Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Glicemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A glicemia indícanos a taxa de glicosa no sangue. A glicemia normal establécese entre 0,8 e 1,1 gramos/litro.

Debido á actividade corporal e á inxestión variábel de azucres, a cantidade de glicosa sofre variacións, controladas por mecanismos homeostáticos nos que están implicados o páncreas, a hipófise e as cápsulas suprarrenais. A glicosa almacénase no fígado en forma de glicóxeno e cando o índice de glicemia baixa, unha enzima encárgase de transformar o glicóxeno en glicosa e liberala no torrente sanguíneo. Os illotes de Langerhans do páncreas segregan hormonas, a insulina e o glicagón, que se encargan de controlar os niveis de glicosa no sangue, en condicións normais. No momento da contracción muscular, os músculos esixen glicosa e o fígado libéraa no torrente sanguíneo para que chega ás células musculares.

Regulación hormonal

[editar | editar a fonte]

A insulina segrégase cando os niveis da glicosa no sangue son elevados. A súa acción produce:

  • A diminución do nivel de glicosa, xa que estimula a súa absorción e utilización por parte das células.
  • A transformación da glicosa en glicóxeno, que se almacena no fígado.

Glicagón

[editar | editar a fonte]

O glicagón segrégase cando os niveis da glicosa no sangue diminúen. A súa acción é antagónica á da insulina:

  • Incrementa a concentración de glicosa no sangue a partir do glicóxeno hepático ou muscular.

Cando o organismo se atopa nunha situación de perigo, por xaxún, por exemplo, necesita unha subministración maior de glicosa. Entón a adenohipófise segrega hormonas adrenocorticotropas, que estimulan no córtex suprarrenal a secreción de cortisol. A acción do cortisol acelera a degradación das proteínas no fígado e a súa conversión en glicosa. Ao mesmo tempo a medula suprarrenal, estimulada polo sistema nervioso simpático, segrega adenalina e noradrenalina. Estas hormonas favorecen o catabolismo das graxas nas células e entra menos glicosa nelas, polo que aumenta a cantidade de glicosa no sangue[1].

  1. M. Koeppen, Bruce (2010). Berne and Levy Physiology. Mosby. ISBN 978-0323073622.