Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Chus Baleato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChus Baleato
Nome orixinalJesús Isolino Baleato Negreira
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1954 (70 anos)
Val do Dubra, España Editar o valor en Wikidata

Jesús Isolino Baleato Negreira, máis coñecido como Chus Baleato, nado en Bembibre (Val do Dubra) o 18 de xaneiro de 1954, é un adestrador de fútbol galego, que dende 2023 dirixe o Arzúa, na Terceira División RFEF. Considerado un histórico do fútbol galego, adestrou 18 equipos durante case medio século de carreira, logrando numerosos ascensos de categoría. Comezou a súa carreira no Dubra, do que tamén fora xogador, pasando logo polos bancos de clubs como o Bergantiños, o Pontevedra, o Atlético Mineiro de Santa Comba ou o Compostela, conseguindo con este último dous ascensos consecutivos dende a Preferente á Segunda División B.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xogou como futbolista no Dubra dende a mesma creación do club en 1970 ata que unha grave lesión o obrigou á súa retirada con só 22 anos, iniciando inmediatamente entón a súa carreira como adestrador no propio club do Val do Dubra.[1][2][3] Entre 1979 e 1980 foi masaxista no Compostela e máis tarde adestrou o Flavia e o Céltiga (co que debutou nos bancos da Terceira División aos 29 anos.[4] Na tempada 1985/86 dirixiu o Puebla en Preferente, acabando terceiro no Grupo Norte, por detrás de Bergantiños e Sporting Sada, e conquistou a Copa Galicia de Preferente, tras derrotar na final ao Baio.[5]

En 1986 regresou ao Compostela, onde adestrou os equipos xuvenís e tamén o filial, o Vista Alegre.[2][6] Dirixiu o filial compostelán dende xaneiro de 1987, substituíndo ao fisterrán López Canosa, ata febreiro de 1988, cando deixo o club para pasar uns meses na escola de adestradores do Flamengo no Río de Xaneiro.[7]

Ao seu regreso do Brasil foi elixido presidente da Asociación Galega de Adestradores e a finais de xuño de 1988 foi anunciado como novo adestrador do Ordes.[8] Dirixiu o club ordense durante dúas campañas, conseguindo na primeira delas o ascenso á Terceira División. A continuación fichou polo Bergantiños, tamén de Terceira, ao que adestrou durante un ano, acabando subcampión de liga. Para a tempada 1991/92 fichou polo Lalín, da Segunda División B, e aínda que non conseguiu manter a categoría, continuou no equipo na primeira metade da seguinte campaña.

No verán de 1993 colleu as rendas do Cerceda, co que conseguiu o primeiro ascenso á Terceira División da historia do club.[2] Dirixiu o equipo vermello durante dúas campañas completas e parte dunha terceira, ata que foi cesado en outubro de 1995, sendo substituído por Carlos Brizzola.[9] Comezou a tempada 1996/97 como preparador físico do Pontevedra, equipo da Segunda B dirixido por Xulio Díaz, pero trala destitución deste en febreiro de 1997, Chus Baleato substituíuno no banco.[10] Adestrou o club granate ata o remate da tempada, pero non conseguiu endereitar o rumbo do equipo. Na campaña 1997/98 dirixiu o Estradense en Terceira, descendendo a Preferente ao remate da tempada.

No verán de 1998 ingresou como fisioterapeuta no Compostela, regresando así unha década despois ao club branco e azul, que viña de descender á Segunda División.[11] En novembro, trala marcha de Pichi Lucas, foi unha das opcións baralladas pola directiva presidida por Caneda para adestrar o primeiro equipo, aínda que finalmente o elixido foi Gabi Leis.[12] En xaneiro de 2000 foi o adestrador elixido polo Vilalonga para substituír o destituído Pedro Ferreira.[13]

En xullo de 2001 foi contratado polo Boiro, a cuxa presidencia acababa de chegar Ramón Hermo.[14] Con todo, foi destituído só seis meses despois, na última semana do ano.[15]

Na tempada 2002/03 comezou unha triunfante etapa de cinco anos no Atlético Mineiro de Santa Comba, equipo que no momento da súa chegada militaba na Primeira Autonómica Galega. Na primeira tempada de Baleato no banco, o equipo xalleiro ascendeu a Preferente por primeira vez na súa historia, ao rematar segundo por detrás do Orillamar. e só dous anos despois proclamouse campión do Grupo Norte da Preferente, ascendendo así á Terceira. Ademais conquistou a Copa da Costa de 2004, despois de derrotar na final ao Baio.[16]

Deixou o club no verán de 2007, para coller as rendas do Compostela, que emprendía a súa segunda campaña consecutiva en Preferente. Con Baleato como adestrador, o Compostela volveu ao camiño das vitorias e logrou dous ascensos consecutivos ata a Segunda División B.[2] Na capital galega dirixiu a xogadores como Pablo Castro, Toño, Jimmy, Catú, Alberto Mariño, Centrón, Vladimir ou Rubén Márquez, contando coa maioría deles para o regreso do club á división de bronce. Con todo, os resultados económicos e deportivos levárono á súa dimisión á metade da tempada 2009/10, sendo substituído por Fabiano.[17] No verán de 2010, ao mesmo tempo que reclamaba o diñeiro que lle debía a institución compostelá, fichou pola SD Grixoa, club que acababa de ascender a Preferente. Foi destituído o 28 de febreiro de 2011.[18]

No verán de 2011 anunciouse a súa contratación polo Bergantiños, iniciando así a súa segunda etapa no club de Carballo.[19] Dirixiuno durante toda a tempada 2011/12 en Terceira, acadando con comodidade a permanencia.

En febreiro de 2013 regresou despois de máis de 30 anos ao Dubra, en Preferente, para substituír a Iván Cancela, que acababa de dimitir co equipo preto do descenso.[20] Conseguiu salvar a categoría e adestrou o conxunto do seu concello durante o seguinte lustro, conseguindo un histórico ascenso á Terceira División na campaña 2015/16. Deixou o club dubrés en 2018, despois de máis de cinco anos á fonte del.

No verán de 2018 converteuse no novo técnico do Arzúa,[21] ao que adestrou durante unha histórica campaña que culminou co ascenso do club a Terceira tras vencer por 1-4 á Agrupación Estudiantil en Loimil, cun triplete do máximo goleador do equipo, Iker Hurtado.[22] Deixou o equipo tralo ascenso e en febreiro de 2020 asinou co Negreira, da Primeira Galicia, pouco antes de que a pandemia de COVID-19 paralizase as competicións.[23] Durante a paréntese no fútbol galego, viaxou a Xibraltar para colaborar co técnico do Lincoln Red Imps, William Amaral (antigo xogador e adestrador do Compostela), na preparación da fase previa da Europa League.[24] A continuación pasou un tempo no Brasil, traballando no fútbol base do Central Sport Club de Caruaru, en Pernambuco.[25]

En abril de 2021 volveu poñerse á fronte do Arzúa, substituíndo ao cesado Javi Rey, conseguindo o obxectivo da permanencia.[26][27] De regreso no Negreira quedou ás portas do ascenso a Preferente, que foi finalmente para o Unión de Asados de Rianxo.[28] Na tempada 2022/23 adestrou por segunda vez o Puebla, 36 anos despois do seu primeiro paso polo club.[28]

No verán de 2023 iniciou a súa terceira etapa no Arzúa.[29]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ordes
Cerceda
Atlético Mineiro
Compostela
  1. "Arzúa-Dubra, o Chus Baleato contra el equipo de toda su vida, esta tarde". El Correo Gallego (en castelán). 5 de decembro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Jesús Baleato: En enero sabía que seríamos campeones". El Correo Gallego (en castelán). 15 de xuño de 2009. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  3. "Jesús Baleato, actual técnico del Ordenes, dirigirá al Bergantiños en la próxima liga". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 12 de maio de 1990. p. 50. 
  4. Sánchez, Gonzalo (28 de outubro de 2016). "Baleato, el técnico más veterano de Tercera, ve al Arosa en play-off este año" (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  5. "El Puebla cumplió el pronóstico y se adjudicó la presente edición de la Copa de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 1 de xullo de 1986. p. 39. 
  6. "Vista Alegre y Coruxo, los dos más goleados del grupo". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 11 de xaneiro de 1987. p. 37. 
  7. "Invitado por el club brasileño Jesús Baleato pasará tres meses en la Escuela de Fútbol del Flamengo". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 11 de febreiro de 1988. p. 49. 
  8. "Baleato, al Ordenes". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 1 de xullo de 1988. p. 55. 
  9. "El Cerceda busca entrenador tras el cese de Jesús Baleato la pasada semana". La Voz de Galicia (en castelán) (A Mariña ed.). 1 de outubro de 1995. p. 54. 
  10. "Díaz se marchó por la puerta grande". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 5 de febreiro de 1997. p. 49. 
  11. "Recambio para Lucas". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 11 de novembro de 1998. p. 51. 
  12. "Leis sustituye a Maceda en el Compostela". El País (en castelán). 28 de outubro de 1998. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  13. "La directiva del Vilalonga destituye a Pedro Ferreira y ficha a Baleato". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 1 de febreiro de 2000. p. 56. 
  14. Trasbach, Gonzalo (7 de xullo de 2001). "Jesús Baleato firmó con el Boiro por dos temporadas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  15. Trasbach, Gonzalo (2 de xaneiro de 2002). "La directiva del Boiro destituyó a Jesús Baleato antes del choque contra el Foz". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  16. Ferreiro Negreira, José Manuel (21 de xuño de 2004). "El Atlético Mineiro incrementó su vitrina con un nuevo galardón del torneo costero". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  17. "Fabiano será el capitán que dirigirá el barco del Compos". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-03. 
  18. "Chus Baleato fue destituido como técnico del Grixoa". El Correo Gallego (en castelán). 2 de marzo de 2011. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  19. «Pretendo potenciar la cantera»
  20. "Chus Baleato debuta con buen pie en su regreso al Dubra, que vence y convence". El Correo Gallego (en castelán). 24 de febreiro de 2013. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  21. ""Afronto mi etapa en Arzúa como una novedad muy ilusionante"". El Correo Gallego (en castelán). 22 de agosto de 2018. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  22. "El Arzúa logra un histórico ascenso a Tercera División". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de maio de 2019. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  23. "El Negreira destituye a Julián y ficha a Chus Baleato". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de febreiro de 2020. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  24. "Chus Baleato colabora con William Amaral en el Lincoln de Gibraltar". El Correo Gallego (en castelán). 26 de xuño de 2020. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  25. Pais, Antonio (7 de outubro de 2020). "Chus Baleato cierra su etapa en Brasil y regresa al fútbol gallego". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  26. "Chus Baleato sustituye a Javi Rey en el banquillo del conjunto de O Viso". DxT Campeón (en castelán). 15 de abril de 2021. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  27. "Jesús Baleato retoma las riendas del Negreira". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 2021. Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  28. 28,0 28,1 Peralta, Carlos (18 de xuño de 2022). "El Puebla firma a Jesús Baleato para las próximas tres temporadas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  29. Calvo, Naso (21 de xuño de 2023). "Jesús Baleato regresa al banquillo del Arzúa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]