Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Conto de fadas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os contos de fadas ou contos marabillosos son unha forma de cultura popular de tradición oral, xeralmente parte da literatura infantil e xuvenil.

A orixe do nome para o xénero son os contos escritos por Madame d'Aulnoy,[1] como La bonne petite souris e outros aos que chamou contes de fées, literalmente "contos de fadas". Porén, os seus contos están no límite do que se considera "para adultos" ou "para nenos", con elementos de ambos.[2]

Malia estaren presentes en todas as culturas, os contos de fadas non foron recollidos por escrito até comezos do século XVIII, na famosa colectánea dos irmáns Grimm; algún deles teñen versións noutras culturas, como O ourizo e a lebre que é similar á fábula la lebre e as tartarugas de Esopo, da Antiga Grecia.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Na súa forma escrita, os contos de fadas son narrativas en prosa sobre as fortunas e desgrazas dun heroe ou heroína que, logo de ter pasado por varias aventuras de natureza máis ou menos sobrenatural, vive feliz por sempre xamais. Entre os ingredientes da historia hai normalmente maxia, encantamentos, disfraces e conxuros que con frecuencia ofrecen interpretacións sutís sobre a psicoloxía e natureza humanas.

As mil e unha noites, escrita arredor do século IX, contiña algunhas destas historias marabillosas. As tres coleccións principais de contos de fadas na literatura europea son:

Moitos escritores modernos teñen creado historias neste xénero literario, como William Thackeray, Charles Kingsley ou Oscar Wilde.

Notas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.