Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Manresa

Modelo:Xeografía políticaManresa
Manresa (es)
Manresa (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°43′35″N 1°49′45″L / 41.726388888889, 1.8291666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
ComarcaBages Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalManresa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Manresa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación78.877 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.896,08 hab./km²)
Número de fogares353 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie41,6 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Cardener, Río Llobregat, Riera de Rajadell (en) Traducir e Sèquia de Manresa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude238 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónAsunción de María Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMarc Aloy i Guàrdia (2020–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal08241, 08242 e 08243 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08113 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081136 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmanresa.cat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451439

Manresa é unha cidade catalá da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Bages, da que é capital. Está situada no centro de Cataluña, a uns 60 km da cidade de Barcelona, marcando límite entre unha contorna industrial ao sur, e rural ao norte.

Está situada nun ángulo no que uns quilómetros máis ao sur, confluirán os ríos Llobregat e Cardener. É un importante nó de comunicacións, en especial co Eixe do Llobregat e o Eixe Transversal.

Manresa ten industrias de tecidos, fiados, química, maquinaria. Nas últimas décadas substituíu a industria polo comercio. É unha cidade cun interesante conxunto medieval, coas súas pontes sobre o río Cardener e a súa igrexa de estilo gótico (chamada Seo, en catalán Seu). Ademais tamén podemos atopar igrexas de estilo barroco así como interesantes edificacións modernistas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
A montaña de Montserrat desde Manresa

Manresa está situada no centro de Cataluña. O río Cardener pasa polo suroeste da cidade, con todo o municipio utiliza, para beber, a auga do río Llobregat, que pasa polo límite leste do termo. A auga é recollida ao seu paso por Balsareny e transportada a Manresa por unha canle ata o Parque de l'Agulla.

A orografía urbana está claramente marcada pola existencia de varios cerros (Puigcardener, Puigmercadal, Puigterrà, Puigberenguer e Tossal dels Cigalons).

O territorio, dentro da conca de erosión do centro da comarca, está rodeado por unha serie de cerros marxinais de pouca elevación (Collbaix, 544 msnm; Bufalvent, 387 msnm; Montlleó, 361 msnm).

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006
23.252 32.151 40.452 57.846 67.014 63.742 71.772

Economía

[editar | editar a fonte]

Josep Pla escribiu: Manresa as fábricas confúndense cos conventos, e os conventos coas fábricas. Ambas as cousas xa forman parte da historia.

A pesar de que as actividades industriais e servizos son os máis destacables, o sector primario non está totalmente marxinado. O regadío, que aproveita a auga da histórica canle de Manresa, dedícase, especialmente, ás verduras, legumes e froita, como tamén aos cereais, trigo, millo, patacas e forraxe. No secaño predominan os cereais e a forraxe. A gandería céntrase, especialmente, na produción do porco e bovino. A tradición industrial remóntase aos séculos medievais.

O sector terciario é moi importante, como corresponde a unha capital de comarca das súas dimensións.

A súa condición de núcleo radial de vías de comunicación é un factor relevante na actividade comercial de Manresa.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
La Seu de Manresa
A Cova de Sant Ignasi de Loiola
  • A ruta Medieval:
  • A ruta Barroca:
    • O Palacio de Xustiza
    • O Concello
    • Ca l'Oller
    • A Capela do Rapte
    • A Capela de Sant Ignasi Malalt
  • A ruta Modernista;
    • Cal Jorba
    • O Casino de Manresa
    • Casa Lluvià
    • Casa Torrents (La Buresa)
    • Convento de Santa Clara
    • Museo da Técnica

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]