Xerez da Fronteira
Jerez de la Frontera (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Cádiz | |||
Capital de | ||||
Capital | Xerez da Fronteira | |||
Poboación | ||||
Poboación | 213.231 (2023) (179,45 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 1.188.230.000 m² | |||
Altitude | 58 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Santo padrón | Dionisio o Aeropaxita, Virxe da Mercede e Q114876152 | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | María José García-Pelayo Jurado | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 11401–11579 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 956 | |||
Código INE | 11020 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | As Palmas de Gran Canaria Castro Urdiales El Paso Arles Biarritz Puerto Iguazú (pt) Moquegua (pt) Sevilla Foz do Iguaçu Pisco (pt) Córdoba Pardubice (pt) | |||
Sitio web | jerez.es | |||
Xerez da Fronteira[1][2] (en castelán: Jerez de la Frontera) é unha cidade e concello da provincia de Cádiz en Andalucía. É o núcleo urbano máis poboado da provincia e o quinto de Andalucía (215.180 hab.). Está situada ao sur da Península Ibérica, a pouco máis de 15 km do océano Atlántico e 100 km do estreito de Xibraltar.
Situada nunha posición céntrica e ben comunicada na provincia convertérona no principal nó de comunicacións e nun dos centros loxísticos e de transportes de Andalucía occidental.[3] O seu tamaño e capacidade de crecemento outorgáronlle maior dinamismo económico que o da capital provincial.[4] É internacionalmente coñecida polo viño homónimo, xa que está situada nunha zona fértil para a agricultura e a gandería.
O seu termo municipal ocupa unha extensión de 1.188,14 km² que se estenden sobre o val do Guadalquivir. Ademais, inclúe unha ampla extensión do Parque Natural de Los Alcornocales e a Serra de Gibalbín, coñecido como Montes de Propio de Xerez.
É unha das dúas cidades principais da área metropolitana da Baía de Cádiz-Xerez, terceiro conglomerado urbano de Andalucía e un dos máis activos económica e industrialmente. Ademais, é municipio membro da Mancomunidade de Municipios da Baía de Cádiz. É sede episcopal da Diocese de Asidonia-Xerez, que abarca o norte da provincia de Cádiz, tomando o río Guadalete como fronteira natural.
Gran parte do centro histórico da cidade é Ben de Interese Cultural coa denominación de Conxunto Histórico Artístico. Zona Vella de Xerez da Fronteira.
Demografía
[editar | editar a fonte]Clima
[editar | editar a fonte]Xerez está nunha zona de clima mediterráneo con influencias oceánicas, caracterizado por invernos húmidos e tépedos e veráns secos e calorosos. A temperatura media anual é de 17,7 °C.[5][6]. Os invernos son suaves, xaneiro é o mes máis frío, con 15,9 °C/5,4 °C. Os veráns son moi calorosos, agosto posúe as medias máis altas, con 33,1 °C/18,4 °C e todos os anos supéranse os 38 °C en varias ocasións.
As precipitacións teñen unha media anual de 598 mm ao ano, concentradas nos meses de outubro a abril, decembro é o mes máis chuvioso, con 109 mm. Hai 54 días de choiva ao ano, 137 días despexados, 2.966 horas de sol ao ano, moi poucos días de xeadas e ningún nevado.
1971-2000 | xan | feb | mar | abr | mai | xun | xul | ago | set | out | nov | dec | TOTAL |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temp. media (°C) | 10,7 | 12,0 | 14,0 | 15,4 | 18,4 | 22,0 | 25,5 | 25,7 | 23,5 | 19,1 | 14,7 | 11,9 | 17,7 |
Temp. máxima (°C) | 15,9 | 17,5 | 20,2 | 21,5 | 24,6 | 28,8 | 33,0 | 33,1 | 30,2 | 25,0 | 20,1 | 16,8 | 23,9 |
Temp. mínima (°C) | 5,4 | 6,6 | 7,7 | 9,4 | 12,1 | 15,3 | 18,0 | 18,4 | 16,8 | 13,3 | 9,2 | 7,1 | 11,6 |
Precipitacións (mm) | 89 | 60 | 42 | 54 | 37 | 13 | 2 | 6 | 22 | 67 | 86 | 109 | 598 |
Economía
[editar | editar a fonte]Xerez foi tradicionalmente unha cidade centrada na industria vinícola, con exportacións do Jerez-Xerez-Sherry a todo o mundo. Debido a non contar coa estrutura social de funcionariado que si gozan outras cidades, Xerez baseou a súa economía na industria. Ademais da produción e comercialización de viño, tamén se cultivan froitas, cereais e hortalizas e se cría gando vacún e equino.
Tras a crise adegueira a comezos dos 90, actualmente a cidade busca diversificar a industria. Un sector económico fomentado con éxito é o turismo, debido á forte identidade dos acenos da cidade (viño/brandy, flamenco e cabalos), o atractivo dos festexos e ao importante patrimonio histórico que posúe, ademais de eventos como o Mundial de Motociclismo, que se celebra no Circuíto de Xerez.
De forma paralela, outras accións oriéntanse á localización da cidade como centro loxístico en Andalucía occidental, con grandes superficies e naves de distribución, buscando as sinerxías entre o ferrocarril, o aeroporto e os portos próximos ou o Parque Tecnolóxico Agroindustrial de Xerez, no que se está envorcando a Universidade de Cádiz a través do Campus de Xerez. Tamén se intenta promover a cultura emprendedora.
Cultura
[editar | editar a fonte]Festas populares
[editar | editar a fonte]- Nadal
- Festa da Vendima, os primeiros quince días de setembro.
- Semana Santa, con 37 procesións.
- Festival de Flamenco
- Feira do Cabalo, declarada de interese turístico internacional, celébrase en maio.
- Gran Premio de Motociclismo de España
- San Antón, o 25 de xaneiro.
- A Mercé, patroa de Xerez, o 24 de setembro.
- San Dionisio, patrón de Xerez, o 9 de outubro.
- Corpus Christi, en xuño.
- Carnaval
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Plano da cidade
-
Catedral
-
Mosteiro da Cartuxa
-
Puerta del Arroyo
-
Zoolóxico
-
Bodegas Real Tesoro
-
IFECA
-
Interior do Alcázar
-
Torre octogonal do Alcázar
-
Catedral
-
Vista desde o Pazo de Villavicencio
-
Basílica do Carme
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xerezano.
- ↑ Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. ISBN 9788482893600.
- ↑ El País (7 de xaneiro de 2006). "Todos los caminos conducen a Jerez". Consultado o 13 de xullo de 2008.
- ↑ La Caixa. "Anuario Económico de La Caixa 2008. Datos estatísticos municipais." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2008.
- ↑ "Instituto Nacional de Meteoroloxía". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 1997. Consultado o 02 de novembro de 2009.
- ↑ Datos tomados desde 1971 ata 2000[Ligazón morta]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xerez da Fronteira |