Boxing Day
Boxing Day é o nome usado en moitos países de fala inglesa para designar unha festa secular celebrada o día seguinte ao día de Nadal, é dicir, o 26 de decembro.
Nos países anglosaxóns
[editar | editar a fonte]Na actualidade a xornada é unha ocasión de rebaixas, sendo unha das xornadas comerciais máis concorridas nos países onde se celebra, concretamente no Canadá.[1] Normalmente é o primeiro día despois do Nadal, polo que a xente pode intercambiar presentes non desexados e trocar vales-agasallo.
No Reino Unido o Boxing Day, ademais de ser unha festa bancaria e relixiosa (é o día de santo Estevo, santo moi popular entre os católicos), tamén é unha data conmemorativa en relación ao fútbol, cunha quenda completa de partidos que se desenvolven de todas as divisións do fútbol británico neste día.
En países non anglosaxóns
[editar | editar a fonte]No Brasil o Boxing Day comezou a gañar espazo en 2011, a partir do traballo da web Busca Escolhas. A data moveu 81,6 millóns de BRL no comercio electrónico en 2012 -un aumento do 39% con respecto ao ano anterior-, segundo un estudo Ebit. En total, realizáronse máis de 200.000 pedidos e participaron na promoción grandes páxinas web, como Shoptime e Saraiva.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A HISTÓRIA DO BOXING DAY Arquivado 26 de decembro de 2014 en Wayback Machine., DN Online, 27 de decembro de 2008 (en portugués)
- ↑ "O que é o Boxing Day, como surgiu e dicas para vender mais na data" (en portugués). 2019-05-13. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2021. Consultado o 2019-12-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boxing Day |