Arthur Penn
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Nome orixinal | (en) Arthur Hiller Penn |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de setembro de 1922 Filadelfia, Estados Unidos de América |
Morte | 28 de setembro de 2010 (88 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Educación | Black Mountain College |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, director teatral, produtor de televisión, guionista, produtor de cinema, realizador |
Empregador | Bard College (pt) |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Familia | |
Fillos | Matthew Penn |
Irmáns | Irving Penn |
Premios | |
| |
|
Arthur Hiller Penn, nado en Filadelfia, Pensilvania o 27 de setembro de 1922 e finado en Nova York o 28 de setembro de 2010,[1] foi un director e produtor de cinema, teatro e televisión estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou no exército aos dezanove anos, e aí foi onde comezou a interesarse polo teatro, organizando espectáculos para os soldados. Tras ver Cidadán Kane, de Orson Welles sentiuse atraído polo cinema.
Cando xa tiña sona como director en televisión dirixiu o seu primeiro filme, O pistoleiro zurdo, en 1958.
A súa carreira continuou con éxito durante os anos sesenta e setenta. Cando este comezou a declinar pasou a producir televisión, coma a serie Law & Order.[2]
Era o irmán máis novo do fotógrafo de moda Irving Penn.
Obra
[editar | editar a fonte]- 1958 - O pistoleiro zurdo
- 1962 - O milagre de Anna Sullivan
- 1965 - Acosado
- 1966 - A manda humana
- 1967 - Bonnie e Clyde
- 1968 - Flesh and Blood
- 1969 - O restaurante de Alicia
- 1970 - Pequeno gran home
- 1975 - Móvese a noite
- 1976 - The Missouri Breaks
- 1981 - Four Friends
- 1985 - Target
- 1987 - Morte en inverno
- 1989 - Penn & Teller Get Killed
- 1993 - The Portrait (telefilme)
- 1996 - Inside (telefilme)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dave Kehr (29-9-2010). "Arthur Penn, Director of 'Bonnie and Clyde,' Dies". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 02-10-2010. Consultado o 29-9-2010.
- ↑ Whitaker, Sheila (29-9-2010). "Arthur Penn Obituary". The Guardian (London).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arthur Penn na IMDb (en inglés).