Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Pel

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mostra de pel preparada para o seu transplante.

A pel é o órgano de revestimento externo do corpo humano e de moitos animais. Nos humanos é o maior órgano do corpo, responsable da protección do organismo contra o medio externo.

Por extensión, denomínase pel á superficie externa doutras realidades, como das froitas ou da propia terra, así como o material elaborado con este tecido animal para a confección de roupa, con ou sen pelo (como sería o caso da pel de visón ou do coiro, por exemplo).

Anatomía

[editar | editar a fonte]

A pel é o maior órgano do corpo, constituíndo o 15% do peso corporal. Cobre case todo o corpo a excepción dos orificios xenitais, boca, ano e ollos.

Histoloxía

[editar | editar a fonte]

A pel ten tres capas: a epiderme, a derme e o tecido adiposo subcutáneo (tecnicamente alleo á pel mais relacionado funcionalmente). Hai ademais varios órganos anexos, como folículos pilosos, glándulas sudoríparas e sebáceas e uñas; ademais, noutros animais, atópanse plumas, escamas, cascos e cornos.

A pel é practicamente idéntica en todos os grupos étnicos humanos. Nos individuos de pel escura, os melanocitos producen máis melanina que naqueles de pel clara, mais o seu número é semellante.

Artigo principal: Epiderme.

A epiderme é unha capa con profundidade diferente conforme a rexión do corpo. As palmas das mans e pés teñen unha capa máis grosa, ata 2 mm de grosor.

A epiderme está constituída por un epitelio estratificado pavimentoso (células escamosas en varias capas). A célula principal é o queratinocito (ou ceratinocito) que produce a queratina. Existen tamén grupos de melanocitos (produtores de melanina, un pigmento castaño que absorbe os raios UV); e células inmunitarias, principalmente células de Langerhans, de gran tamaño e con prolongamentos membranosos.

A epiderme presenta varias capas. A orixe da multiplicación celular é a capa basal. Todas as outras están constituídas con células cada vez máis diferenciadas que co crecemento basal van ficando cada vez máis periféricas, acabando por descamar e caer (unha orixe importante do po que se acumula nos locais onde viven persoas ou animais).

  1. Estrato basal: é o máis profundo, en contacto coa derme, constituído por células cúbicas pouco diferenciadas que se dividen continuamente dando orixe a todas as outras capas. Contén moi pouca queratina. Algunhas destas células diferéncianse e pasan a capas máis superficiais, en canto outras permanecen na capa basal e continúan a dividirse.
  2. Estrato espiñoso: células cúbicas ou achatadas con máis queratina que as basais. Comezan a formar unións celulares unhas coas outras, como desmosomas e unións estreitass (de aí o aspecto de espiños).
  3. Eatrato granuloso: células achatadas, con gránulos de queratina prominentes e outros como substancia extracelular e outras proteínas (coláxenos).
  4. Estrato lúcido: células achatadas hialinas eosinófilas debidas a gránulos proteicos moi numerosos. Estas células liberan enzimas que as dixiren. A maior parte xa está morta (sen núcleo).
  5. Estrato córneo: constituído por células achatadas eosinófilas sen núcleo (mortas) con gran cantidade de filamentos, principalmente queratinas.

A unión entre a epiderme e a derme ten forma de papilas, que dan maior superficie de contacto coa derme e maior resistencia ao rozamento.

Órganos anexos da epiderme

[editar | editar a fonte]
  • Folículo piloso: produce unha estrutura maciza queratinizada, o pelo, que é producido por células especializadas na súa raíz, constituíndo o bulbo piloso. Teñen músculo liso erector e terminacións nerviosas sensitivas asociadas. Os folículos pilosos dos bigotes dalgúns animais como o gato están altamente especializados como órganos dos sentidos.
  • Glándula sudorípara: son glándulas tubulosas enoveladas, non ramificadas, que producen un líquido acuoso diluído que contén sales e detritos orgánicos. A súa principal función é a regulación da temperatura, mais tamén ten funcións excretoras pouco significativas (vestixios de animais nosos antepasados que non posuían riles). Hai glándulas sudoríparas especializadas (apócrinas) nalgunhas rexións como nas axilas e nas rexións xenitais, que producen suor que colle cheiro despois de ser metabolizado polas bacterias da pel. É posible que esas glándulas secreten no ser humano hormonas con funcións de sinalización sexual, como nalgúns animais, mais aínda non foi probado.
  • Glándula sebácea: son glándulas ramificadas que forman acinos, que secretan substancias lipídicas dentro dos tubos dos folículos pilosos ou directamente na pel. Non existen nas palmas das mans e pés. Teñen funcións de protección contra deshidratación e no control da flora bacteriana da pel e do seu pH.
  • Uñas, pelos, cornos, cascos, escamas e plumas: son estruturas especializadas compostas enteiramente de queratina, producidas como protección por varios tipos de animais.
Artigo principal: Derme.

A derme é un tecido conxuntivo de sustentación da epiderme. Está constituído por fibras de coláxeno e elastina con numerosos fibrocitos que fabrican estas proteínas e sustentan o tecido.

Ten dúas capas, a capa papilar de contacto coa epiderme e a capa reticular, máis densa. É na derme onde se localizan os vasos sanguíneos e linfáticos que vascularizan a epiderme así como os nervios e os órganos sensoriais asociados a eles. Estes inclúen varios tipos de sensores:

  1. Corpúsculo de Vater-Pacini, sensíbeis á presión.
  2. Corpúsculo de Meissner, con función de detección de presións de frecuencia diferente.
  3. Corpúsculo de Krause
  4. Órgano de Ruffini
  5. Disco de Merkel (célula de Merkel)
  6. Folículo piloso con terminacións nerviosas asociadas.
  7. Terminación nerviosa libre, con dendritas libres sensibles á dor e temperatura.

Hipoderma (subcute)

[editar | editar a fonte]

O hipoderma tecnicamente xa non é parte da pel. Está constituído por tecido adiposo que protexe contra o frío.

Fisioloxía

[editar | editar a fonte]

A pel é un órgano moito máis complexo do que aparenta. A súa función principal é a protección do organismo das ameazas externas. Porén ten tamén funcións inmunitarias, é o principal órgano da regulación da calor, protexendo contra a deshidratación. Teñen tamén funcións nerviosas, constituíndo o sentido do tacto e metabólicas, como a produción da vitamina D.

Protección física

[editar | editar a fonte]

A epiderme secreta proteínas (a principal é a queratina) e lípidos que protexen contra a invasión por parasitos e as feridas mecánicas e o rozamento. Contra esta tamén é fundamental o tecido conxuntivo da derme, na cal os fibrocitos depositan proteínas fibrilares con propiedades de resistencia á tracción e elasticidade, como os coláxenos e a elastina. A melanina producida polos seus melanocitos protexe contra a radiación, principalmente UV.

Neste mesmo sentido, a pel dos animais adopta distintas cores e disposicións para axudar á camuflaxe co ámbito co que garanten a súa supervivencia dos depredadores ou, tamén, pasar inadvertidos ante as súas presas.

Protección da deshidratación

[editar | editar a fonte]

Unha das funcións vitais da pel é a protección contra a deshidratación. Os seres humanos son animais terrestres e necesitan protexer os seus corpos, principalmente compostos de auga, contra a evaporación excesiva e a deshidratación e o subsecuente choque hipovolémico e morte, que serían inevitables nun medio seco e quente. É común que as vítimas de queimaduras graves morran de choque hipovolémico (sangue con pouco volume debido á perda de auga) se perden extensas superficies cutáneas. A pel protexe da deshidratación por dous mecanismos. As unións celulares como unións estreitas e desmosomas dan cohesión ás células da epiderme e a súa superficie continua de membrana lipídica impide a saída de auga (que non se mestura con lípidos).

Regulación da temperatura corporal

[editar | editar a fonte]

A pel tamén é o principal órgano de regulación da temperatura corporal a través de diversos mecanismos:

  1. Os vasos sanguíneos subcutáneos contráense co frío e dilátanse coa calor, para minimizar ou maximizar as perdas de calor.
  2. Os folículos pilosos teñen músculos que producen a erección do pelo co frío (pel de galiña), aprisionando ampolas de ar estático xunto á pel, o que retarda os trocos de calor, nun mecanismo máis eficaz nos nosos antepasados máis peludos.
  3. As glándulas sudoríparas secretan líquido acuoso cuxa evaporación diminúe a temperatura superficial do corpo.
  4. A presenza de tecido adiposo (graxa) subcutáneo protexe do frío, xa que a graxa é mal condutor da calor.

A pel como órgano inmunitario

[editar | editar a fonte]

A pel é un órgano importante do sistema inmunitario: alberga diversos tipos de leucocitos; hai linfocitos que regulan a resposta inmunitaria e desenvolven respostas específicas; células presentadoras de antíxeno (histiocitos ou células de Langerhans) que recollen moléculas estrañas (posíbeis invasores) que levan para os ganglios linfáticos onde as presentan aos linfocitos CD4+; mastocitos envoltos en reaccións alérxicas e loita contra parasitos.

Funcións metabólicas

[editar | editar a fonte]

As funcións matabólicas da pel son moi importantes. Nela fabrícase, nunha reacción dependente da luz solar, a vitamina D, unha vitamina esencial para o metabolismo do calcio e polo tanto na formación e manutención saudábel dos ósos.

Órgano dos sentidos

[editar | editar a fonte]

Finalmente a pel tamén é un órgano sensorial, constituíndo o sentido do tacto. Presenta numerosas terminacións nerviosas, algunhas libres, outras con comunicación con órganos sensoriais especializados, como células de Merkel, folículos pilosos. A pel ten capacidade de detectar sinais que crean as percepcións da temperatura, movemento, presión e dor. É un órgano importante na función sexual.

O ciclo celular da pel

[editar | editar a fonte]

A pel normal produce preto de 1.250 células por día por cm² e esas células proveñen de 27.000 células; a pel do doente de psoríase produce 35.000 novas células por día por cm² e esas células proveñen de 52.000 células. A duración normal do ciclo celular da pel é de 311 horas, que se reduce a 36 h na pel psoriásica [Cómpre referencia].

Embrioloxía

[editar | editar a fonte]

A epiderme ten orixe na maior parte da ectoderme, mentres a derme e o tecido adiposo subcutáneo teñen orixe mesodérmica.

Patoloxía

[editar | editar a fonte]

A pel é un importante órgano na clínica de varias doenzas e manifesta signos e síntomas que axudan no diagnóstico das enfermidades, moitas delas non relacionadas senón moi indirectamente coa pel.

Pel do abdome dun enfermo de rubéola mostrando as lesións tícicas da enfermidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]