Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Bokashi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bokashi (en xaponés: Materia orgánica fermentada) é un fertilizante orgánico sólido, produto dun proceso de fermentación (proceso aeróbico) que acelera a degradación da materia orgánica (animal e vexetal) e tamén eleva a temperatura, permitindo a eliminación de patóxenos (pasteurización). Este proceso é máis acelerado que a compostaxe e permite obter un fertilizante entre 12 e 21 días.[1]

Nos seus inicios, os xaponeses preparaban este fertilizante empregando os seus propios excrementos coa finalidade de aplicalos aos seus arrozais. A técnica baséase fundamentalmente na activación dos fermentos agregados e os microorganismos que se atopan nos materiais empregados na preparación do fertilizante. A aplicación deste fertilizante aumenta a biodiversidade microbiolóxica dos chans.

Materiais empregados

[editar | editar a fonte]

Os seguintes materiais fan referencia a aqueles empregados tradicionalmente na fabricación do bokashi. Na actualidade existen "receitas" adaptadas a diferentes rexións e circunstancias.

Galiñaza ou esterco

[editar | editar a fonte]

É a fonte principal de nitróxeno e doutros nutrientes como fósforo, potasio, calcio, magnesio, ferro, manganeso, cobre, zinc e boro. Achega o inóculo microbiolóxico e outros materiais orgánicos que axudan a mellorar as características biolóxicas do chan.[2]

Cascarilla de arroz

[editar | editar a fonte]

Mellora as características físicas do chan, facilita a aireación, retén humidade e filtra os nutrientes. Achega silicio, favorecendo a resistencia das plantas a pragas e enfermidades. Semi-calcinada ou carbonizada achega silicio, potasio, fósforo e trazas doutros minerais. Pode ser substituída por cascarilla ou polpa de café ou bagazo de cana ou palla, sempre que estean ben secos.[2]

Carbón vexetal

[editar | editar a fonte]

Mellora a estrutura do chan (característica física), o que favorece a distribución das raíces, a aireación e a absorción de calor e humidade. É importante a uniformidade do tamaño das partículas do carbón vexetal, xa que só así se garante a produción dun bokashi de boa calidade.[2]

A melaza favorece a multiplicación dos microorganismos encargados da fermentación. É a principal fonte de enerxía para estes. Tamén achega nutrientes como potasio e micronutrientes como manganeso, zinc e boro.[2]

Fermento e manto forestal

[editar | editar a fonte]

Constitúe a principal fonte de inóculo microbiolóxico. Unha vez obtido o bokashi, recoméndase gardar un pouco deste para futuras elaboracións e así evitar a extracción de manto forestal.[2]

Terra común

[editar | editar a fonte]

Ten a función de darlle homoxeneidade ao bokashi e aumentar o volume do medio para desenvolver a actividade microbiolóxica. Dependendo da súa orixe pode achegar diversos tipos de arxila, microorganismos e minerais. É conveniente peneirala para eliminar pedras e dar uniformidade de tamaño ás partículas.[2]

Cal agrícola

[editar | editar a fonte]

Controla a acidez durante o proceso de fermentación ademais de achegar calcio. Atopáronse casos exitosos onde se substitúe o cal con cinza de madeiras non resinosas.[2]

Fonte de humidade, aínda que se debe controlar e evitar o seu exceso.[2]

Diferenza entre bokashi e compost

[editar | editar a fonte]

A principal diferenza está en que o compost necesita 90 días aproximadamente para estar en óptimas condicións de uso, mentres que o bokashi é resultado do proceso de fermentación e tarda 14 días ou máis. As temperaturas alcanzadas durante o proceso (70 °C) permiten a eliminación de patóxenos. Por outra banda, o bokashi busca activar e aumentar os microorganismos benéficos no chan, nutre os cultivos e ao mesmo tempo suple de alimentos os microorganismos (materia orgánica parcialmente descomposta). A eliminación de patóxenos realízase debido a actividade dos microorganismos benéficos e ao proceso de fermentación alcohólica con temperaturas de entre 40 - 55 °C.[3]

  1. "Abonos Orgánicos. Serie: Producción orgánica de hortalizas en clima templado.". 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 FAO, CENTA (2011). "Elaboración y uso del bocashi". El Salvador. 
  3. Shintani, Masaki; Lemblac, Humberto; Tabola, Panfiro (2000). "Bokashi (Abono orgánico fermentado)". Guacimo, Limón, Costa Rica.