Autoridade
A Autoridade dende o punto de vista do Estado, pode ser considerado como a forza exercida por unha persoa lexitimada por unha institución, conforme a unhas funcións que lle son xeralmente recoñecidas. Neste sentido cando unha persoa ten autoridade dedúcese que ten aptitude para mandar (ou impoñe-lo seu punto de vista ou se facer respectar). Así, cando o individuo ten «a» autoridade está autorizado a actuar, a exercer un determinado poder. Neste ámbito, a autoridade está ligada á potestade.
Fóra do ámbito institucional do Estado, a autoridade pode supor en ocasións algo distinto á posibilidade de exerce-la forza para impoñe-las cousas ou potestade. A autoridade tamén a ten quen, por mor da súa capacidade nun ámbito, polos seus coñecementos ou dignidade, pode exercer sobre outros unha influencia á hora de que tomen certas decisións. Neste sentido, moitos órganos consultivos teñen moita autoridade sobre a materia obxecto de consulta.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra autoridade vén do latín auctoritas. O profesor Michel Humbert, no seu libro « Institucións políticas e sociais da antigüidade » (Précis Dalloz) dá informacións referentes a esta última palabra.
Define a noción de autoridade nun sentido máis ben xurídico e social. É o seu carácter necesario, incluso indispensable á estrutura de toda a sociedade o que na fai lexítima para a maioría e que permite la opoñe a erga omnes -coa condición, claro está, que sexa xuridicamente regular-. Non debemos esquecer tampouco o que chamámo-la autoridade natural que pode desprender unha persoa (e aquí tamén o aspecto benéfico é subxacente).
A noción de autoridade foi tratada en filosofía e en socioloxía, en particular por Max Weber e Alexandre Kojeve.