Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Black Swan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cisne negro
Ficha técnica
Título orixinalBlack Swan
DirectorDarren Aronofsky
ProdutorScott Franklin
Mike Medavoy
Arnold Messer
Brian Oliver
GuiónMark Heyman
Andres Heinz
John J. McLaughlin
IntérpretesNatalie Portman
Mila Kunis
Vincent Cassel
Winona Ryder
Barbara Hershey
Christopher Gartin
Sebastian Stan
MúsicaClint Mansell
FotografíaMatthew Libatique
MontaxeAndrew Weisblum
EstudioPhoenix Pictures
DistribuidoraFox Searchlight Pictures
Cross Creek Pictures
Estrea2010
Duración103 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento$13 000 000[1]
Recadación$329 398 046
Na rede
http://www.blackswan2010.com/
IMDB: tt0947798 Filmaffinity: 458406 Allocine: 125828 Rottentomatoes: m/black_swan_2010 Mojo: blackswan Allmovie: v494816 TCM: 773734 Metacritic: movie/black-swan TV.com: movies/black-swan
Facebook: ijustwantobeperfect Netlix: 60034390 Editar o valor en Wikidata

Black Swan é un filme de suspense psicolóxico e horror[2][3] dirixido por Darren Aronofsky e estreado en 2010. Está protagonizado por Natalie Portman, Vincent Cassel e Mila Kunis.

Natalie Portman gañou un Oscar, un Globo de Ouro e o Premio da Asociación de Críticos e Guionistas estadounidenses pola súa actuación neste filme.

Thomas Leroy (Vincent Cassel), director dunha compañía de ballet de Nova York, decide substituír a bailarina principal da compañía, Beth MacIntyre (Winona Ryder), por Nina Sayers (Natalie Portman) para a nova produción, unha nova versión d'O lago dos cisnes. Beth, anoxada, sofre un accidente e Nina pensa que é a culpable.

Nina vive con Erica (Barbara Hershey), bailarina retirada e unha nai moi autoritaria quen segue a tratala como a unha nena. Atopa competencia en Lily (Mila Kunis), unha talentosa bailarina que acaba de chegar á compañía. Nina é abrumada por unha inmensa presión cando descobre que ten que competir por ser a Raíña Cisne, o que lle causa perdas da noción da realidade.

O Lago dos Cisnes precisa dunha bailarina que poida interpretar o inocente Cisne Branco, moi acaído á personalidade doce de Nina. Porén, tamén ten que ser quen de interpretar o malvado Cisne Negro, que concorda coa personalidade sensual e forte de Lily.

A rivalidade das dúas rapazas torna en amizade. Nina comeza a explorar o seu propio lado escuro, que sobresae cada vez con máis forza.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2010: Oscar á mellor actriz (Natalie Portman). 5 nomeamentos, incluído mellor filme.
  • 2010: Globo de Ouro á mellor actriz (Natalie Portman). 4 nomeamentos, incluído mellor filme.
  • 2010: BAFTA á mellor actriz (Natalie Portman). 12 nomeamentos, incluído mellor filme.
  • 2010: Festival de Venecia: Mellor actriz ou actor moza/o (Mila Kunis).
  • 2010: 4 Independent Spirit Awards: mellor filme, director, actriz (Natalie Portman) e fotografía.
  • 2010: Satellite Awards: 5 nomeamentos, incluído director e actriz principal (Natalie Portman).
  1. Zeitchik, Steven (17 de setembro de 2010). "Darren Aronofsky's 'Black Swan' a feature film of a different feather". The Korea Herald (McClatchy-Tribune Information Services). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  2. "Direct Effect Season 1, Episode 7 Darren Aronofsky of BLACK SWAN". Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Fox Movie Channel Originals. TV Guide. October 8, 2011.
  3. "'Black Swan' director Darren Aronofsky likes a challenge". Los Angeles Times. 9 de decembro de 2010

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]