Sixeberto I de Austrasia
Nome orixinal | (la) Sigibertus (fr) Sigebert I |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 535 valor descoñecido |
Morte | 575 (Gregoriano) (39/40 anos) Vitry-en-Artois, Francia |
Rei dos francos | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos francos (561–575) |
Familia | Dinastía Merovinxia |
Cónxuxe | Brunilda da Austrásia |
Fillos | Ingund, Khildeberto II, Chlodosind |
Pais | Clotario I e Ingund |
Irmáns | Chram Khilperico I Cariberto I Gontrán Gundoaldo Clodosvinda |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Encyclopædia Britannica |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Sixeberto I, nado no ano 535 e finado en Vitry en decembro de 575, foi o primeiro rei de Austrasia, trala división do reino de Francia logo da morte de seu pai Clotario I no 561. A súa nai era Ingunda.
Historia
[editar | editar a fonte]Os ávaros, unha feroz tribo nómade relacionada cos hunos, fixeron incursións que lle obrigaron a mover a súa capital de Reims a Metz. Repeleu os seus ataques dúas veces, no 562 e o 568. No 566 contraeu matrimonio con Brunequilda, filla do rei visigodo Atanaxildo. No 567, a morte do seu irmán Cariberto I proporcionoulle o reino de París; ese mesmo ano Galswinta, irmá de Brunequilda e esposa do seu irmán Khilperico I, rei de Neustria, foi asasinada (esganada na súa cama, probabelmente por orde de Fredegunda, amante e futura esposa de Khilperico). Sixeberto decidiu vingar á súa cuñada, comezando así a guerra entre Neustria e Austrasia, que duraría ata 613 e sería continuada polos seus sucesores.
No 573, apoderouse de Poitiers e da Turaine, pero o seu medio irmán Khilperico, así mesmo, obterá conquistas en Aquitania, apoderándose tamén de Reims durante pouco tempo. Asinaron un acordo, que Khilperico incumpriu, e Sixeberto apoderouse do reino do seu irmán no ano 575. Con todo, inmediatamente logo de asumir a coroa, Sixeberto sería asasinado en Vitry por dous sicarios ás ordes de Fredegunda. O seu fillo Khildeberto II, de só 5 anos de idade, sucedeuno como rei de Austrasia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sixeberto I de Austrasia |