From Yesterday
«From Yesterday» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de 30 Seconds to Mars | |||||
do álbum 'A Beautiful Lie' | |||||
Lanzamento | xaneiro de 2007 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 2006 | ||||
Xénero musical | rock alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | {{{duración}}} | ||||
Discográfica | virgin | ||||
Produtor(es) | Leah Gragham | ||||
Escritor(es) | Jared Leto | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"From Yesterday" é o terceiro single lanzado pola banda americana 30 Seconds to Mars do seu segundo álbum, "A Beautiful Lie".
Lista de temas
[editar | editar a fonte]CD (Estados Unidos de América)
[editar | editar a fonte]# | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "From Yesterday" (Radio Edit) | 3:52 |
2. | "The Story" (Live @ AOL Sessions Under Cover) | 3:59 |
CD (Gran Bretaña)
[editar | editar a fonte]# | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "From Yesterday" (Radio Edit) | 3:52 |
2. | "Stronger" (Radio 1 Live) | 6:01 |
3. | "From Yesterday" full directors cut video | 13:40 |
Vídeo musical
[editar | editar a fonte]Jared Leto dixo que o vídeo de “From Yesterday” foi dirixido por un home danés e albino chamado Bartholomew Cubbins, inspirado no período da dinastía da China. Isto simplemente foi unha broma de Cubbins, xa que dita persoa e o protagonista do libro de Dr Seuss, “The 500 Hats of Bartholomew Cubbins”. Porén, algunhas páxinas aínda lle atribúen a Cubbins a dirección. É o primeiro vídeo de música dunha banda de rock estadounidense completamente rodado na República China. Tamén é considerado o vídeo máis caro da historia, cun custo de produción a redor de 13 millóns de dólares, superando en varios millóns de dólares a Michael e Janet Jackson no seu vídeo "Scream/Childhood".
Filmouse coa participación de mil soldados sostendo bandeiras o comezo do vídeo. O mesmo comeza cun neno pequeno, presumiblemente o emperador, onde lle preguntan que é o que desexa para o seu aniversario. Simplemente responde “The Sound of Tomorrow” (“O Son do Mañán”). A acción vaise a unha habitación onde están os membros da banda. Unha muller entra e avisaos de que xa é o momento. Guíaos á entrada do vestíbulo, e desaparece. Os membros camiñan cara ao final do mesmo, onde intentan abrir a porta, mais non poden. As luces apáganse.
Noutra escena, a banda camiña a través de portas enormes, e logo entre soldados. Mentres camiñan, Jared pode ver a unha muller con máscara branca camiñando xunto a eles, pero por fora da multitude de soldados, os cales non poden vela. Son guiados cara ao vestíbulo onde se encontra o emperador, onde lles entregan uns pergamiños. Jared pregúntalle a Shannon Leto, o seu irmán: “This is a gift?” (¿Isto é un regalo?). Cada un deles é conducido a un lugar diferente do reino, onde se encontran con moitas das tradicións chinesas:
- Matt Wachter encóntrase a un home golpeándose cun látego.
- Tomo Milicevic encóntrase unha muller morta recostada nunha cama, onde proceden a poñerlle na boca unha pequena bola negra.
- Shannon ve a un home adulto ao que lle daba de mamar súa nai, ou a esposa.
- Jared camiña cara a un grupo de homes que están sacrificando a tres mulleres novas.
Tras isto, móstrase a banda vestíndose coa armadura tradicional chinesa. Máis tarde encóntranse para un duelo contra catro homes vestidos iguais que eles. O final do vídeo, os membros da banda loitan contra os outros individuos. Só catro sobreviven, e están a punto de degolarse. Lentamente, cos primeiros acordes da canción "A Beautiful Lie"” de fondo, retíranse as máscaras e se ve que os catro membros da banda están vivos.
Posición nas listas
[editar | editar a fonte]Ano | Lista | Máxima posición |
---|---|---|
2007 | U.S. Billboard Hot 100[1] | 76 |
2007 | U.S. Billboard Hot 100[2] | 75 |
2007 | Modern Rock Tracks | 1 |
2007 | U.S. Billboard Hot Mainstream Rock Tracks[3] | 11 |
2007 | U.S. Billboard 2007 Year-End Chart: Hot Modern Rock Songs[4] | 7 |
2007 | U.S. Billboard Hot Videoclip Tracks[5] | 25 |
2007 | Lista de sinxelos de Australia[6] | 33 |
2007 | Lista de sinxelos de Nova Zelandia[7] | 13 |
2007 | Lista alemá de sinxelos[8] | 72 |
2007 | Lista austríaca de sinxelos[9] | 53 |
2007 | Lista italiana de sinxelos[10] | 36 |
2007 | Lista portuguesa de sinxelos[11] | 17 |
2007 | Lista holandesa de sinxelos | 8 |
2007 | World Modern Rock Top 30 Singles | 11 |
2008 | Lista mexicana de sinxelos | 31 |
2008 | Lista de sinxelos de Gran Bretaña (reedición)[12] | 37 |
2008 | Latvian Airplay Top 50 [13] | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "U.S. Billboard Hot 100". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2009. Consultado o 17 de xullo de 2009.
- ↑ U.S. Billboard Hot 100 - Segunda referencia[Ligazón morta]
- ↑ "U.S. Billboard Hot Mainstream Rock Tracks". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2009.
- ↑ "U.S. Billboard 2007 Year-End Chart: Hot Modern Rock Songs". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2009. Consultado o 20 de xullo de 2009.
- ↑ "U.S. Billboard Hot Videoclip Tracks". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2009. Consultado o 17 de xullo de 2009.
- ↑ Lista de singles de Australia
- ↑ Lista de singles de Nova Zelandia
- ↑ Lista alemana de singles
- ↑ Lista austriaca de singles
- ↑ Lista italiana de singles
- ↑ Lista portuguesa de singles
- ↑ Lista de singles de Gran Bretaña
- ↑ Latvian Airplay Top 50