Circuíto urbano de Adelaida
Circuíto urbano de Adelaida | |
---|---|
Plano do circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 31 de outubro de 1985 Re inaugurado en 1999 |
Outros nomes | |
Carreiras | Gran Premio de Australia Adelaide 500 Race of a Thousand Years |
Localización | Adelaida Australia |
Capacidade | |
Lonxitude | 3´780 km. |
Curvas | 16 |
Volta rápida (1993) | 1:15.381 |
Piloto récord | Damon Hill |
Escudería récord | Williams Renault FW15C |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
No parque East Parklands, adxacente ao centro financeiro da cidade de Adelaida, no sur de Australia, sitúase o circuíto de carreiras urbano (34°55′45″S 138°37′15″L / -34.92917, -138.62083) que albergou once veces o Gran Premio de Australia de Fórmula 1, entre 1985 e 1995, unha proba da American Le Mans Series a fins de 2000 (A carreira do milenio), e a carreira de V8 Supercars denominada 500 km de Adelaida desde 1999.
O circuíto transcorre por avenidas públicas da cidade de Adelaida, así como parte do hipódromo Vitoria Park, pasando polo mercado. É un circuíto que para ser urbano, alcánzanse velocidades medias realmente altas. A variante de 3,78 km de extensión foi utilizada nas carreiras de Fórmula 1 e American Le Mans Series, e a de 3,22 km nas do V8 Supercars.
Fórmula 1 en Adelaida
[editar | editar a fonte]Como o circuíto albergaba o final de cada tempada de Fórmula 1, nalgúns casos os campionatos decidíronse neste circuíto. O máis claro exemplo disto é o Gran Premio de Australia de 1994, cando Michael Schumacher e Damon Hill disputábanse o mundial de pilotos. Logo dun incidente moi polémico que tiveron ambos en carreira, non acabou ningún deles a proba, co que o título ía caer en mans do alemán. En 1986 tamén houbo unha disputa entre Alain Prost e Nigel Mansell, levándose o título o francés debido a un problema nun dos pneumáticos do automóbil do británico.
Durante os adestramentos libres do Gran Premio de Australia de 1995, Mika Häkkinen sufriu un aparatoso accidente que case lle custa a vida. A partir do seguinte ano, o Gran Premio de Australia de Fórmula 1 pasou a disputarse no Melbourne Grand Prix Circuit.
Circuíto do Gran Premio
[editar | editar a fonte]Ata o 8 de marzo de 2017.[1] A volta máis rápida xamais rexistrada no circuíto orixinal de 3.780 metros, no Circuíto de Gran Premio, foi de 1:13.371 polo triplo Campión Mundial Ayrton Senna pilotando un McLaren MP4 / 8 Ford durante a cualificación para o Gran Premio de Australia de 1993. Con todo, como isto foi na cualificación e non nunha carreira, non conta como marca de volta.
Clase | Piloto | Vehículo | Tempo | Data |
---|---|---|---|---|
Mellor marca | Damon Hill | Williams FW15C Renault | 1:15.381 | 7 de novembro de 1993 |
coches de carreiras | ||||
Fórmula 1 | Damon Hill | Williams FW15C Renault | 1:15.381 | 7 de novembro de 1993 |
Fórmula Brabham | Paul Stokell | Reynard 91D Holden | 1:29.97 | 12 de novembro de 1995 |
Formula Mondial | Ross Cheever John Bowe |
Ralt RT4 Ford Ralt RT4 Ford |
1:33.20 | 2 de novembro de 1985 25 de outubro de 1986 |
Fórmula 2 | David Brabham | Ralt RT30 Volkswagen | 1:35.90 | 11 de novembro de 1995 |
Fórmula Ford | Jason Bright | Van Diemen RF95 | 1:42.02 | 11 de novembro de 1995 |
250cc Superkart | Stefan Rindstrom | 1:37.99 | 4 de novembro de 1989 | |
Coches deportivos | ||||
Le Mans Prototype | Allan McNish | Audi R8 | 1:25.2189 | 31 de decembro de 2000 |
ALMS GTS | Ni Amorim | Chrysler Viper GTS-R | 1:35.5296 | 31 de decembro de 2000 |
Sports Sedan | Kerry Baily | Nissan 300ZX Chevrolet | 1:36.5959 | 31 de decembro de 2000 |
ALMS GT | Lucas Luhr | Porsche 911 GT3-R | 1:36.8501 | 31 de decembro de 2000 |
Coches de turismo | ||||
Group 3A Touring Car | John Bowe | Ford EF Falcon | 1:37.72 | 12 de novembro de 1995 |
Group N Touring Cars | Darren Edwards | Ford Mustang | 1:53.42 | 11 de novembro de 1995 |
Group 3E Series Production Cars | Kent Youlden | Ford EA Falcon | 2:02.14 | 3 de novembro de 1990 |
HQ Holdens | Peter Holmes | Holden HQ Kingswood | 2:06.85 | 11 de novembro de 1995 |
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Adelaida
[editar | editar a fonte]Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneu. | Tempo | Lonxitude | Voltas | Ø-Tempo | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1985 | Keke Rosberg | Williams | Honda | G | 2:00:40,473 h | 3,778 km | 82 | 154,032 km/h | 3. novembro | Australia |
2 | 1986 | Alain Prost | McLaren | Porsche (TAG) | G | 1:54:20,388 h | 3,779 km | 82 | 162,609 km/h | 26. outubro | |
3 | 1987 | Gerhard Berger | Ferrari | Ferrari | G | 1:52:56,144 h | 3,779 km | 82 | 164,631 km/h | 15. novembro | |
4 | 1988 | Alain Prost | McLaren | Honda | G | 1:53:14,676 h | 3,780 km | 82 | 164,225 km/h | 13. novembro | |
5 | 1989 | Thierry Boutsen | Williams | Renault | G | 2:00:17,421 h | 3,780 km | 70 | 131,981 km/h | 5. novembro | |
6 | 1990]] | Nelson Piquet | Benetton | Ford | G | 1:49:44,570 h | 3,780 km | 81 | 167,399 km/h | 4. novembro de | |
7 | 1991 | Ayrton Senna | McLaren | Honda | G | 0:24:34,899 h | 3,780 km | 14 | 129,170 km/h | 3. novembro | |
8 | 1992 | Gerhard Berger | McLaren | Honda | G | 1:46:54,786 h | 3,780 km | 81 | 171,829 km/h | 8. novembro | |
9 | 1993 | Ayrton Senna | McLaren | Ford | G | 1:43:27,476 h | 3,780 km | 79 | 173,183 km/h | 7. novembro | |
10 | 1994 | Nigel Mansell | Williams | Renault | G | 1:47:51,480 h | 3,780 km | 81 | 170,324 km/h | 13. novembro | |
11 | 1995 | Damon Hill | Williams | Renault | G | 1:49:15,946 h | 3,780 km | 81 | 168,130 km/h | 12. novembro |
Récords
Piloto: Gerhard Berger/Alain Prost/Ayrton Senna (2 veces) • País: Brasil (3) • Construtor: McLaren (5) • Motor: Honda (4) • Pneu: Goodyear
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O circuíto de Adelaida en www.grandprix.com (en inglés)
- Clipsal 500
- Satellite picture by Google Maps
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 2014-10-24.