Glioxisoma
Os glioxisomas son orgánulos con forma vesicular que se encontran nas células eucariotas das plantas, especialmente nos tecidos de almacenaxe de lípidos das sementes, e tamén nos fungos filamentosos. Poden considerarse como peroxisomas especializados, con algúns encimas especiais no seu interior, que converten os lípidos en carbohidratos durante a xerminación das sementes. A plántula en crecemento utiliza estes azucres obtidos así ata que madura o suficiente para producilos por fotosíntese.
Nesta conversión de lípidos en azucres, primeiramente os ácidos graxos hidrolízanse a acetil-CoA utilizando os encimas glioxisómicos (e de todos os peroxisomas) da β-oxidación. Despois intervirán outros encimas, entre eles dous encimas clave especiais contidos no glioxisoma, a isocitrato liase e a malato sintase, que forman parte do ciclo do glioxilato, específico do glioxisoma, no que se orixinan produtos intermedios (como o succinato), que despois serán convertidos en azucres fóra do orgánulo por medio da gliconeoxénese.
Notas
[editar | editar a fonte]- Sengbusch, Peter V. (2003) Botany online: Peroxysomes and Glyoxysomes [1]
- UniProt Knowledgebase keyword: Glyoxysome [2][Ligazón morta]