Duff McKagan
(2014) | |
Nome orixinal | (en) Michael Andrew McKagan |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de febreiro de 1964 (60 anos) Seattle, Estados Unidos de América |
Educación | Seattle University (en) Seattle Central College (en) Roosevelt High School (en) Nathan Eckstein Middle School (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico, baixista, xornalista, autobiógrafo, sportswriter (en) |
Período de actividade | 1979 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Hard rock |
Pseudónimo literario | Duff McKagan |
Instrumento | Baixo, guitarra e voz |
Selo discográfico | Uzi Suicide |
Familia | |
Cónxuxe | susan holmes (1999–) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | duffonline.com |
Duff "Rose" McKagan, (Seattle, 5 de febreiro de 1964) é un músico estadounidense e baixista de rock, coñecido polos trece anos que formou parte da banda de hard rock Guns N' Roses. McKagan volveu a unirse á banda no ano 2016, despois de entrar no Rock and Roll Hall of Fame.[1]
A finais da súa primeira etapa con Guns N' Roses publicou un álbum en solitario, Believe in Me (1993) e formou o supergrupo de curta vida Neurotic Outsiders. Tras a súa marcha dos Guns en 1997 McKagan reuniuse brevemente coa súa vella banda de punk rock de Seattle 10 Minute Warning antes de crear o grupo de hard rock Loaded, na cal canta e toca a guitarra acústica. Entre 2002 e 2008 tocou o baixo no supergrupo Velvet Revolver cos seus antigos compañeiros en Guns N' Roses Slash e Matt Sorum. Actuou brevemente con Jane's Addiction en 2010 e uniuse ao supergrupo Hollywood Vampires en 2016.[2]
Ademais da súa carreira musical, McKagan tamén é escritar. Ten escrito columnas semanais dunha ampla variedade de temas para SeattleWeekly.com, Playboy.com, e ESPN.com.[3] McKagan deixou o instituto, pero asistíu á Albers School of Business and Economics da Universidade de Seattle University a principios da década dos 2000, e posteriormente fundaría a empresa de xestión de patrimonios Meridian Rock.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Michael Andrew McKagan medrou no distrito U, principalmente de clase obreira, de Seattle.[5] Era o máis novo dos oito fillos do matrimonio formado por Alice e Elmer "Mac" McKagan. Chamáronlle "Duff" dende que era neno, ao que unha vez se referiu como "unha cousa irlandesa".[5] Tras o divorcio dos seus pais a súa nai mantivo a familia conseguindo un traballo como mecanógrafa.[5]
O seu irmán Bruce ensinoulle a tocar o baixo, desenvolvendo despois as súas habilidades tocando cos álbums 1999 de Prince e Damaged de Black Flag. Na súa autobiografía, It's So Easy (And Other Lies), McKagan di que foi influenciado por bandas onde o baixo tiña protagonismo, como Magazine co baixista Barry Adamson.
Aínda que era moi bo estudante, McKagan deixu o instituto Roosevelt no décimo grao. Entón comezou a traballar como chef de pastelería para a Great American Food and Beverage Company mentres conseguía o seu certificado de educación secundaria.[5] Posteriormente foi premiado cun diploma honorario despois de falar na cerimonia de graduación da promoción de 2012.
Carreira
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]McKagan afirmou ter sido membro de 31 bandas en Seattle, tocando tanto a batería, como a guitarra ou o baixo, aínda que admitiu que a meirande parte delas eran grupos para festas que só tocaron unha vez.[5] En 1979, aos 15 anos, McKagan formou a banda punk rock Vains, na cal tocaba o baixo; o grupo editou o sinxelo "School Jerks" en 1980.[5][6] Durante ese tempo tamén tocou a guitarra na banda punk The Living, que actuou de abreconcertos para Hüsker Dü e D.O.A.
En 1980 uniuse á banda de pop punk Fastbacks como batería. Apareceu no seu sinxelo de estrea de 1981 "It's Your Birthday", editado a través do selo do guitarrista Kurt Bloch No Threes Records, e na canción "Someone Else's Room", incluída no recompilatorio Seattle Syndrome Volume One, tamén de 1981.[7] En 1982 McKagan converteuse no batería do grupo hardcore punk The Fartz, co cal gravou varias cancións demo, cinco das cales foron incluídas no seu álbum de 1990 You, We See You Crawling.[8] Tras varios cambios de formación, The Fartz converteuse na banda de post-punk 10 Minute Warning, na que McKagan tocou a guitarra.[5]
En 1983 McKagan mudouse a Los Angeles cun dos seus irmáns onde atopou traballo nun restaurante en Northridge.[5] Respostando a un anuncio buscando un baixista nun xornal local coñeceu ao guitarrista Slash e ao batería Steven Adler,[5] cos cales formou a banda de curta vida. Fixéronlle audicións a varios vocalistas, incluído o que foi cantante de Black Flag Ron Reyes, e traballaron no material que incluía o riff principal do que se convertería na canción de Guns N' Roses "Rocket Queen". Slash finalmente disolveu o grupo debido a que non eran capaces de atopar cantante, ademais de pola falta de ética de traballo de Adler en comparación á súa e a de McKagan.
Guns N' Roses, Believe in Me e Neurotic Outsiders
[editar | editar a fonte]En xuño de 1985 McKagan substituíu o baixista Ole Beich en Guns N' Roses,[9] creada recentemente polo vocalista Axl Rose e o guitarrista Izzy Stradlin de Hollywood Rose. Os compañeiros de McKagan en Road Crew, Slash e Steven Adler uníronse ao grupo ese mesmo mes. Despois de dous días de ensaio a formación realizou o seu primeiro concerto en The Troubadour. o día 6 de xuño. Guns N' Roses publicou o seu álbum de estrea, Appetite for Destruction, en xullo de 1987, disco que ata a data vendeu ao redor de 28 millóns de copias en todo o mundo, 18 dos cales foron só nos Estados Unidos, sendo o álbum de estrea máis vendido neste país.[10] No ano seguinte a banda editou G N' R Lies, que vendeu uns 5 millóns de copas nos Estados Unidos a pesar de conter só oito temas, catro dos cales apareceron no seu anterior EP Live ?!*@ Like a Suicide. En 1990 Steven Adler foi despedido debido á súa adicción á heroína e foi substituído por Matt Sorum de The Cult.[11]
En maio de 1991 Guns N' Roses iniciou a xira de dous anos e medio Use Your Illusion Tour. O seguinte setembro a banda publicou os longamente agardados álbums Use Your Illusion I e Use Your Illusion II, que se estrearon no número 2 e no 1 respectivamente da lista estadounidense, algo que non fixera ningún outro grupo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Rock and Roll Hall of Fame (ed.). "Biografía de Guns N' Roses". Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ Ultimate Classic Rock (ed.). "Alice Cooper Is Working on a New Solo Album and a Hollywood Vampires Follow-Up Read More: Alice Cooper Is Working on a New Solo Album and a Hollywood Vampires Follow-Up". Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ "Duff McKagan Stories". ESPN.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2016. Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ Fortune (ed.). "From Guns N' Roses bassist to money manager". Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Circus Magazine (ed.). "The Adventures of Duff and His Guns". Archived from the original on 13 de outubro de 2007. Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ Rate your music (ed.). "Álbums de Vains". Consultado o 22 de novembro de 2016.
- ↑ Musicmight (ed.). "Fastbacks". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2016.
- ↑ Discogs (ed.). "The Fartz – You, We See You Crawling". Consultado o 21 de novembro de 2016.
- ↑ Allmusic (ed.). "Biografía de Duff McKagan". Consultado o 22 de novembro de 2016.
- ↑ RIAA (ed.). "100 álbums máis vendidos". Consultado o 24 de novembro de 2016.
- ↑ Spin (ed.). "Just A Little Patience". Consultado o 24 de novembro de 2016.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |