Clotario II
Nome orixinal | (la) Chlotarius (la) Chlotacharius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 584 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | 18 de outubro de 629 (44/45 anos) valor descoñecido |
Lugar de sepultura | Abadia de Saint-Germain-des-Prés (pt) |
Rei dos francos | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos francos (613–623) Rei dos francos (613–629) Rei dos francos (584–629) |
Familia | Dinastía Merovinxia |
Cónxuxe | Haldetrude Bertrude Sichilda |
Fillos | Emma da Austrásia () Haldetrude Meroveo () Haldetrude Berta () Bertrude Enimia () Dagoberto I () Bertrude Cariberto II () Sichilda |
Pais | Khilperico I e Fredegunda |
Irmáns | Basina, daughter of Chilperic I Rigunda Childesinda Merovech of Soissons Theudebert of Soissons Clovis Clodeberto Sansão Dagoberto Teodorico |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хлотарь II) Allgemeine Deutsche Biographie The Nuttall Encyclopædia >>>:Clotaire II. |
Clotario II, nado en 584 e finado en 629, foi rei de Neustria, París e finalmente dos francos. Fillo de Khilperico I e de Fredegunda. Pai de Dagoberto I.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Proclamado rei de Neustria á morte do seu pai con só meses de idade. A rexencia lévaa a súa nai Fredegunda. Pronto comezou a ter problemas cos nobres que lle reprochaban a forma en que obtivera o poder.
Non podendo gobernar só, chamou ao seu cuñado Gontrán I, que xa controlaba a maioría do reino franco. Este fai promulgar no ano 587 mediante o tratado de Andelot numerosas reformas conducentes a simplificar a xestión do reino.
Gontrán fai tamén recoñecer, baixo o nome da lei sálica, un costume segundo a cal o rei non necesitará dividir o reino entre os seus herdeiros. Debe designar un só e único sucesor. Se non o fai, terase en conta a primoxenitura masculina ou o parentesco próximo.
Gontrán morreu no 592, deixando ao seu sobriño baixo a tutela dun consello formado por leudes e Mordomos de Palacio. Fredegunda morreu no 597, deixando ao seu fillo con enormes dificultades.
Gontrán deixara a maior parte das súas posesións ao seu outro sobriño, Khildeberto II. Á súa morte Clotario convértese no rei de todos os francos.
Un dos primeiros actos de Clotario foi de vinganza. Fai asasinar a Brunequilda, nunha ofrenda póstuma á súa nai.
Desde o 613 ata a súa morte no 629, Clotario II goberna un país franco unificado, pacificado, pero con xordas loitas de influencia entre o poder central e os seus leudes, que non puidera eliminar, necesitando numerosos administradores para un reino tan grande. Neste momento é cando comeza o poderío dos mordomos de palacio, aos cales cede o mando dos exércitos e recoñece como hereditario o cargo de mordomo. Constituíndo unha ameaza para o trono.
Á súa morte, Clotario II deixa o xerme da decadencia merovinxia, aínda que o seu comezo estará atrasada pola acción do seu fillo, o último gran rei merovinxio, Dagoberto I.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clotario II |