Friedrich Weber
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1781 Kiel, Alemaña |
Morte | 21 de marzo de 1823 (41 anos) Kiel, Alemaña |
Educación | Universidade de Kiel (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Lugar de traballo | Kiel |
Ocupación | entomólogo, botánico, profesor universitario, carcinólogo, naturalista, médico |
Empregador | Universidade de Kiel (pt) |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | F.Weber |
Abreviatura do autor en zooloxía | Weber |
Familia | |
Pai | Georg Heinrich Weber |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Friedrich Weber, nado en 1781 en Kiel, Alemaña,[1] e finado o 21 de marzo de 1823 na mesma cidade, foi un entomólogo alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alumno precoz de Johan Christian Fabricius (1745-1808), publicou, aos catorce anos, o seu Nomenclator entomologicus e, en 1801, as súas Observationes entomologicae.
Nestas dúas obras aparecen as primeiras descricións de numerosas especies de insectos, pero tamén doutros invertebrados.[2]
A súa obra máis famosa, publicada en 1795, é o Nomenclator entomologicus secundum entomologian systematicam ill. Fabricii, adjectis speciebus recens detectis et varietatibus. Chiloni et Hamburgi: C. E. Bohn. viii 171 pp. Ver en liña.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura F.Weber emprégase indicar a Friedrich Weber como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
- A abreviatura Weber emprégase para indicar a Friedrich Weber como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Algunhas fontes dan a data de 1752.
- ↑ Cómpre dicir que, na época de F. Weber, un "entomólogo" non se dedicaba exclusivamete ao estudo dos insectos propiamente ditos, senón que abarcaba o de todos os artrópodos (crustáceos, arácnidos etc.).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- S. L. Tuxen (1967): "The entomologist J. C. Fabricius", Annual Review Entomology, 12: 1-14.