Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Condado de Kerry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCondado de Kerry
Contae Chiarraí (ga) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°10′N 9°45′O / 52.17, -9.75
EstadoIrlanda
ProvinciasMunster Editar o valor en Wikidata
CapitalTralee - Trá Lí Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación147.707 (2016) Editar o valor en Wikidata (30,73 hab./km²)
Lingua usadalingua irlandesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie4.807 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCarrauntoohil (pt) Traducir (1.038,6 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivooficina do Cathaoirleach do condado de Kerry Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativolegislative body of Kerry County Council (en) Traducir Circunscrición: 4, (Escano: 33) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2IE-KY Editar o valor en Wikidata
Código NUTSKY Editar o valor en Wikidata

Sitio webkerrycoco.ie Editar o valor en Wikidata

O condado de Kerry (en gaélico irlandés Contae Ciarraí ou Chiarraí) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda, no suroeste do país. É celebre por ser o punto entrada do cristianismo nas Illas Británicas e por conter algunhas das máis importantes e históricas abadías da orde irlandesa. Ocupa unha extensión de 4.746 km² nos que habitaban 139.616 persoas no 2006. É o quinto condado máis grande dos 32 condados de Irlanda, e é o décimo cuarto en termos de poboación.[1]. Con respecto á provincia é o segundo máis grande por superficie e o cuarto por poboación. A capital do condado é Tralee, mais neste condado áchase unha cidade senlleira irlandesa, Killarney.

O seu territorio limita co condado de Limerick polo leste e co condado de Cork polo sueste. Tamén ten costas atlánticas. Alberga un Parque Nacional (Killarney National Park), onde se atopan os Lagos de Killarney. A punta da Península de Dingle é o punto máis occidental de Irlanda, coas Illas Blasket, actualmente deshabitadas, ao oeste.

O condado tamén é sede dun dos equipos de fútbol gaélico máis importantes do país.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Kerry é unha anglicismo de Ciarraí, que deriva de Ciarraighe, ou "xente de Ciar", o nome da tribo pre-gaélica que viviu en parte do condado actual. O fundador lendario da tribo foi Ciar, fillo de Fergus mac Róich.[2] En irlandés antigo "Ciar" significaba negro ou marrón escuro, e a verba úsase no irlandés moderno como adxectivo que describe a cor morena da pel.[3]

Os Lagos de Killarney

Personaxes egrexios

[editar | editar a fonte]
Vista do Anel de Kerry
Xente relacionada
Figuras históricas
Personalidades da música e da literatura
Personalidades da política
Personalidades dos deportes
  1. Corry, Eoghan (2005). Hodder Headline Ireland, ed. The GAA Book of Lists. pp. 186–191. 
  2. T J Barrington, Discovering Kerry, its History Heritage and toponymy, Dublin, 1976
  3. Gearrfhoclóir Gaeilge-Béarla, Dublin, 1981