Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Osa Menor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Osa Menor
Osa Menor
Nome latino Ursa Minor
Abreviatura UMi
Xenitivo Ursae Minoris
Simboloxía A Osa pequena
Ascensión recta 15 h
Declinación 70'8°
Área 256 graos cadrados

Rango 56

Número de estrelas

(magnitude < 3)

2
Estrela máis brillante Polaris

(magnitude ap. 2,02)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −10°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xuño

Osa Menor[1][2], Carriño ou Carro Pequeno[3], é unha das constelacións máis coñecidas do hemisferio norte. Consta de sete estrelas coa forma de carro; catro delas formarían o que sería a parte fonda do carro e as outras tres serían o que sería o mastro do carro.

O elemento máis coñecido da Osa Menor é a estrela Polar, a cal atópase na prolongación do eixe da Terra, de modo que está fixa no ceo e sinala o Polo Norte xeográfico, polo que ten sido empregada polos navegantes coma punto de referencia na súas viaxes. Á parte da estrela Polar, a Osa Menor carece de elementos de interese para o afeccionado á astronomía.

Dada a súa situación, a Osa Menor só pode verse no hemisferio norte, pero a cambio, nese hemisferio pódese ver todo o ano. Xunto coa súa compañeira a Osa Maior, é un dos elementos máis característicos do firmamento do hemisferio norte.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía grega hai varias versións sobre a orixe da Osa Menor. Nunha delas sería Fénice, transformada en osa por Artemisa tras ser seducida por Zeus. Este relato é moi semellante ó de Calisto, que foi catasterizada na Osa Maior e por isto algúns autores cren que orixinalmente debeu existir un relato con dous catasterismos dun mesmo personaxe (Zeus convertería a Calisto na Osa Maior e posteriormente Artemisa convertería a Calisto na Osa Menor).

Noutra versión dise que se trataba de Cinosura, ama de Zeus e ninfa do monte Ida.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]

Obxectos Notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]
  1. "Oso". Real Academia Galega. Consultado o 26 de novembro de 2016. 
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carriño.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]