Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Eixe atlántico de alta velocidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viaduto sobre a desembocadura do Ulla. Unha das obras máis icónicas canda a nova estación de Vigo-Urzáiz.

O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa.[1] Aínda que Adif a denomina liña de alta velocidade, non cumpre os criterios da Unión Internacional de Ferrocarrís para ser considerada unha liña de alta velocidade.[2]

Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico[3][4], pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.

En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña[5], e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.[6]

Esquema da ruta
Vigo-Urzáiz
Túnel da Madroa
Viaduto de Cabeiro
Túnel de Novelle
Viaduto de Alvedosa
Redondela AV
Falso túnel Sampaio de Abaixo
Falso túnel Anselle de Abaixo
Bifurcación Redondela cara a Arcade
Río Pexegueiro
Túnel de Redondela
Túnel de Xesteira
Bifurcación Arcade cara a Redondela
Falso túnel Arcade
Río Verdugo
Río Ulla
Fonte Quente
O Marco
PO-10
Pontevedra
Túnel
Camiño
Túnel
Rego
Pontevedra-Universidade
Río Lérez
Camiño
Camiño
Estrada
Rego
Camiño
Río
Túnel
Camiño
Estrada
Camiño
Ponte longa sobre prados
Estrada
Estrada
Túnel longo
Camiño
Camiño
Río
Túnel longo
N-550
Estrada
Vilagarcía de Arousa
Quinteiro
Valicobas
Abalo
AP-9
Monte Cean
Monte Pozas
Túnel de Bustelo
Rego de Vigo
Río Sar
Río Sarela
Túnel de Monte Real
Río Manzanillo
Río Paramiño
Osebe
Bifurcación cara a Ourense/Madrid
Pontepedriña
Santiago de Compostela
Ordes
Saída de Ordes
Meirama
A Coruña

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ferrol - A Coruña

[editar | editar a fonte]

Adiado sen data prevista para retomar un proxecto que, unicamente chegou a acadar a fase de estudo informativo. En 2013, o goberno español, presidido daquela por Mariano Rajoy, admitía que a súa execución era inviábel.[7]

A Coruña - Santiago de Compostela

[editar | editar a fonte]

Esta parte do corredor foi deseñada como un desdobramento e electrificación -mediante a construción de numerosas variantes- do tramo preexistente entre as dúas cidades da liña Zamora - A Coruña. De todas as estacións intermedias orixinais da liña unicamente se conservou a de Uxes, suprimíndose os servizos ferroviarios no resto (que foron ficando progresivamente fóra das novas variantes), e construíronse dúas novas: Ordes e Cerceda-Meirama.

Estación de Ordes. A primeira de nova construción para o Eixe Atlántico.

Santiago de Compostela - Bifurcación de Angueira

[editar | editar a fonte]

Esta sección desenvolveuse practicamente na súa totalidade sobre a plataforma da antiga liña de Santiago - Redondela, desdobrando e electrificando a vía e mantendo en servizo a estación de Osebe, reconvertida en apeadoiro.

Bifurcación de Angueira - Vilagarcía de Arousa

[editar | editar a fonte]

Trazado completamente novo. Supuxo a construción dun icónico viaduto sobre o río Ulla entre os concellos de Dodro e Catoira. Neste percorrido foi habilitada a nova estación de Padrón-Barbanza e, aínda que paralelamente se mantivo a circulación ferroviaria de viaxeiros na vella liña para dar servizo a Padrón, Pontecesures e Catoira, a estación da Escravitude quedou exclusivamente operativa para paradas técnicas.

Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

[editar | editar a fonte]

Practicamente de novo trazado agás nos accesos ás cidades, mantivo o apeadoiro de Pontevedra-Universidade, como tamén a estación de Portela (á que os trens acceden pola vella liña convencional) e supuxo a reconversión do resto da antiga liña Santiago-Redondela nun ramal exclusivo de mercadorías atá as proximidades da estación de Portas, ficando esta sen servizos para pasaxeiros.

Pontevedra - Bifurcación de Arcade

[editar | editar a fonte]

Rectificación, desdobramento e electrificación do antigo trazado entre Santiago e Redondela. Conservouse a estación de Arcade, reconvertida igual cá Osebe en apeadoiro.

Bifurcación de Arcade - Vigo-Urzáiz

[editar | editar a fonte]
Construción dun túnel ferroviario entre Arcade e Redondela.

Trazado completamente novo. Construíronse as novas estacións de Redondela AV e Vigo-Urzáiz, restrinxida esta última a trens de tracción eléctrica por motivos de seguridade derivados da lonxitude do túnel das Maceiras. Após a súa apertura mantívose a prestación de servizos de pasaxeiros para os apeadoiros de Cesantes e Redondela-Picota e tamén nas estacións de Redondela e Vigo-Guixar. Unicamente ficou excluído tanto do novo corredor coma do convencional o tramo comprendido entre a Bifurcación de Chapela e a antiga estación de pasaxeiros de Vigo, da liña Monforte de Lemos - Vigo, o que implicou o peche da estación de Chapela[8].

Vigo - Fronteira con Portugal

[editar | editar a fonte]

Adiado. Os plans consisten na construción da saída sur de Vigo-Urzáiz, converténdoa nunha estación pasante, e un novo viaduto sobre o río Miño na altura de Tui como obras máis destacadas.

Características técnicas

[editar | editar a fonte]

O Eixo Atlántico de Alta Velocida conta -entre A Coruña e Vigo-Urzáiz- con sistema de Bloqueo Automático con vía dobre Banalizada (BAB), dotada de balizas ASFA máis tren-terra e catenarias de alta velocidade (entre A Coruña e Santiago) e compensada (entre Santiago e Vigo) de 25 kV e corrente alterna a 50 Hz. A velocidade máxima é de 200 km/h e a lonxitude máxima permitida para trens de viaxeiros, de 400 metros.[3] [4]

En 2016 comezaron as obras para a posta en servizo do sistema ERTMS sobre o BAB existente.[9]

Construción do túnel das Maceiras, entre Redondela e Vigo.

Posta en servizo

[editar | editar a fonte]
Acceso á nova Estación Vigo-Urzáiz.

O 27 de agosto de 2011 pechouse temporalmente a estación de Vigo, procedendo á demolición de todas as instalacións incluíndo as naves de mantemento para proceder á construción dunha estación subterránea a 15 metros por debaixo da cota orixinal. Os servizos ferroviarios desviáronse á ata entón estación de mercancías de Vigo-Guixar ata a reapertura da estación en 2015 en que se producirá unha repartición de servizos, os servizos de alta velocidade faranse dende Vigo-Urzáiz e os servizos convencionais e o enlace internacional con Portugal continuaran en Guixar. Os talleres de mantemento foron trasladados definitivamente á estación de Redondela en xullo de 2012. A nova estación, que será intermodal proxectouse cun total de seis vías, con catro plataformas de 400 m de lonxitude e de entre 10 e 12,7 m de anchura, situados de forma que todas as vías sexan operativas para o tránsito de viaxeiros.[10]

A continuación iniciáronse as obras da infraestrutura ferroviaria que finalizaron en marzo de 2015. Inicialmente íase construír un centro comercial Vialia enriba do caixón ferroviario pero a falta de interese dos promotores privados fixo aprazar a obra, tendo as estruturas preparadas para a súa futura construción. Debido a iso tívose que construír un edificio provisional fóra da parcela para poder dar servizos ferroviarios, preparado para compatibilizar coas futuras obras do Vialia.

O 6 de marzo de 2015 entrou o primeiro tren, da serie 121, á nova estación en probas.[11]

O 16 de abril de 2015, 14 anos despois de que se asinara o convenio para actualizar o trazado ferroviario que vertebra Galicia, realizouse a viaxe inaugural, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, desde a estación da Coruña e a nova terminal Vigo-Urzáiz, deseñada por Tom Mayne e que tamén se estreou con este motivo, na que entrará pola boca dun dos dous túneles das Maceiras, o túnel máis longo do Eixe Atlántico.[12]

Finalmente, o sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña e viceversa, cunha oferta de dez frecuencias diarias por sentido que unirán ambas as cidades nun tempo de viaxe de 83 minutos, o que representa unha diminución de 47 minutos respecto á anterior.[6]

Cronoloxía de aperturas

[editar | editar a fonte]
Tramo km Estado (data BOE) Prazo execución
Vigo-Urzáiz - As Maceiras (Acceso norte a Vigo) 9,4 En servizo (29/03/2015)
As Maceiras - Redondela 3,9 En servizo (29/03/2015)
Redondela - Soutomaior 3,6 En servizo (29/03/2015)
Soutomaior - Vilaboa 2,5 En servizo (09/06/2013)
Vilaboa - Pontevedra 8,2 En servizo (09/06/2013)
Tramo km Estado (data BOE) Prazo de execución
PontevedraCerponzóns 6,6 En servizo (30/7/2014)
CerponzónsPortela 6,1 En sevizo (30/7/2014)
PortelaPortas 6,5 En servizo (20/7/2008)
PortasVilagarcía de Arousa 6,6 En servizo (20/7/2008)
Vilagarcía de ArousaCatoira 8,3 En servizo (29/3/2015)
Viaduto Río Ulla 1,7 En servizo (29/3/2015)
A VacarizaRialiño 8,0 En servizo (29/3/2015)
RialiñoPadrón 8,5 En servizo (29/3/2015)
PadrónOsebe 3,8 En servizo (15/6/2008)
Osebe - Santiago 10,1 En Servizo (15/6/2007)
Tramo km Estado (data BOE) Prazo de execución
SantiagoVerdía 6,8 En servizo (17/7/2003)
VerdíaOroso 9,7 En servizo (23/4/2005)
OrosoOrdes 4,0 En servizo (17/7/2003)
Variante de Ordes 6,3 En servizo (23/4/2005)
OrdesQueixas 4,3 En servizo (22/4/2008)
Variante de Queixas 4,8 En servizo (21/4/2007)
Cerceda - Meirama 8,1 En servizo
Meirama - Bregua 5,3 En servizo
Variante de Bregua 4,0 En servizo (27/4/2006)
Uxes - Pocomaco 4,3 En servizo
Pocomaco - A Coruña-San Cristovo 3,5 En servizo
A Coruña-San Cristovo 0,6 En servizo (7/5/2003)

Estacións e apeadoiros en servizo

[editar | editar a fonte]

Estacións

[editar | editar a fonte]

Apeadoiros

[editar | editar a fonte]

Conexións con outras liñas de alta velocidade

[editar | editar a fonte]

Prevense 3 conexións co resto da rede de Alta Velocidade:

  1. "Adif - Eje Atlántico". www.adif.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 2018-09-25. 
  2. https://www.youtube Arquivado 18 de marzo de 2017 en Wayback Machine.. com/watch? t=779&v=1L2Mi8q97nU
  3. 3,0 3,1 "Mapas de la Red titularidad de Adif V.0" (PDF). Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05-11-2018. Consultado o 27-09-2018. 
  4. 4,0 4,1 "Mapas de la Red titularidad de Adif Alta Velocidad V.0" (PDF). Adif Alta Velocidad (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27-09-2018. Consultado o 27-09-2018. 
  5. Cadena Ser, ed. (10 de decembro de 2011). "Inauguran o AVE entre A Coruña, Santiago e Ourense cunha viaxe de 69 minutos" (en castelán). Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo" Arquivado 26 de setembro de 2018 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 18 de abril de 2015.
  7. Pablo González (2015-04-06). "El eje atlántico que perdió el tren". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-09-27. 
  8. "Chapela tendrá un apeadero en vez de 'estación fantasma'". Atlántico (en castelán). Consultado o 2018-09-25. 
  9. "Empeza a instalación do ERTMS no eixo atlántico". El Progreso de Lugo. Consultado o 2018-09-27. 
  10. "Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net (en castelán).
  11. Faro de Vigo (ed.). "O primeiro tren entra na estación do AVE". Consultado o 9 de marzo de 2015. 
  12. "Fomento estrena hoy el tren que reduce el viaje A Coruña-Vigo a poco más de una hora" Faro de Vigo, 30/03/2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]