Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Foxa das Marianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaFoxa das Marianas
(en) Mariana Trench Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoFosa abisal Editar o valor en Wikidata
EpónimoIllas Marianas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Marianas do Norte, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 11°21′N 142°12′L / 11.35, 142.2
Bañado porNorth Pacific Ocean (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude−10.994 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoabismo Challenger Editar o valor en Wikidata  (−10.984 m Editar o valor en Wikidata )

A foxa das Marianas ou fosa das Marianas[1] é a máis profunda foxa mariña coñecida, e é o lugar máis profundo da codia terrestre. Localízase no fondo do Pacífico norte-occidental, ao leste e sur das Illas Marianas, preto de Guam.

Exploración

[editar | editar a fonte]

A foxa foi visitada por primeira vez en 1951 pola fragata da Mariña Real Británica o Challenger, que dá o nome á parte máis profunda da foxa, o Abismo de Challenger. Usando ecolocalización, mediuse unha profundidade de 10.902 m nos 11°19′N 142°15′L / 11.317, -142.250.

En 1957, a nave soviética Vityaz reportou unha profundidade de 10934 metros. En 1962, o M.V. Spencer F. Baird rexistrou unha profundidade de 10.902 metros.

O batiscafo Trieste antes da inmersión, 23 de xaneiro de 1960.

Pero non foi senón ata o 23 de xaneiro de 1960, que se descendeu por primeira e única vez, usando un batiscafo chamado Trieste invención de Auguste Piccard, o cal era capitaneado por Jacques Piccard, fillo do primeiro, para dese xeito superar os efectos da gran presión que existe a devanditas profundidades. Os sistemas de a bordo indicaban unha profundidade de 11.521 m, que despois foi revisada e resultou ser de 10.902 metros[2].

Na foxa atopáronse unha lura xigante e varias especies descoñecidas entón.

A presión no fondo da foxa é de 1.086 bares.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]