Catarina de Lancaster
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Nome orixinal | (en) Catherine of Lancaster |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de marzo de 1373 Hertford, Reino Unido (pt) |
Morte | 2 de xuño de 1418 (45 anos) Valladolid, España |
Lugar de sepultura | Capilla de los Reyes Nuevos (Catedral de Toledo) (en) |
Raíña consorte | |
Rexente | |
Pretendente á Coroa de Castela | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | consorte real da Coroa de Castela |
Outro | |
Título | Princesa de Asturias (1388–) Raíña consorte Rei de Castela |
Familia | Casa de Lancaster |
Cónxuxe | Henrique III de Castela (1388, 1388 (Gregoriano)–1406), morte do cónxuxe |
Fillos | María de Castela, Catarina de Castela e Lancaster, Xoán II de Castela |
Pais | Xoán de Gante e Constanza, duquesa de Lancaster |
Irmáns | Isabel de Lancaster, duquesa de Exeter Joana Beaufort Filipa de Lancaster Henrique IV de Inglaterra Xoán Beaufort, 1º conde de Somerset Tomás Beaufort, duque de Exeter Henrique Beaufort |
Catarina de Lancaster, ou Catarina de Lencastre, nada o 31 de marzo de 1373 no castelo de Hertford[1] (Reino de Inglaterra) e finada o 2 de xuño de 1418 en Valladolid, filla de Xoán de Gante, I duque de Lancaster, e da súa segunda esposa Costanza de Castela, foi raíña consorte de Castela e León polo seu matrimonio co rei Henrique III de Castela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Catarina foi filla de Xoán de Gante, primeiro duque de Lancaster e da súa segunda esposa, Costanza de Castela, filla do rei Pedro I de Castela.
Por parte paterna foron os seus avós o rei Eduardo III de Inglaterra e a súa esposa Filipa de Hainaut. Por parte materna foron os seus avós o rei Pedro I de Castela a a súa esposa María de Padilla.
Foi irmá do rei Henrique IV de Inglaterra, e avoa de Isabel a Católica.
Matrimonio
[editar | editar a fonte]Como neta do deposto rei de Castela Pedro I, Catarina foi educada na súa propia casa como herdeira, e entrou na política castelá cando seu pai, Xoán de Gante, reclamou o trono en nome da súa esposa Costanza e da súa filla, organizando unha expedición, co apoio de Ricardo II de Inglaterra. Xoán, Costanza e a súa filla desembarcaron na Coruña en 1386.[2]
Para resolver o conflito, en virtude do tratado de Baiona, Catarina de Lancaster contraeu esponsais en marzo de 1388, na catedral de Palencia, co seu primo Henrique. Henrique era membro da Casa de Trastámara, rama bastarda da Casa de Borgoña.[3] Ao seu esposo Henrique outorgóuselle o título de Príncipe de Asturias, sendo desde entón dicho título usado polos herdeiros da coroa castelá e, posteriormente, polos herdeiros da Coroa española.
Este enlace puxo fin ao conflito dinástico entre os descendentes de Pedro I de Castela e Henrique II de Castela, afianzándose a Casa de Trastámara, e establecendo a paz entre Inglaterra e a Coroa de Castela.
O matrimonio formal entre Catarina de Lancaster e o seu esposo consumouse na vila de Madrid en 1393, sendo xa Henrique III, rei de Castela e León.
Rexencia durante a minoría de idade de Xoán II
[editar | editar a fonte]Ao morrer Henrique III aos 18 anos do casamento, o día 25 de decembro de 1406, aos 27 anos de idade, Catarina de Lancaster, xunto co seu cuñado Fernando de Antequera, futuro rei de Aragón, exerceu a rexencia do reino castelán-leonés durante a minoría de idade do seu fillo Xoán (o futuro Xoán II), de apenas un ano de idade.[3]
Catarina coordinou, xunto cun consello de nobres, eclesiásticos e autoridades municipais dalgunhas cidades, a administración dos actuais territorios de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela a Vella, León e partes de Castela a Nova, mentres que Fernando de Antequera, o irmán de Henrique III, administraba as zonas de Estremadura e os tres reinos cristiáns dos chamados Catro reinos de Andalucía: Xaén, Córdoba e Sevilla. As terras de Almería, Granada e Málaga aínda formaban parte do Reino nazarí de Granada.
Durante a rexencia, a raíña participou activamente na política exterior do reino, mantendo contactos cos reinos de Inglaterra e Portugal, que facilitaron a sinatura de paces e aseguraron os contactos comerciais con ambos os reinos.
En 1412, o infante castelán Fernando de Trastámara converteuse no rei Fernando I de Aragón, segundo o acordado polos magnates aragoneses no Compromiso de Caspe). Para iso, recibiu o apoio formal e económico de Castela, que subvencionou a súa candidatura ao trono aragonés, e incluso á coroa. Para facer fronte á co-rexencia castelá desde Aragón, Fernando utilizou aos seus conselleiros máis próximos, entre eles ao arcebispo Sancho de Rojas, así como a influencia da súa esposa, Leonor de Alburquerque, gran propietaria en Castela, e dos seus fillos, os Infantes de Aragón. Cando faleceu o de Antequera, en 1416, Catarina puido asumir outros aspectos do goberno castelán, como a diplomacia co Reino de Granada ou os tratos coas Ordes militares que até entón foran unha prerrogativa de Fernando.
Baixo o influxo do bispo Pablo de Santa María, que se encargara da educación do futuro rei Xoán II de Castela, así como das ideas do predicador Vicente Ferrer, publicouse o ordenamento de Valladolid, no que se estableceron as primeiras leis de apartamento de xudeus e mudéxares nas cidades do reino, así como outras medidas destinadas a diminuír a súa participación na vida social do reino. Este ordenamento só se puido aplicar nalgunhas cidades, ante as queixas dos afectados, que recorreron aos seus foros antigos para rebatelo.
Morte e sepultura
[editar | editar a fonte]A raíña Catarina de Lancaster faleceu na cidade de Valladolid o día 2 de xuño de 1418, a causa dun derramo cerebral, aos 45 anos de idade, segundo as fontes.[4] O seu fillo Xoán tomou inmediatamente o poder, sen continuarse a rexencia.
Despois da súa defunción, o cadáver da raíña foi trasladado á cidade de Toledo, onde recibiu sepultura na Capela dos Reis Novos da Catedral de Toledo, na que os seus restos mortais repousan na actualidade.
O sepulcro da raíña está colocado no lado do Evanxeo e xunto ao altar de San Hermenexildo. Dous anxos sosteñen un cartel no que aparece esculpido o epitafio da raíña.[5]
AQUI YACE LA MUI CATHOLICA Y ESCLARECIDA SEÑORA REINA DOÑA CATALINA DE CASTILLA E LEON MUGER DEL MUI TEMIDO REI DON ENRIQUE MADRE DEL MUI PODEROSO REI DON JUAN TUTORA E REGIDORA DE SUS REINOS HIJA DEL MUI NOBLE PRINCIPE DON JUAN PRIMOGENITO DEL REI DE INGLATERRA DUQUE DE GUILANA Y ALENCASTRE E DE LA INFANTA DOÑA CONTANÇA PRIMOGENITA Y HEREDERA DE LOS REINOS DE CASTILLA DUQUESA DE ALENCASTRE NIETA DE LOS JUSTICIEROS REYES DEL REI DON PEDRO DE CASTILLA POR LA QUAL ES PAZ Y CONCORDIA PREVISTA PARA SIEMPRE ESTA SEÑORA FINO EN BALLADOLID A 2 DIAS DE JUNIO DE 1418 AÑOS FUE TRASLADADA AQUI DOMINGO 10 DIAS DE DICIEMBRE AÑO DE 1419.
É un sepulcro acaroado de estilo plateresco. A raíña aparece vestida con túnica e manto, adornado este último con flores. As súas mans están colocadas sobre o peito, e a esquerda suxeita un devocionario. A cabeza da raíña, que descansa sobre tres almofadas recamadas, está cuberta por unha touca, e cingue a súa fronte unha coroa real.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Froito do seu matrimonio con Henrique III de Castela naceron tres fillos:
- María (1401-1458). Casou con Afonso V de Aragón.
- Catarina (1403-1439). Casou con Henrique de Trastamara, fillo do rei Fernando I de Aragón e da raíña Leonor de Alburquerque.
- Xoán (1405-1454). Rei de Castela á morte de seu pai, reinando co nome de Xoán II.
Antepasados de Catarina de Lancaster
[editar | editar a fonte]16. Eduardo I de Inglaterra | ||||||||||||||||
8. Eduardo II de Inglaterra | ||||||||||||||||
17. Leonor de Castela | ||||||||||||||||
4. Eduardo III de Inglaterra | ||||||||||||||||
18. Filipe IV de Francia | ||||||||||||||||
9. Isabel Capeto | ||||||||||||||||
19. Xoana I de Navarra | ||||||||||||||||
2. Xoán de Gante, I duque de Lancaster | ||||||||||||||||
20. Xoán II de Holanda | ||||||||||||||||
10. Guillerme I de Hainaut | ||||||||||||||||
21. Filipa de Luxemburgo | ||||||||||||||||
5. Filipa de Hainaut | ||||||||||||||||
22. Carlos de Valois | ||||||||||||||||
11. Xoana de Valois | ||||||||||||||||
23. Margarida de Anjou-Sicilia | ||||||||||||||||
1. Catarina de Lancáster | ||||||||||||||||
24. Fernando IV de Castela | ||||||||||||||||
12. Afonso XI de Castela | ||||||||||||||||
25. Costanza de Portugal | ||||||||||||||||
6. Pedro I de Castela | ||||||||||||||||
26. Afonso IV de Portugal | ||||||||||||||||
13. María de Portugal | ||||||||||||||||
27. Beatriz de Castela | ||||||||||||||||
3. Costanza de Castela | ||||||||||||||||
28. García de Padilla | ||||||||||||||||
14. Xoán García de Padilla | ||||||||||||||||
29. Leonor de Vera | ||||||||||||||||
7. María de Padilla | ||||||||||||||||
30. Fernán González de Hinestrosa | ||||||||||||||||
15. María González de Hinestrosa | ||||||||||||||||
31. Aldonza Ramírez de Silva | ||||||||||||||||
Predecesor: Beatriz de Portugal |
Raíña consorte da Coroa de Castela 1393 – 1406 |
Sucesor: María de Aragón |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ É posíbel que non nacera nesa data, senón máis ben o 6 de xuño de 1372. (L. Vones: "Katharina 3" in Lexikon des Mittelalters (Dicionario da Idade Media). Vol. 5, col. 1070.)
- ↑ Lopes, Fernão: The English in Portugal, 1367-1287, pp. 227-237.
- ↑ 3,0 3,1 Mackay, Angus (1977): Spain in the Middle Ages: From Frontier to Empire, 1000–1500 (New Studies in Medieval History). New York: St. Martin's Press.
- ↑ Catherine of Lancaste en Genealogics (en inglés).
- ↑ Elorza et al. 1990, p. 66.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Dávila, Gil (1638): Historia de la vida y hechos del rey don Henrique tercero de Castilla.
- López de Ayala, Pedro (1780): Crónicas de los Reyes de Castilla Don Pedro, Don Enrique II, Don Juan I, Don Enrique III Tomo II.
- The Treaty of Bayonne (1388) with Preliminary Treaties of Trancoso (1387), ed. J. Palmer e B. Powell. Universidade de Exeter, 1988. ISBN 0-8598-9316-2.
- Echevarria Arsuaga, Ana (2002): Catalina de Lancaster. Editorial Nerea. ISBN 84-8956-979-7.
- Echevarria Arsuaga, Ana (2005): "The Queen and the Master: Catalina of Lancaster and the Military Orders", en Queenship and Political Power in Medieval and Early Modern Spain, ed. T. Earenfight. London/New York: Ashgate. ISBN 0-7546-5074-X, pp. 91–105.
- Echevarria Arsuaga, Ana (2012): "Dinastía. Reinas mecenas en los albores del Renacimiento", en Retrato de la mujer renacentista. Coord. A. Serrano de Haro Soriano, E. Alegre Carvajal. Madrid: UNED. ISBN 978-84-3626-147-9, pp. 67–89.
- Elorza, Juan C.; Lourdes Vaquero, Belén Castillo e Marta Negro (1990): El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla, 2ª ed. Valladolid: Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social. Editorial Evergráficas S. A. ISBN 84-2419-999-5.
- Suárez Bilbao, Fernando (1994): Enrique III. Palencia: Deputación Provincial de Palencia. ISBN 84-8173-013-0.
- Veas Arteseros, Francisco de Asís (2003): Itinerario de Enrique III. Murcia: Ediciones de la Universidad de Murcia. ISBN 84-8371-400-0.
- Mitre Fernández, Emilio (2001): Una muerte para un rey: Enrique III de Castilla (Navidad de 1406). Ámbito Ediciones, S. A. ISBN 84-8183-091-7.
- Mitre Fernández, Emilio (1994): Los judíos de Castilla en tiempo de Enrique III: el pogrom de 1391. Valladolid: Universidad de Valladolid. Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial. ISBN 84-7762-449-6.
- Mitre Fernández, Emilio (1969): Extensión del régimen de corregidores en el reinado de Enrique III de Castilla. Valladolid: Universidad de Valladolid. Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial ISBN 84-600-0218-7.
- Montojo Jiménez, Carlos (2004): La diplomacia castellana bajo Enrique III: estudio especial de la embajada de Ruy González de Clavijo a la corte de Tamerlán. Madrid: Ministerio de Asuntos Exteriores. Centro de Publicaciones. ISBN 84-9526-538-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catarina de Lancaster |