George Sand
George Sand ([ʒɔʁʒ sɑ̃d]),[1] pseudónimo de Amantine Aurore Lucile Dupin de Francueil, de casada, baronne Dudevant,[2] nada o 1 de xullo de 1804 en París e finada o 8 de xuño de 1876 en Nohant-Vic, foi unha escritora, xornalista, crítica literaria e dramaturga francesa. Sand é recoñecida coma unha das escritoras máis notábeis do Romanticismo, concretamente do Romanticismo francés, amais de ser considerada coma unha das autoras máis célebres do século XIX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi unha autora feminista, escribiu novelas, novelas curtas, contos, pezas de teatro, críticas literarias, textos políticos... Comprometeuse na política e dise que participou dalgún xeito no goberno provisorio do 1848 en París.
Foi parella do escritor Alfred de Musset e do músico Frédéric Chopin.
Obra
[editar | editar a fonte]Algunhas das principais obras da autora son:
- Indiana
- Lélia
- Mauprat
- Consuelo
- La Mare au diable
- La Petite Fadette
- Les Maîtres sonneurs
- Le Meunier d'Angibault
- Un hiver à Majorque
- Histoire de ma vie
- As damas verdes (Les Dames vertes), Hugin e Munin, traducido ao galego por Xavier Senín, ISBN 978-84-945403-6-3
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pronuncia francesa estándar, segundo o alfabeto fonético internacional.
- ↑ Nalgunhas ocasións pode aparecer tamén coma Amandine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: George Sand |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |