Cocaína
(1R,2R,3S,5S)-3-(benzoiloxi)-8-metil-8-azabiciclo[3.2.1]octano-2-carboxilato de metilo | |
Número CAS |
Código ATC |
Fórmula química | C17H21NO4 |
Peso molecular | 303,35 g/mol |
Metabolismo | Hepático |
Excreción | Renal |
Estado legal | Psicotrópico: Lista I (Estados Unidos) |
A cocaína é un alcaloide cristalino, que se extrae da folla de coca, planta coñecida como Erythroxylum coca, oriúnda de Suramérica, que medra no Perú, Bolivia e Colombia. Esta planta emprégase como planta medicinal para cólicos abdominais, dor de cabeza, mal de altura e tamén como vigorizante.
Clasificada dentro das drogas ilegais, é un potente estimulante. É empregada por vía respiratoria, baixo a forma de clorhidrato de cocaína, po de cor branco cristalino, que actúa a nivel do sistema nervioso central, causando hiperactividade, locuacidade, maior actividade física e psíquica.
A súa fórmula química é C17H21NO4
Historia
[editar | editar a fonte]A cocaína foi descuberta por Albert Niemann e Friedrich Wahler en 1860, pero foi Angelo Mariani o primeiro en intentar cultivar os arbustos de coca no seu xardín. Ao non conseguir que arraigara importou varias toneladas de follas desta planta e elaborou unha bebida, o viño Mariani. A primeira receita da bebida refrescante Coca-Cola tamén contiña extracto de follas de coca.
A planta foi usada polos incas dende o século III a.C. como planta medicinal. Durante un tempo a Igrexa prohibiuna porque dicía que era cousa do Demo. Máis tarde volvéuselle dar un uso medicinal e recreativo ata que se viu que o seu abuso creaba adicción.
Consumo
[editar | editar a fonte]A cocaína pode ser consumida por distintas vías:
- Oral: mascando follas frescas da planta de coca.
- Nasal: por inhalación de "raias" de clorhidrato de cocaína pulverizada, empregando un tubo oco.
- Aspiración: fumada da pasta de coca. O efecto por esta vía é máis rápido, intenso e breve.
- Intravenosa: inxectando clorhidrato de cocaína disolto en auga mediante quecemento nunha culler ou similar.
- Fumada: absórbese moi rapidamente polos tecidos intrapulmonares producindo un efecto moi potente.
O consumo da cocaína provoca unha diminución nas dendritas e unha menor densidade de espiñas das células piramidais, que se atopan no córtex cerebral. Estas neuronas son básicas para a plasticidade do cerebro ou, o que é o mesmo, para manter a capacidade de cambio do sistema nervioso central.
Efectos
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Toxicidade da cocaína.
A cocaína ten efectos estimulantes, acompañados de:
- Elevación do estado de ánimo, excitabilidade, exceso de confianza.
- Dilatación das pupilas.
- Aumento da presión sanguínea e do ritmo cardíaco.
- Aumento da temperatura corporal.
O suxeito experimenta unha esaxeración das súas capacidades e habilidades, e de todas as sensacións pracenteiras normais, pero o efecto mais importante é unha intensa euforia que se experimenta como unha intensa sensación de pracer que dura varios segundos.
Estes efectos aparecen de forma case inmediata e a intensidade con que son experimentados depende da dose, da vía de administración e da forma de consumo.
A cocaína é unha droga enormemente aditiva como resultado da súa habilidade para impedir a reabsorción da dopamina polas células nerviosas. O cerebro emite unha anormal e elevada cantidade de dopamina como parte do seu sistema de gratificación, o que está directa ou indirectamente involucrado nas propiedades aditivas das principais drogas.
Outro efecto da cocaína é o desenvolvemento de tolerancia co uso habitual: non se obtén o mesmo efecto coa mesma dose ao cabo dun tempo. Por este motivo, os adictos van aumentando cantidade e frecuencia de forma progresiva[1].
O efecto da droga pode conducir á ansiedade extrema de consumir máis. No caso extremo a dinámica do consumo pode ter como consecuencia que dure algunhas horas ou días. Un caso especial do consumo de cocaína de larga duración é a aparición da chamada loucura dermatozoica, na que o consumidor está convencido de que os insectos se moven debaixo da súa propia pel. Ademais coa dependencia de cocaína tense a miúdo unha deterioración da conciencia do adicto.
Perfil do consumidor de cocaína
[editar | editar a fonte]O informe Perfil psicosocial de los usuarios de cocaína, elaborado polo proxecto Home en 2008, pon de manifesto que o número de persoas que seguiron tratamentos de desintoxicación no 2000 foi de 767, mentres que no 2007 ascenderon a 3427. O perfil típico do consumidor de cocaína é o seguinte:
- Home (91,6% fronte ó 8,4% de mulleres)
- Duns 30 anos (o 76% dos consumidores teñen entre 18 e 35 anos)
- Solteiro ou divorciado (52% e 12%, respectivamente) que vive cos pais
- Con traballo (o 90% tiñan traballo no momento de inicia-la desintoxicación)
O 46% consumía a diario e o 9% só durante as fins de semana. O 45% restante non tiña patrón fixo de consumo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cocaína |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Escritos sobre la cocaína - Sigmund Freud. Editorial Anagrama. Colección Argumentos. (1980)
- "El consumo de cocaína se multiplicó por cuatro en los últimos ocho años", en La Voz de Galicia, 25.06.2008.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ¿Qué sabes sobre la Cocaína? (en castelán)
- Shared Responsibility[Ligazón morta] Información sobre o consumo de cocaína en Europa (en inglés)
- Adicción á cocaína: Neurobioloxía clínica, diagnóstico e tratamiento (en castelán)
- Información sobre a cocaína (en castelán)
- Listas da DEA (Drug Enforcement Administration) do goberno de EE.UU. (en inglés)
- Especial cocaína no portal Tecnociencia (en castelán)
- Efectos da cocaína no cerebro e neuronas (en castelán)
- ↑ "Unha guía para permanecer en recuperación despois da rehabilitación da cocaína". UK Addiction Treatment Centres.