Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

The Kill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«The Kill»
sinxelo de 30 Seconds to Mars
do álbum A Beautiful Lie
Lanzamento 30 de agosto de 2006
Formato {{{formato}}}
Gravada 2004
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración {{{duración}}}
Discográfica virgin
Produtor(es) Josh Abraham,
30 Seconds to Mars
Escritor(es) Jared Leto
Cronoloxía
«Attack» «The Kill» «From Yesterday»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"The Kill" é o segundo single da banda americana 30 Seconds to Mars do seu segundo álbum "A Beautiful Lie". Jared Leto, o cantante da banda, describiu o significado da canción: "É, en realidade, sobre unha relación contigo mesmo. É sobre enfrontar os teus medos e enfrontarte a quen es en verdade". Tamén dixo que trata sobre "confrontacións como rutas que se cruzan" – verse a un mesmo como é en realidade.

Dende setembro de 2007, "The Kill" foi relanzado de novo en Gran Bretaña para axudar a que a canción seguise saíndo nas listas. Actualmente esta dispoñible en CD cun póster de "A Beautiful Lie" e dous adhesivos, e unha versión especial en vinilo de 7”. A canción foi utilizada como un dos temas de The Invisible.

Lista de temas

[editar | editar a fonte]

CD (estándar)

[editar | editar a fonte]
# Título Duración
1. "The Kill" 3:52
2. "Attack" (Live at CGBG, xullo de 2006) 4:06
3. "The Kill" (Acoustic, Live on VH1) 3:48

CD (versión para Gran Bretaña)

[editar | editar a fonte]
# Título Duración
1. "The Kill" - 3:52
2. "The Kill" (Acoustic, Live on VH1) 3:48

CD (reedición para Gran Bretaña)

[editar | editar a fonte]
# Título Duración
1. "The Kill" 3:52
2. "Was It a Dream?" (iTunes Live Session) 3:46

Vídeo musical

[editar | editar a fonte]

O vídeo musical trata sobre a banda que explora o hotel onde se aloxan. O dono do hotel deixa dito nunha carta que “se divirtan pero que se manteñan fora da habitación 6277”. A banda non obedece a advertencia e entran na habitación. Inmediatamente cada un dos integrantes comeza a experimentar os efectos da habitación – encóntranse cunha versión deles mesmos pero vestidos de smóking. Estas versións tocan no salón do hotel en fronte de clons tamén vestidos elegantemente.

Baseándose na película americana "O resplandor", varias escenas se asemellan con partes da película, como cando:

Ademais, ambas obra rematan nun salón de danza elegante.

Outros datos

[editar | editar a fonte]
  • "The Kill" figurou no episodio “Primed” da serie "Without a Trace" o 21 de xaneiro de 2007.
  • O 31 de agosto de 2006, a banda gañou o premio MTV2 por “The Kill” nos MTV Video Music Awards. Era unha dos seus dous nomeamentos, o segundo era polo mellor vídeo rock, que perderon contra o vídeo Miss Murder de AFI.
  • O número 6277 é o número da habitación porque significa Mars nun teléfono. O número tamén aparece no vídeo "From Yesterday".
  • "The Kill" foi premiado como mellor vídeo do ano e mellor vídeo rock nos MTV Australia Video Music Awards.
  • "The Kill (Bury Me)" foi seleccionado como o segundo mellor vídeo de 2006, perdendo contra "Saving Me" de Nickelback.
  • Durante os MTV Movie Awards de 2007, "The Kill" foi tocado de fondo nun clip para a presentación da película 300 como mellor película.

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Ano Lista Máxima posición
2006 U.S. Billboard Hot 100 65
2006 Mainstream Rock Tracks 14
2006 Modern Rock Tracks 3
2006 U.S. Billboard Hot Digital Songs 53
2006 Billboard European Hot 100 Singles 80
2006 U.S. Billboard 2006 Year-End Chart: Hot Modern Rock Songs[1] 3
2006 Lista de sinxelos de Gran Bretaña 64
2006 World Modern Rock Top 30 Singles 22
2007 U.S. Billboard Hot 100 Recurrent Airplay[2] 13
2007 U.S. Billboard Hot Adult Top 40 Tracks[3] 25
2007 U.S. Billboard Hot Singles Recurrents[4] 17
2007 U.S. Billboard Top 40 Mainstream[5] 30
2007 Brazil Hot 100 16
2007 Lista de sinxelos de Chile 6
2007 Lista de sinxelos de Gran Bretaña (reedición) 28
2007 Lista de sinxelos de Portugal 16

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "U.S. Billboard 2006 Year-End Chart: Hot Modern Rock Songs". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2009. 
  2. "U.S. Billboard Hot 100 Recurrent Airplay". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2009. 
  3. "U.S. Billboard Hot Adult Top 40 Tracks". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2009. 
  4. "U.S. Billboard Hot Singles Recurrents". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2009. 
  5. "U.S. Billboard Top 40 Mainstream". Arquivado dende o orixinal o 21/01/2009. Consultado o 21/01/2009.