Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Bidankoze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBidankoze
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°49′17″N 1°00′40″O / 42.82150044, -1.01113358
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor en Wikidata
CapitalVidángoz-Bidankoze (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación75 (2023) Editar o valor en Wikidata (1,91 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá (zona lingüística) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie39,2 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude775 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlberto Main Urzainqui Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31413 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE31252 Editar o valor en Wikidata

Bidankoze (en castelán e tamén oficial: Vidángoz) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Roncal-Salazar e a 87 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 94 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 39,20 km² e a súa densidade de poboación é de 2,4 hab./km².

Símbolos

[editar | editar a fonte]
Escudo

O escudo de armas da vila de Bidankoze ten o seguinte brasón:

Cuartelado. 1.º, de azur e unha ponte de tres arcos de ouro e sobre el a testa coroada dun rei moro. 2.º, de goles e un lebrel de prata sinistrado. 3.º, de goles e un castelo de prata. 4.º de azur e tres rochas de ouro.

Este brasón é privativo de todo o val de Roncal e de cada unha das súas vilas en particular.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

A localidade de Bidankoze atópase na parte nordeste de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica dos Vales Pirenaicos Orientais, no centro do val de Roncal e a unha altitude de 720 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e limita polo norte co concello de Uztarroze, polo sur co de Burgui, polo leste co de Erronkari e polo oeste cos de Galoze, Gorza, Sartze, Espartza Zaraitzu, Orontze e Ezkaroze.[2]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
117 114 114 115 113 113 115 115 114 111 111
Fonts: Bidankoze e Instituto de Estatística de Navarra
  1. OTAZU RIPA, Jesús Lorenzo (1999). Navarra - Temas de Cultura Popular n.º 289, Heráldica Municipal de la Merindad de Sangüesa II. Gobierno de Navarra. ISBN 84-235-0076-4. 
  2. Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Vidángoz". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 4 de febreiro de 2012.