Consolidated PBY Catalina
Consolidated PBY Catalina | |
---|---|
Fabricante | Consolidated Aircraft |
Deseñado por | Isaac M. Laddon |
Primeiro voo | 28 de marzo de 1935 |
Introducido | outubro de 1936 |
Retirado | 1982 |
Principais usuarios | Armada dos Estados Unidos Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos Royal Air Force Real Forza Aérea do Canadá |
Produción | 1936 - 1945 |
Unidades construídas | 3 308 |
Variantes | Bird Innovator |
O Consolidated PBY Catalina, tamén coñecido como Canso, foi un hidroavión estadounidense, e posteriormente un avión anfibio dos anos 30 e 40 producido por Consolidated Aircraft. Foi un dos hidroavións máis amplamente utilizados durante a segunda guerra mundial. Os Catalinas serviron en todos os corpos das forzas armadas dos Estados Unidos e nas forzas aéreas e armadas de moitas outras nacións.
Durante a segunda guerra mundial os PBYs foron usados en guerra anti-submarina, como bombardeiros de patrulla, escoltas de convois, busca e rescate, e transportes de carga. O PBY foi o avión do seu tipo máis numeroso e os últimos serían retirados do servizo militar nos anos 80. No ano 2014, case 80 anos despois do seu primeiro voo, o modelo continuaba voando como avión antiincendios por todo o mundo.