Bernardo Alfageme (1944)
Bernardo Alfageme | |
---|---|
Historial | |
Estaleiro | Hijos de J. Barreras, Vigo |
Tipo | Arrastreiro |
Operador | Motopesqueros de Altura Reunidos |
Botado | 1944 |
Baixa | 1988 |
Destino | Preservado como monumento estático |
Características xerais | |
Desprazamento | Tonelaxe: 91 t |
Eslora | 31 m |
Manga | 6 m |
Velocidade | 9 nós |
Tripulación | 14 persoas |
O Bernardo Alfageme é un barco arrastreiro galego que foi construído no estaleiro Hijos de J. Barreras de Vigo no ano 1944. O barco foi bautizado co nome Bernardo Alfageme en honra ao fundador da empresa conserveira Miau.
Historia
[editar | editar a fonte]Servizo
[editar | editar a fonte]Durante os seus primeiros anos de funcionamento o barco faenou nos caladoiros do Gran Sol, e durante os seus derradeiros anos de servizo fíxoo nos caladoiros do sur de Portugal.[1]
En 1988 foi dado de baixa e doado ao concello de Vigo, levado polo seu patrón de toda a vida, Carmelo Gutiérrez Luis. No ano 2000 os grupos políticos municipais do pleno do concello de Vigo votaron incorporar o Bernardo Alfageme ao patrimonio marítimo da cidade.[2]
No presente
[editar | editar a fonte]Por mor do estado de semi-abandono no que se atopaba o barco durante a súa estancia na dársena de Bouzas,[3] o Concello de Vigo no ano 2014 iniciou os traballos de restauración do barco no estaleiro vigués de Francisco Cardama.[4] Foi instalado nunha rotonda da avenida de Castelao do barrio vigués de Coia no ano 2015, lugar no que se atopa e se pode visitar.[5]
Interese cultural
[editar | editar a fonte]O Bernardo Alfageme é o último barco de pesca de altura construído integramente en aceiro remachado da primeira metade do século XX que se conserva en España.[6]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Alonso, Lola (22 de xuño de 2021). "Bernardo Alfageme, el buque más polémico de la ciudad de Vigo". El Español (El León de El Español Publicaciones). Consultado o 17 de setembro de 2022.
- ↑ "«Bernardo Alfageme»: El barco que se libró del desguace pero perdió el mar". La Voz de Galicia. Consultado o 17 de agosto de 2015.
- ↑ Mosquera, Javier (22 de maio de 2010). "El "Alfageme", a flote en el limbo". El Faro de Vigo (Prensa Ibérica). Consultado o 9 de marzo de 2019.
- ↑ Fuentes, Juanma (4 de febreiro de 2015). "El «Bernardo Alfageme», listo en el astillero Cardama". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ Álvarez, Gonzalo (17 de decembro de 2014). "Vigo, el barco de «Alfageme»". www.vigoe.es. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Practicando “des-museo naval” en Vigo". ABC. Consultado o 14 de agosto de 2015.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernardo Alfageme |