Filatelia
A filatelia é o estudo dos selos de correos e das marcas postais. Isto inclúe o deseño, a produción e o uso dos selos despois de que sexan emitidos polas autoridades postais.
Características
[editar | editar a fonte]No I Congreso Internacional de Filatelia (Barcelona, 1960) definiuse á filatelia como ciencia auxiliar da historia. Aínda que é xeral darlle o nome de filatelia ó coleccionismo de selos esa é unha actividade diferente, aínda que relacionada, coñecida como coleccionismo de selos.
A palabra filatelia, na súa forma francesa, atribúeselle a Georges Herpin na revista Le Collectioneur de timbres-postes, Vol. 1, 15 de novembro de 1864. Está formada polas palabras gregas philos (amigo) e ateleia (franqueado). Existiron formas alternativas como timbroloxía, timbrofilia, timbromanía, amebotelia ou erinofilia que non chegaron a facerse populares. A orixe da filatelia está na observación de que nun monllo de selos, todos do mesmo tipo, existen diversas clases de filigranas de papel, diversas marcas de auga no papel, variacións de da cor, diversas perforacións, e outras clases de diferenzas. A comparación cos expedientes de autoridades postais pode ou non demostrar que as variacións eran intencionadas, o que conduce á investigación adicional en canto a como os cambios poderían suceder, e o porqué.
Organizacións
[editar | editar a fonte]- Federación Galega de Sociedades Filatélicas
- American Philatelic Society
- The Collectors Club
- Unión de Filatelistas de Rusia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Aerofilatelia.
- Catálogo de selos.
- Cinderella.
- Filatelia fiscal.
- Historia postal.
- Literatura filatélica.
- Marcofilia.
- Maximafilia.
- Mecanotelia.
- Prefilatelia.
- Bedeutende Deutsche.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "The Encyclopaedia of Postal Authorities". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2012. Consultado o 07 de maio de 2006. (en inglés)
- Federación Española de Sociedades Filatélicas (en castelán)
- Rare ancient stamps fo Mauritius (en francés)
- Clube Nacional de Filatelia (Portugal) (en portugués)