Fulmarus
Fulmarus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O fulmar do norte ou boreal Fulmarus glacialis
| |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Fulmarus (os fulmares) é un xénero de aves mariñas da familia dos proceláridos con dúas especies actuais e dúas especies fósiles coñecidas. Lembran superficialmente a gaivotas, pero diferéncianse en que teñen tubos nasais característicos e unha forma distinta de voar que a das gaivotas coas ás ríxidas, e non pertencen á familia das gaivotas, senón á dos proceláridos. Xeralmente reprodúcense facendo un niño no chan en cantís, onde poñen un, ou raramente dous, ovos. Fóra da estación reprodutora son peláxicos, alimentándose de peixes, luras e gambas en mar a fóra. Producen un aceite estomacal fedorento que poden lanzar contra os seus inimigos e tamén lles serve como fonte enerxética de reserva.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome xenérico Fulmarus deriva das palabras do nórdico antigo fúll, 'fedorento' e már 'gaivota', en referencia ao mal cheiro do seu aceite estomacal, que poden lanzar contra os intrusos.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Existen dúas especies de fulmares, que ocupan o mesmo nicho ecolóxico, unha na zona ártica e outra na antártica. O fulmar do Ártico é a especie Fulmarus glacialis, que vive no norte do Atántico e do Pacífico. O fulmar do Antártico é o Fulmarus glacialoides que vive nos océanos do sur nas rexións antárticas. A especie do norte é gris e branca e ten bico amarelo, mide de 43 a 52 cm de lonxitude e de 102 a 112 cm de envergadura alar.[3] A especie do sur é de cores máis claras coa punta do bico negra e mide de 45 a 50 cm de lonxitude e de 115 a 120 cm de envergadura alar.
Describíronse ademais dúas especies prehistóricas fósiles atopadas na costa do Pacífico en California: Fulmarus miocaenus (da Formación Temblor do Oligoceno-Mioceno) e Fulmarus hammeri (do Mioceno).[4]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Fulmar do norte no niño nas illas Orcadas, Escocia
-
Fulmar do sur no estreito de Drake
-
Fulmar do norte, alimentándose na illa do Oso (Noruega)
-
Fulmar do norte, alimentándose na illa do Oso
-
Fulmar do norte, na illa norueguesa de Runde
-
Imaxe composta de fulmares do norte en diferentes plumaxes
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Double, M. C. (2003)
- ↑ Gotch, A. T. (1995)
- ↑ Maynard, B. J. (2003)
- ↑ Howard, Hildegard (1984). "Additional Avian Records from the Miocene of Kern County, California with the Description of a New Species of Fulmar". Bull. Southern California Acad. Sci. 83 (2): 84–89. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fulmarus |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fulmarus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aberdeen (2005). Fowlsheugh Ecology. Lumina Press.
- Bull, John; Farrand Jr., John (June 1993) [1977]. "Open Ocean". En Opper, Jane. The Audubon Society Field Guide to North American Birds. The Audubon Society Field Guide Series. Birds (Eastern Region) (First ed.). New York, NY: Alfred A. Knopf. p. 314. ISBN 0-394-41405-5.
- Ehrlich, Paul R.; Dobkin, David, S.; Wheye, Darryl (1988). The Birders Handbook (First ed.). New York, NY: Simon & Schuster. p. 14. ISBN 0-671-65989-8.
- Gotch, A. F. (1995) [1979]. "Albatrosses, Fulmars, Shearwaters, and Petrels". Latin Names Explained A Guide to the Scientific Classifications of Reptiles, Birds & Mammals. New York, NY: Facts on File. pp. 191–192. ISBN 0-8160-3377-3.
- Harrison, P. (1983). Seabirds: an identification guide. Beckenham, U.K.: Croom Helm. ISBN 0-7470-1410-8.
- Yeatman, L. (1976). Atlas des oiseaux nicheurs de France. Paris: Société Ornithologique de France. p. 8. Ver tamén outras publicacións máis recentes con título similar.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil do fulmar do norte como parte de BTO BirdFacts
- Vídeos, fotos e sons de fulmares do norte en Internet Bird Collection
- Vídeos fotos e sons de fulmares do sur Arquivado 07 de maio de 2016 en Wayback Machine. en Internet Bird Collection