Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Condado de Cork

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCondado de Cork
County Cork (en)
Contae Chorcaí (ga) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°00′N 8°45′O / 52, -8.75
EstadoIrlanda
ProvinciasMunster Editar o valor en Wikidata
CapitalCork Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación542.196 (2016) Editar o valor en Wikidata (72,29 hab./km²)
Lingua oficiallingua irlandesa
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSouth-West Region, Ireland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie7.500 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivooffice of the Mayor of County Cork (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativolegislative body of Cork County Council (en) Traducir Circunscrición: 8, (Escano: 55) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IE-CO Editar o valor en Wikidata

Páxina webcorkcoco.ie Editar o valor en Wikidata
BNE: XX529328

O Condado de Cork (Contae Chorcaí en gaélico irlandés) é o máis grande dos condados modernos da República de Irlanda. A Cork coñéceselle polo seu alcume de "O condado Rebelde", debido ó apoio que deu a xente do condado en 1491 a Perkin Warbeck, un pretendente ó trono de Inglaterra durante a Guerra das Dúas Rosas. Xa en tempos máis modernos, o nome fai referencia o papel tan importante que Cork xogou na guerra de independencia de Irlanda (1919-1921) e á súa posición en contra do trato durante a guerra civil (1922-1923). As atraccións inclúen a Pedra de Blarney (no castelo de Blarney) e Cobh (chamada tamén na época da invasión Queenstown) o porto do que saían case tódolos emigrantes irlandeses camiño a Estados Unidos, Canadá, Nova Zelandia ou Australia, e tamén por ser a derradeira parada en porto do Titanic. A cidade de Cork é a segunda máis grande da República de Irlanda e a capital da provincia de Munster.

A zona máis afastada e menos habitada é a súa parte oeste (West Cork) e resulta ser un destino preferido polos turistas que gustan de gozar das pequenas vilas e illas como Sherkin Islands ou Sheep's Head, o círculo megalítico de Drombeg, ou o punto máis suroeste de Irlanda, Mizen Head. Nos últimos anos o terreo da parte máis oeste do condado está moi demandada internacionalmente, é moitos cidadáns da UE fixaron a súa residenca alí, incluíndo personaxes famosos como Jeremy Irons ou Neil Jordan. West Cork é famosa pola súa natureza abrupta, belas praias e unha atmosfera social tan distinta que a fan a parte máis relaxada do país. Tamén é famosa pola cantidade de artesáns, músicos, poetas e dramaturgos que alí residen.

Localidades

[editar | editar a fonte]
Cobh