Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Calibán (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calibán
Descubrimento[1]
Descuberta por Philip D. Nicholson,
Brett J. Gladman,
Joseph A. Burns,
John J. Kavelaars
usando o telescopio Hale
Descuberta en 6 de setembro do 1997
Características orbitais
Radio orbital medio 7 231 000 km[2][3]
Excentricidade 0,1812[3]
Período orbital 579,73 d
Inclinación 120,28° (respecto do ecuador de Urano)
140,878° (respecto do plano local de Laplace)
139,89° (respecto da eclíptica)[4]
é satélite de Urano
Características físicas
Dimensións 64 × 46 × 46 kms[5]
Radio medio 36 km (estimado)[4][6]
Área superficial ~16.000 km² (estimada)
Volume ~200.000 km³ (estimado)
Masa ~2,5 x 1017 kg (estimada)
Densidade media 1,3 g/cm3 (asumida)
Gravidade superficial ~0,02 m/s2 (estimada)
Velocidade de escape ~0,031 km/s (estimada)
Período de rotación 2,7 h[7]
Oblicuidade da eclíptica ?
Albedo 0,04 (asumido)[4]
Temperatura superficial ~65 K (estimada)

Calibán é a segunda lúa retrógrada irregular máis grande de Urano.[4] Foi descuberta o 6 de setembro do 1997, xunto con Sicorax, por Brett J. Gladman, Philip D. Nicholson, Joseph A. Burns, e John J. Kavelaars usando o telescopio Hale de 200 polgadas e recibiu a designación temporal de S/1997 U 1.[1]

Designada tamén Urano  XVI, foi máis tarde bautizada co nome do monstro Calibán da obra de William Shakespeare, A Tempestade.

Características

[editar | editar a fonte]

Calibán segue unha orbita distante, a máis de 10 veces máis distancia da que separa Urano da súa lúa regular máis afastada, Oberón.[1] A súa órbita é retrógrada, moderadamente inclinada e lixeiramente excéntrica. Os parámetros orbitais suxiren que poida que, xunto con Stephano e Francisco, pertenzan a un mesmo conxunto de lúas cunha orixe común.[8]

O seu diámetro estimado é de 72 kms (asumindo un albedo de 0,04)[4][6] facendo da lúa a segunda máis grande das lúas de Urano, a metade de tamaño que Sicorax, a lúa irregular máis grande de Urano.

Algún informes pouco consistentes dánlle a Calibán unha categoría dun corpo de luz vermella ( B–V = 0,83 / V–R = 0,52,[9] / B–V = 1,23 / V–R = 0,47[7]), máis vermello que Sicorax pero por debaixo da meirande parte dos obxecto do cinto de Kuiper. Calibán absorbe a luz a 0,7 um, e un grupo de astrónomos pensa que podería se-lo resultado de auga líquida que modificou a superficie.[10]

A curva de luz suxire que o período de rotación é de 2,7h.[7]

Ó redor de Calibán existe a teoría de que podería ser un corpo capturado. Non se formou no disco de acrección, o cal existía ó redor de Urano, xusto despois da formación do planeta. O mecanismo de captura é descoñecido, pero capturar unha lúa require a disipación de enerxía. O posible proceso de captura incluiría: o arrastre do gas do disco protoplanetario, varios corpos interactuando e a captura durante o rápido proceso de aumento da masa de Urano.[4][8]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gladman; Brett J.; Nicholson, Philip D.; Burns, Joseph A. e o seu equipo. (1998). "Discovery of two distant irregular moons of Uranus". Nature 392: 897–899. doi:10.1038/31890. 
  2. Sheppard 2005, p. 523
  3. 3,0 3,1 Jacobson, R.A. (2003) URA067 (28 de xuño do 2007). JPL/NASA, ed. "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". Consultado o 23-01-2008. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Scott S. Sheppard; David C. Jewitt, Jan Kleyna (2005). "An Ultradeep Survey for Irregular Satellites of Uranus: Limits to Completeness" (PDF). The Astronomical Journal 129 (1): 518–525. doi:10.1086/426329. Arxiv:astro-ph/0410059. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 19-09-2009. Consultado o 20-10-2009. Table 3 ... ri (km) ... 36 ... i Radius of satellite assuming a geometric albedo of 0.04. 
  5. Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597. 
  6. 6,0 6,1 JPL (Solar System Dynamics), ed. (20-12-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 10-03-2009. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Maris, Michele; Giovanni Carraro, Gabrielle Cremonese, Marco Fulle (05-2001). "Multicolor Photometry of the Uranus Irregular Satellites Sycorax and Caliban". The Astronomical Journal 121 (5): 2800–2803. doi:10.1086/320378. Consultado o 14 de setembro do 2008. 
  8. 8,0 8,1 Grav; Tommy; Holman, Matthew J. (2004). "Photometry of irregular satellites of Uranus amd Neptune". The Astrophysical Journal 613: L77–L80. doi:10.1086/424997. Arxiv : astro-ph/0301016. 
  9. Rettig, Terrence W.; Walsh, Kevin; Consolmagno, Guy (2001). "Implied Evolutionary Differences of the Jovian Irregular Satellites from a BVR Color Survey". Icarus 154: 313–320. doi:10.1006/icar.2001.6715. 
  10. Richard, Schmude (2008). Springer, ed. Uranus, Neptune, Pluto and How to Observe Them. ISBN 9780387766010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]