Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Bornos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBornos
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°49′16″N 5°44′37″O / 36.8212, -5.7435
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Cádiz Editar o valor en Wikidata
CapitalBornos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.559 (2023) Editar o valor en Wikidata (139,18 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie54,31 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude182 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataHugo Palomares Beltrán (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11640 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE11010 Editar o valor en Wikidata

Páxina webbornos.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452121

Bornos é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 8.123 habitantes. A súa extensión superficial é de 55 km² e atópase a 79 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Actualmente, Bornos vive fundamentalmente da agricultura.

Os primeiros restos humanos son do paleolítico inferior ou medio (hai uns 30.000 anos). Existen tamén restos que demostran presenza ibera e romana. As ruínas de Carissa Aurelia permiten coñecer esta época. A cidade de Carissa foi primeiro municipio romano e posteriormente "Cives Romani", con dereito incluso a acuñar moeda propia, durante o mandato de Vespasiano.

A poboación actual foi creada arredor do alcázar do Fontanar. Foi tomada por tropas cristiás a mediados do século XIII. Afonso X o Sabio, entregou a poboación a Per del Castel, cabaleiro gaditano. Logo cambia varias veces de man até que en 1398 vendeuse Bornos, o seu castelo e o seu termo, por 3.000 doblas, ao Adelantado Maior de Andalucía Per Afán de Ribera I. Permaneceu baixo o dominio da Casa de Alcalá até a independencia municipal, sendo a súa vinculación tal que o brasón dos Ribera e o escudo da poboación son idénticos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Bornos - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía