Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Esparreguera

Modelo:Xeografía políticaEsparreguera
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°32′17″N 1°52′09″L / 41.538055555556, 1.8691666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBaix Llobregat Editar o valor en Wikidata
CapitalEsparreguera (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación22.442 (2023) Editar o valor en Wikidata (819,05 hab./km²)
Número de fogares125 (1553) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie27,4 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Llobregat Editar o valor en Wikidata
Altitude187 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación985 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJuan Jurado (pt) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08292 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08076 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT080765 Editar o valor en Wikidata

Sitio webesparreguera.cat Editar o valor en Wikidata

Esparreguera é un municipio de Cataluña, España, situado na provincia de Barcelona. Ten unha poboación de 22.042 habitantes (INE 2010).

Atópase no norte da comarca do Baix Llobregat, na marxe esquerda do río Llobregat, entre as poboacións de Olesa de Montserrat ao leste e co cal limita o río Llobregat, Abrera polo sur, con Collbató e Monistrol de Montserrat no norte e con els Hostalets de Pierola polo oeste. Polo norte tamén limita co macizo de Montserrat.

Esparreguera é unha vila milenaria, fundada no 985 d.C. O seu nome aparece por primeira vez no século X. O ano 985 o conde Borell II estivo obrigado a abandonar Barcelona pola ameaza de Almanzor e refuxiouse nas montañas de Manresa. Desde alí chamou aos seus homes de armas para expulsar aos invasores, e entre estes homes estaba o cabaleiro Guillem de Esparreguera. Borell conseguiu recuperar as terras que chegaban ata os límites de Lleida, terra que repartiu entre os baróns, e encomendou a estes a construír, reforzar e armar os castelos que había por todas as terras conquistadas, para así evitar outro ataque por parte dos invasores. Este cabaleiro construíu o seu castelo nos margenes do río Llobregat e no tourón do Puig, localización idónea para vixiar os movementos dos invasores que viñan do Penedès. Este castelo non foi a primeira vez que habitaba esa zona, xa que se atoparon covas na zona do balneario de La Puda restos prehistóricos, máis concretamente cerámica, puntas de lanzas, fragmentos de sílex, ferramentas feitas con pedras etc...

Igrexa de Esparreguera.

Tamén, seguindo o curso norte do río e chegando á zona do Cairat acháronse restos romanos dun poboado, e na zona da Gorgonçana tamén había un asentamento chamado Sparagaria. Na zona NE do termo municipal achábase o castelo de Spasas. No 1316 Pere Sacosta decide construír o pobo no pequeno altiplano do Puig e ao redor da Ermida de Santa Maria del Puig, pero máis tarde coa construción da Igrexa de Santa Eulalia, o pobo trasladouse no 1587.

No século XVI, os documentos xa falan de decretos asinados polo abade de Montserrat como Señor da Vila e de Esparreguera. As Guerras Carlistas deixaron arruinada á poboación: a industria da la, que era a principal fonte de riqueza da localidade nos séculos XVI e XVIII, quedou destruída. Durante o século XVIII o número de habitantes mantívose en 2.500 habitantes, pero coa industrialización instaláronse diversas fábricas no municipio, a máis importante foi a Colonia Sedó, unhas das colonias máis grandes de Europa. Grazas a isto, no ano 1887 a poboación aumentou ata chegar aos 4.015 habitantes, no 1930 aos 5.211, e a finais do século XX chega aos 17.000.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006
4.209 5.203 4.740 7.675 10.990 17.060 21.145

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de Santa María del Puig, ermida románica.
  • Colonia Sedó, inaugurada en 1846.
  • Igrexa de Santa Eulalia, de 1587.
  • La Puda de Montserrat, antigo balneario.
  • Can Comelles, masía construída en 1470.

Festividades

[editar | editar a fonte]

O 12 de febreiro celébrase a festa maior de inverno, xa que é o día de Santa Eulalia, patroa da cidade. Tamén se celebra o correbars no verán, a feira medieval etc...

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]