Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Microfilamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os microfilamentos son finas fibras de proteínas de 3 a 7 nm de diámetro. Están compostos predominantemente dunha proteína contráctil chamada actina.

Os filamentos de actina ou microfilamentos sitúanse na periferia da célula e sintetízase dende puntos específicos da membrana celular. Son os responsables da forma e do desprazamento celular. Están formados por proteínas globulares.

A asociación dos microfilamentos coa proteína miosina é a responsable da contracción muscular. Os microfilamentos tamén poden levar a cabo movementos celulares, incluíndo desprazamento, contracción e citocinese. en conxunción cos microtúbulos danlle á célula a estrutura e o movemento.

Organización

[editar | editar a fonte]

Os filamentos forman distintas proxeccións segundo a situación da célula:

  • Proxeccións dinámicas:
a.- Lamelipodios (con forma de lámina) e filopodios (forma filamentosa e que palpa o ambiente para decidir se a célula avanza non), que son estruturas que protrúen da membrana celular e que permiten o movemento da célula.
b.- Anel contráctil: fórmase cando se está dividindo a célula, unha vez que os cromosomas se separaron, e estrangula a célula para a dividir en dous.
  • Proxeccións estables: permanecen no tempo. Son por exemplo, os paquetes de estereocilios (están na superficie das células pilosas do oído interno) ou outros arranxos que permiten a contracción muscular.

Polimerización de microfilamentos

[editar | editar a fonte]

A actina está situada nos bordos da célula polo tanto dende aí polimerízase. Comeza como resposta a sinais externas que lle din á célula a forma que ten que adoptar. O primeiro que se forma é unha especie de carapuchón formado por proteínas especiais que son a ARP2 e a ARP3, xunto con outras proteínas que fortalecen este carapuchón e que forman o complexo ARP (proteína relacionada con actina). A partir do carapuchón se unen os monómeros de actina para formar os protofilamentos. O lado menos ten o carapuchón polo tanto o filamento medra só no sentido máis. O carapuchón pódese unir a outros filamentos para ramificarse.

Funcións dos microfilamentos

[editar | editar a fonte]
  • Teñen unha misión esquelética.
  • Son responsables dos movementos do citosol.
  • Tamén son os responsables da contracción das células musculares.