Eritrea
دولة إريتريا (ar) إريتريا (ar) ኤርትራ (ti) دولة إرتريا (ar) إرتريا (ar) | |||||
Himno | Ertra, Ertra, Ertra | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Mar Vermello | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Asmara | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.497.000 (2019) (29,74 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua tigriña (De facto) lingua árabe (De facto) lingua inglesa (De facto) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 117.600 km² | ||||
Punto máis alto | Soira (3.018 m) | ||||
Punto máis baixo | Lake Kulul (en) (−75 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 24 de maio de 1993 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• Presidente da Eritreia (pt) | Isaias Afewerki (1993–) | ||||
• Presidente da Eritreia (pt) | Isaias Afewerki | ||||
Órgano lexislativo | National Assembly (en) , (Escano: 104) | ||||
Membro de | Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico Organización Mundial da Saúde Unión Africana Banco Africano de Desenvolvemento ONU (1993–) Organización Meteorolóxica Mundial (1993–) Unión Internacional de Telecomunicacións (1993–) União Postal Universal (pt) (1993–) UNESCO (1993–) Associação Internacional de Desenvolvimento (pt) (1994–) Banco Internacional para Reconstrução e Desenvolvimento (pt) (1994–) Organização Mundial das Alfândegas (pt) (1995–) Corporação Financeira Internacional (pt) (1995–) Agência Multilateral de Garantia de Investimentos (pt) (1996–) Interpol (1999–) Organização para a Proibição de Armas Químicas (pt) (2000–) | ||||
Moeda | Nakfa | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .er | ||||
Prefixo telefónico | +291 | ||||
Teléfono de emerxencia | 114 (pt) , 113 e 116 (pt) | ||||
Código de país | ER | ||||
Páxina web | shabait.com… | ||||
Eritrea[1] (tigriña: ኤርትራ, Ertrā; árabe: إريتريا, Irītriyā), oficialmente Estado de Eritrea (tigriña: ሃገረ ኤርትራ, Hagere Ertra; árabe: دولة إرتريا, Dawlat Iritriyá), é un país africano, limitado ó norte e leste polo Mar Vermello, ó sur con Djibuti e con Etiopía e ó oeste con Sudán. Corresponde ó antigo litoral de Etiopía, da cal se independizou en 1993 despois dunha longa guerra.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Eritrea.
Ao longo da historia e ata 1890, ano no que Italia delimita e coloniza o territorio de Eritrea, o territorio formara parte de varios imperios e reinos da rexión.
En 1941 pasou a formar parte da administración colonial de Gran Bretaña. En 1952 entrou nunha federación con Etiopía ata que en 1962 foi declarada por esta como unha mera provincia.
A resistencia actuou entón contra o estado etíope, sucedéndose diversos conflitos que se converteron en guerra aberta en 1983. Tras catro anos, e xa baixo control da Fronte Popular para a Liberación de Eritrea, en 1987 decláraselle de novo rexión autónoma.
En 1993 obtén a independencia e recoñécese internacionalmente ao país. Iso non evitou os posteriores conflitos territoriais con Iemen en 1996 e con Etiopía de novo en 1997 e 2000.
A intervención da ONU e o establecemento definitivo de fronteiras en abril de 2002 por resolución do Tribunal Internacional de Xustiza detivo temporalmente a guerra, pero Etiopía non aceptou aínda a resolución presentada polo Tribunal Internacional de Xustiza. O traballo de delimitar a fronteira atrasou a paz con Etiopía ata o 16 de setembro de 2018.[2]
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Rexións de Eritrea.
Eritrea está formado por seis rexións administrativas, subdivididas á súa vez no ámbito de provincia e entidade local.
Rexións
[editar | editar a fonte]- Anseba
- Debub (O Sur)
- Debubawi Keyih Bahri (Costa Meridional do Mar Vermello)
- Gash-Barka
- Maakel (O Centro)
- Semenawi Keyih Bahri (Costa Setentrional do Mar Vermello)
Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política de Eritrea.
Tras o referendo de abril de 1993, Eritrea proclamouse como estado independente. Establecido un goberno de transición, formáronse os órganos de goberno e administración que foron posteriormente modificados segundo a seguinte estrutura:
- O Consello Consultivo, convertido despois en Consello de Estado, formado a modo de consello de ministros máis os representantes territoriais.
- A Asemblea Nacional como poder lexislativo, formado polo Comité Central do EPLF, 30 representantes provinciais e 30 representantes do partido único e despois por 5 representantes do partido único e outros 75 elixidos polas provincias..
- O poder xudicial.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Eritrea.
Por unha banda, ao norte do país, atópase unha prolongación do macizo etíope con alturas que alcanzan os 2.600 metros e onde se producen as maiores precipitacións de tipo tropical, asucado polos ríos Barka, o Gash e o Anseba.
O Nordés está conformado por unha chaira en dirección sur, moi seca. A franxa costeira dá ao Mar Vermello con máis de 1.000 km de costa, aínda que é moi estreita. Aquí alcánzanse máximos anuais de 50º centígrados.
Nesta zona atópase o deserto de Danakil e a depresión de Kobar, situada a 130 metros baixo o nivel do mar.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Eritrea.
Tras a independencia en 1993, Eritrea mantén unha economía de subsistencia similar á de moitos outros países africanos, con preto dun 80% da poboación ocupada na agricultura e a gandería, agravada polas sucesivas guerras con Etiopía.
Tras a ofensiva de 2000, Eritrea tivo perdas por valor superior aos 825 millóns de dólares, con graves danos no sector agrícola, mantendo un crecemento negativo da súa economía durante tres anos.
Despois do conflito, as actuacións públicas conseguiron melloras importantes en portos, aeroportos e comunicacións por estrada, aínda que se está moi lonxe de conseguir o descenso significativo da taxa de desemprego e estabilizar a economía para que sexa apetecible aos investimentos estranxeiros. No entre tanto, ten unha posición comercial estratéxica no Mar Vermello e os seus reservas minerais de mármore, granito, prata, cobre, cinc, ouro e sílice, son moi importantes.
Demografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Demografía de Eritrea.
Eritrea ten 4 906 000 habitantes, dos que preto de medio millón viven na capital, Asmara. Outras poboacións importantes son Assab e Keren con 70 000 habitantes cada unha, Mendefera con 66 000 e Massawa con 37 000. As linguas oficiais son o árabe e o tigriña. Outras linguas minoritarias son o tigré, afar, saho, bilén, kunama, nara e hedareb. Eritrea ten 9 etnias en total.
- Datos de poboación:
- Densidade de poboación por km/2: 42
- Tanto por cento de poboación urbana: 19
- Taxa de fertilidade: 4,9
- Taxa de mortalidade infantil: 45
- Esperanza de vida: 59 anos.
- Crecemento anual de poboación: 2,4 por 1000
- Distribución por relixións:
- Cristiáns coptos: 45%.
- Musulmáns: 45%.
- Outros grupos cristiáns: 6%.
- Outros: 4%.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura de Eritrea.
Actualmente fálanse moitas linguas en Eritrea. A maioría delas proveñen de dúas grandes familias, a semítica e a cuxita. As linguas semíticas de Eritrea son o árabe (falado nativamente pola etnia Rashaida), tigriña, tigré, e a recentemente recoñecida dahlik. Entre estas tres linguas; o tigriña e o tigré, son a primeira lingua de ao redor do 80% da poboación. As linguas cuxitas de Eritrea son numerosas, e inclúen o afar, bedja, blin e saho. Tamén se falan o kunama e nara, pertencentes á familia das linguas nilo-saharianas. O inglés úsase nun maior grao na educación, e tamén quedan algúns falantes de italiano dos tempos coloniais.
A cociña de Eritrea posúe certas similitudes coas de Etiopía e o Oriente Medio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eritreo.
- ↑ Gérard Prunier (Novembro 2018). "El fin de las hostilidades entre Etiopía y Eritrea". Le Monde Diplomatique en Español.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eritrea |