f4c056e8ec Discogs: 2941188 FIFA: 201200 UEFA: 63706 WikiTree: Dos_Santos_Dinis_Aveiro-1 Editar o valor en Wikidata

Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e en 2023, Cristiano Ronaldo deixou de mutuo acordo o Manchester United da Premier League inglesa e asinou con o Al-Nassr FC na Saudi Professional League. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación de masas.[1][2] Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos. O seu notable desempeño na Premier League na tempada 2007–08 fíxolle acredor da Bota de Ouro,[3] o Balón de Ouro,[4] e o FIFA World Player en 2008.[5] Nos anos 2013 e 2014 conseguiu de novo o FIFA Balón de Ouro, converténdose no primeiro xogador de fútbol portugués en lograr o galardón dúas veces ou máis.

Comezou a súa carreira a curta idade no CD Nacional da súa localidade para logo incorporarse ao Sporting de Lisboa, club co que debutou na máxima categoría do fútbol portugués en 2001. Tras observalo nun amigable en 2003, o Manchester United inglés contratouno por 12,24 millóns de libras esterlinas. Despois de longas negociacións a mediados de 2009 foi traspasado ao club español Real Madrid CF por 80 millóns de libras esterlinas (94 millóns de euros, 132 millóns de dólares), converténdose no traspaso máis caro na historia do fútbol. Realizou a súa primeira aparición coa selección portuguesa en 2003 e desde 2008 é o capitán desta. No Mundial de 2022 tornou o primeiro xogador en marcar en cinco Mundiais e na Eurocopa 2024 en Alemaña, converteuse no primeiro xogador en participar en seis Eurocopas.[6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Ronaldo e Messi en 2011

O seu primeiro club foi o Clube Futebol Andorinha de Santo António, onde espertou axiña a atención dos olladores do Nacional da Madeira.

En 1995 ficha polos infantís do CD Nacional. Na súa primeira época, o futbolista gaña o campionato conquistado así o seu primeiro título coma xogador de fútbol.

Aos 11 anos de idade marcha de Madeira para Lisboa, fichando polos xuvenís do Sporting de Lisboa. Debuta co primeiro equipo en setembro de 2002, con só dezasete anos de idade. Naquela tempada chegaría a xogar 25 encontros, anotando 3 goles.

Nun encontro de competición europea contra o Manchester United destaca de tal xeito que os propios xogadores da escuadra inglesa, no voo de volta a Inglaterra pídenlle ao adestrador Alex Ferguson a súa fichaxe para substituír a David Beckham, que marchaba transferido ao Real Madrid.

Dende o ano 2003 até o 2009 xogou para o Manchester United, na Premier League. En 2009 foi transferido ao Real Madrid por 94 millóns de euros. De 2018 a 2022 xogou coa Juventus F.C. Voltou ao Manchester United en 2021 e en 2023 chegou a un acordo co Al Nassr para xogar na liga saudita.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]
Ronaldo xogando contra o Brasil.

En 2003 Cristiano Ronaldo guiou a Portugal ao título do Torneo Esperanzas de Toulon, para xogadores sub-21. Xa naquel momento falábase do "Novo Eusébio", e a gran promesa do fútbol mundial. Uns meses despois do seu éxito no Toulon, o 20 de agosto de 2003 foi convocado para un partido ante Casaquistán e logo para representar a súa selección nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004. Pero onde deu o paso á primeira liña do fútbol mundial foi defendendo Portugal na Eurocopa 2004, onde foi reclamado, tanto pola prensa como polos seareiros, cando nos primeiros partidos non contaba para o seleccionador no once titular, e acabou sendo unha das figuras da selección portuguesa no torneo, quen rematou subcampioa por detrás de Grecia ao perder na final por marcador de 1–0. Na seguinte gran cita da súa selección, a Copa Mundial de Fútbol de 2006 de Alemaña, xogou a un gran nivel, como case o resto da súa selección, o que lle serviu para subir á cuarta posición final, caendo nas semifinais ante Francia, e no partido polo terceiro e cuarto posto ante Alemaña.

Durante a etapa clasificatoria á Eurocopa 2008 anotou un total de oito goles. Xa na Eurocopa 2008, durante o segundo partido da fase de grupos, contra a República Checa, anotou o segundo gol do partido, ademais de dar a asistencia para o terceiro gol marcado por Ricardo Quaresma. Con esa vitoria de 3–1 o equipo luso asegurou a súa clasificación para os cuartos de final, instancia na cal sería eliminada por Alemaña. A pesar da súa curta idade, Cristiano Ronaldo tamén foi distinguido como segundo capitán da súa selección, despois de Nuno Gomes, durante o mencionado certame. Logo da Eurocopa, foi nomeado capitán absoluto da Selección de fútbol de Portugal.

Participou na Copa Mundial de Fútbol de 2010 en Suráfrica, anotando un só gol en todo o torneo, na fase de grupos contra Corea do Norte na goleada por 7–0.[7] Caeu eliminado nos oitavos de final por España, que finalmente sería a campioa do certame.[8] Despois da eliminación chegáronlles fortes críticas sobre a súa reacción pola caída de Portugal no Mundial.[9]

Actividade empresarial

[editar | editar a fonte]

Ademais da súa carreira deportiva, Cristiano Ronaldo mantén unha intensa actividade empresarial. É propietario do 30% de Medialivre, unha empresa que xunto con Altri formaba parte do conglomerado Cofina, a través da súa compañía CR7 S.A.[10][11] A súa faceta como empresario expandiuse en diversos campos, incluíndo a moda, hoteis e ximnasios baixo a marca CR7.[12]

Cristiano Ronaldo foi condenado por fraude fiscal en España en 2019. Aceptou un acordo coas autoridades fiscais, que incluía unha multa duns 18.8 millóns de euros e unha sentenza de cárcere de 23 meses, que non tivo que cumprir. O caso xurdiu porque Ronaldo foi acusado de usar empresas en paraísos fiscais para ocultar ingresos xerados polos seus dereitos de imaxe entre 2011 e 2014.[13][14]

Vida privada

[editar | editar a fonte]
Cristiano Ronaldo en 2010.

Cristiano Ronaldo é católico. O 7 de setembro de 2005 seu pai, Dennis Aveiro, morreu por unha crise renal.[15] Horas despois Ronaldo reuniuse co seleccionador de Portugal para comunicarlle a súa intención de xogar o partido contra Rusia para a clasificación ao Mundial de Fútbol de 2006, aínda que o técnico Alex Ferguson permitiulle regresar á súa cidade natal para o enterro, polo que perdeu o partido contra o Manchester City.

En outubro de 2006 foi interrogado pola policía británica por acoso sexual, pero a acusación foi retirada por falta de probas.[16] Despois de dous partidos para a cualificación á Copa Mundial de Fútbol viaxa a Indonesia para recadar fondos polo tsunami que arrasou días antes. Reuniuse co vicepresidente Jusuf Kalla e o presidente de Timor Oriental, Xanana Gusmão para dar unha contribución de 120.000 dólares.

Despois de ser contratado polo Real Madrid vendeu a súa casa en Manchester por 6,5 millóns de euros.[17] O 4 de xullo de 2010 poucos días despois da derrota do equipo de Portugal na Copa Mundial de Fútbol de 2010 anunciou por Twitter e Facebook que era pai dun neno. Acordouse coa nai que a súa identidade manteríase en segredo e o neno quedaría baixo a súa tutela.[18]

Mantivo unha relación con Irina Shayk[19] e, desde 2016 con Georgina Rodríguez. Cristiano Ronaldo anunciou en 2021 que agardaba xemelgos coa súa parella, aínda que tristemente un dos bebés faleceu ao nacer. Xuntos teñen outros catro fillos.[20]

Palmarés e estatísticas

[editar | editar a fonte]
Manchester United
Real Madrid
Cristiano Ronaldo nun amistoso Portugal-Arxentina, en Xenebra.

Internacional

[editar | editar a fonte]
Portugal
Cuarto posto (1): 2006
Campión (1): 2016
Subcampión (1): 2004
Bronce (1): 2012

Individual

[editar | editar a fonte]
Aparicións e goles por clubes, tempadas e competicións
Club Tempada Liga Copa Copa da Liga / Supercopa Continental Outros Total
División Xogos Goles Xogos Goles Xogos Goles Xogos Goles Xogos Goles Xogos Goles
Sporting CP B 2002–03 Segunda Divisão B 2 0 2 0
Sporting CP 2002–03 Primeira Liga 25 3 3 2 3 0 0 0 31 5
Manchester United 2003–04 Premier League 29 4 5 2 1 0 5 0 0 0 40 6
2004–05 Premier League 33 5 7 4 2 0 8 0 0 0 50 9
2005–06 Premier League 33 9 2 0 4 2 8 1 47 12
2006–07 Premier League 34 17 7 3 1 0 11 3 53 23
2007–08 Premier League 34 31 3 3 0 0 11 8 1 0 49 42
2008–09 Premier League 33 18 2 1 4 2 12 4 2 1 53 26
Total 196 84 26 13 12 4 55 16 3 1 292 118
Real Madrid 2009–10 La Liga 29 26 0 0 6 7 35 33
2010–11 La Liga 34 40 8 7 12 6 54 53
2011–12 La Liga 38 46 5 3 10 10 2 1 55 60
2012–13 La Liga 34 34 7 7 12 12 2 2 55 55
2013–14 La Liga 30 31 6 3 11 17 47 51
2014–15 La Liga 35 48 2 1 12 10 5 2 54 61
2015–16 La Liga 36 35 0 0 12 16 48 51
2016–17 La Liga 29 25 2 1 13 12 2 4 46 42
2017–18 La Liga 27 26 0 0 13 15 4 3 44 44
Total 292 311 30 22 101 105 15 12 438 450
Juventus 2018–19 Serie A 31 21 2 0 9 6 1 1 43 28
2019–20 Serie A 33 31 4 2 8 4 1 0 46 37
2020–21 Serie A 33 29 4 2 6 4 1 1 44 36
2021–22 Serie A 1 0 1 0
Total 98 81 10 4 23 14 3 2 134 101
Manchester United 2021–22 Premier League 30 18 1 0 0 0 7 6 38 24
2022–23 Premier League 10 1 0 0 0 0 6 2 16 3
Total 40 19 1 0 0 0 13 8 54 27
Al Nassr 2022–23 Saudi Pro League 16 14 2 0 1 0 19 14
2023–24 Saudi Pro League 31 35 4 3 9 6 7 6 51 50
Total 47 49 6 3 9 6 8 6 70 64
Total da carreira 700 547 76 44 12 4 204 149 29 21 1,021
  1. Inclúen datos das competicións nacionais ou estatais como a Taça de Portugal, FA Cup, Copa del Rey, Coppa Italia e a Copa de Arabia, e tamén da Football League Cup. As aparicións en competicións europeas como a UEFA Champions League, UEFA Europa League e a Supercopa da UEFA están especificadas, ademais de partidos clasificatorios e o FIFA Club World Cup. Tamén se menciona un gol non atribuído a Ronaldo por La Liga e a UEFA nun partido contra a Real Sociedad en 2010. Tamén se inclúe aparicións na Supercopa de España, na Supercoppa Italiana, na Saudi Super Cup, na AFC Champions League, e na Arab Club Champions Cup.

Internacional

[editar | editar a fonte]
Aparicións nas categorías inferiores e coa absoluta. Goles, ano e competicións.
Selección Ano Oficiais Amistosos Total
Xogos Goles Xogos Goles Xogos Goles
Portugal Sub15 2001 2 1 7 6 9 7
Portugal Sub17 2001 3 2 3 2
2002 4 3 0 0 4 3
Total 4 3 3 2 7 5
Portugal Sub20 2003 5 1 5 1
Portugal Sub21 2002 0 0 1 1 1 1
2003 7 2 2 0 9 2
Total 7 2 3 1 10 3
Portugal Sub23 2004 2 1 1 1 3 2
Portugal

Selección absoluta

2003 2 0 2 0
2004 11 7 5 0 16 7
2005 7 2 4 0 11 2
2006 10 4 4 2 14 6
2007 9 5 1 0 10 5
2008 5 1 3 0 8 1
2009 5 0 2 1 7 1
2010 6 3 5 0 11 3
2011 6 5 2 2 8 7
2012 9 4 4 1 13 5
2013 6 7 3 3 9 10
2014 5 3 4 2 9 5
2015 4 3 1 0 5 3
2016 10 10 3 3 13 13
2017 10 10 1 1 11 11
2018 4 4 3 2 7 6
2019 10 14 10 14
2020 4 2 2 1 6 3
2021 11 11 3 2 14 13
2022 12 3 0 0 12 3
2023 9 10 0 0 9 10
2024 4 0 2 2 6 2
Total 157 108 54 22 211 130
Total na carreira 172 115 73 33 245 148
  1. [1]
  2. [2]
  3. "Cristiano Ronaldo gana la Bota de Oro"
  4. ""Cristiano Ronaldo, Ballon d'Or 2008"". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  5. ""El FIFA World Player, para Cristiano Ronaldo"". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  6. Diario, Nós (2024-06-05). "'Nós Diario' lanza a súa guía da Eurocopa 2024". Nós Diario. Consultado o 2024-07-02. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  10. "Los-dueños-de-Altri-entre-el-eucalipto-los-periodicos-y-los-negocios-con-Cristiano-Ronaldo". economiadigital.es (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024. 
  11. "OFICIAL: Cristiano Ronaldo, com 30%, destaca-se como novo ‘patrão’ da CMTV e Correio da Manhã". paginaum.pt (en portugués). Consultado o 2024-07-02. 
  12. "Pestana CR7 Lifestyle Hotels - Conheça os nossos Hotéis!". www.pestanacr7.com. Consultado o 2024-07-02. 
  13. "Ronaldo accepts plea deal in tax fraud case – DW – 01/22/2019". dw.com (en inglés). Consultado o 2024-07-02. 
  14. "Cristiano Ronaldo pays fine for tax evasion to avoid jail sentence". euronews (en inglés). 2019-01-22. Consultado o 2024-07-02. 
  15. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  16. http://www.elmundo.es/elmundodeporte/2005/10/19/futbol_internacional/1129735838.html
  17. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 
  18. http://www.elpais.com/articulo/gente/tv/Cristiano/Ronaldo/padre/sorpresa/elpepugen/20100704elpepuage_1/Tes
  19. http://www.europapress.es/chance/gente/noticia-irina-shayk-nueva-novia-cristiano-ronaldo-20100531131352.html
  20. "Cristiano Ronaldo's Partner Georgina Rodriguez Shares Name of Twin Daughter After Son's Death". E! Online. 2022-05-07. Consultado o 2024-07-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]