Cepheus
Cepheus | |
---|---|
Nome latino | Cefeo |
Abreviatura | Cep |
Xenitivo | Cephei |
Simboloxía | O Rei Cefeo |
Ascensión recta | 22 h |
Declinación | +70° |
Área | 588 graos cadrados
Rango 27° |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
Estrela máis brillante | α Cep (Alderamin)
(magnitude ap. 2.44) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −10°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Novembro | |
Cepheus ou Cefeo[1] é unha constelación do norte que representa ó lendario rei de Etiopía Cefeo, casado con Casiopea e pai de Andrómeda. É unha das 88 constelacións modernas e unha das 48 constelacións nomeadas por Tolomeo.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Cephei (Alderamin), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 2,44, de cor branca.
- β Cephei (Alfirk), prototipo das variables Beta Cephei, estrela branco-azulada de brillo variable entre magnitude 3,15 e 3,21. Ademais é unha estrela Be que expulsa materia da súa superficie.
- γ Cephei (Errai), con magnitude 3,22 é un sistema binario cun planeta extrasolar ó redor da estrela principal, unha subxigante laranxa.
- δ Cephei, unha das estrelas máis famosas do ceo por se-lo prototipo das variables Cefeidas. É ademais unha estrela dobre.
- ε Cephei (Phicares), o seu nome é de orixe fenicio, é unha variable Delta Scuti de magnitude 4,18.
- ζ Cephei, superxigante laranxa de magnitude 3,39 a 725 anos luz de distancia.
- μ Cephei, a estrela granate, unha superxigante vermella e unha das estrelas visibles de maior tamaño.
- ν Cephei, superxigante branca de magnitude 4,29.
- ξ Cephei (Alkurhah), estrela dobre moi vistosa cunhas compoñentes que están separadas 8 segundos de arco.
- 19 Cephei, estrela azul tan afastada que non se coñece con exactitude a distancia á que se atopa.
- OV Cephei, unha xigante vermella a só 3º do polo norte celeste que se atopa a 500 anos luz de distancia.
- VV Cephei, unha das estrelas máis grandes que se coñecen; ademais é unha binaria eclípsante.
- Kruger 60, un sistema estelar composto por dúas ananas vermellas distante só 13 anos luz do sistema solar.
Obxectos Notables de espazo profundo
[editar | editar a fonte]- NGC 6939, AR: 20h 31m 24.0s Dec: +60°38'00" (Época 2000). Cúmulo aberto a 2.5 graos ó sur de θ Cephei.
- NGC 188, cúmulo aberto, o máis próximo ó polo norte celeste.
- NGC 6946, galaxia espiral na que se teñen observado oito supernovas, máis ca calquera outra galaxia.
- NGC 40 e NGC 7354, nebulosas planetarias.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. Casiopea estaba tan fachendosa da beleza da súa filla que, por rivalizar coas Nereidas, estas pedíronlle a Poseidón, deus dos mares, vinganza e el coma resposta enviou o monstro mariño (Cetus) ás costas do país causando grandes males.
Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consultou o oráculo de Amón, quen lle aconsellou sacrifica-la súa filla Andrómeda expoñéndoa atada a unha rocha nuns cantís para que fose vítima do monstro. Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou a vítima e namorouse no acto dela. Propuxo a Cefeo liberala, a cambio de que se lle concedese a súa man. Perseo mata ó monstro e posteriormente casase con Andrómeda.
Cefeo, o pai de Andrómeda, foi catasterizado por vontade de Atenea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cepheus |