Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Bandeira de Martinica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Martinica
Bandeira de Martinica
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción2 de febreiro de 2023
Cores     Negro     Verde     Vermello

A bandeira de Martinica consta dun triángulo vermello no polipasto, con dúas bandas horizontais, a superior verde e a inferior negra. Foi adoptada o 2 de febreiro de 2023. A bandeira de Francia, o seu país matriz, tamén ondea con carácter oficial debido ao status de Martinica como departamento/rexión de ultramar francés. A asemblea de Martinica ondea unha bandeira co logotipo da colectividade para representar o goberno.

En 2018, a asemblea celebrou un concurso para crear unha bandeira e un himno para a illa, pero 2 anos e medio despois da presentación dos gañadores, a bandeira e o himno foron anulados polo tribunal administrativo local, xa que o método da súa selección non se considerou dentro das responsabilidades do concello. Entón, en 2022, a illa comezou unha nova votación pública sobre unha bandeira e un himno oficiais.[1][2] Os gañadores anunciáronse o 16 de xaneiro de 2023,[3][4] mais o deseño da bandeira seleccionada retirouse da consideración a petición do deseñador tras acusacións de plaxio. Pola contra, decidiuse que o deseño do segundo lugar, unha bandeira usada polos nacionalistas, sería considerado para a súa adopción o 2 de febreiro de 2023.[5] Foi aprobado pola asemblea con 44 votos a prol e unha abstención.[6]

Bandeira da serpe

[editar | editar a fonte]
Deseño da serpe, do século XVIII.

A bandeira da serpe foi creada o 4 de agosto de 1766 e deixou de usarse en 1790 a raíz da Revolución francesa. Case douscentos anos despois recuperouse para uso non oficial, xa que o símbolo oficial da illa, un departamento de ultramar francés era até 2023 a bandeira tricolor francesa.

A bandeira da serpe deriva da antiga bandeira usada pola mariña mercante francesa durante o século XVIII ata a adopción da bandeira tricolor. É un pano de cor azul cuarteado por unha cruz branca. En cada cuadrante aparece representada unha serpe branca con forma de L invertida (máis visible no deseño do século XVIII que no actual). As serpes teñen forma de L porque Martinica dependía de Santa Lucía antes de que esta última se convertese nunha colonia do Reino Unido.

Outras bandeiras

[editar | editar a fonte]
  1. "Drapeau et hymne : la deuxième phase du vote est en cours". Martinique la 1ère (en francés). Consultado o 2023-01-11. 
  2. "Cyberattack halts Martinique's search for new flag, hymn". AP NEWS (en inglés). 2023-01-04. Consultado o 2023-01-11. 
  3. "La Martinique a un nouveau drapeau, voici sa signification". huffingtonpost.fr (en francés). 17 de xaneiro de 2023. Archived from the original on 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  4. "La Martinique a son nouveau drapeau et son hymne". Martinique la 1ère (en francés). Consultado o 2023-01-18. 
  5. "Victime de cyberharcèlement, la créatrice du drapeau au colibri, jette l'éponge". franceinfo (en francés). 2023-01-24. Consultado o 2023-01-25. 
  6. "Le drapeau Rouge Vert Noir adopté par l'Assemblée de Martinique". martinique.franceantilles.fr (en francés). 2023-02-02. Consultado o 2023-02-02. 
  7. "Image here". Arquivado dende o orixinal o 2017-02-06. Consultado o 2016-05-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]