Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

GoldenEye 007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

GoldenEye 007
Desenvolvedor(es)Rare
Distribuidora(s)Nintendo
Director(es)Martin Hollis
Produtor(es)Martin Hollis
Artista(s)Karl Hilton
Adrian Smith
B. Jones
Compositor(es)Graeme Norgate
Grant Kirkhope
Robin Beanland
Lanzamento25 de agosto de 1997
XéneroTirador e sixilo
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Clasificación CERO
Plataforma(s)Nintendo 64
SerieJames Bond
Na rede
IMDB: tt0205973 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

GoldenEye 007 é un videoxogo de 1997 desenvolvido por Rare e publicado por Nintendo para o Nintendo 64. Baséase no filme de 1995 de James Bond, 007: Goldeneye. Conta cunha campaña para un xogador no que os xogadores asumen o papel do axente de intelixencia James Bond na súa para previr que un sindicato criminal use unha arma satélite contra Londres. O xogo inclúe un modo multixogador con pantalla dividida no que até catro xogadores poden competir en diferentes competencias de estilo deathmatch.

O desenvolvemento comezou en 1995 e foi levado a cabo por un inexperto equipo liderado por Martin Hollis, quen anteriormente traballara nunha versión arcade de Killer Instinct. Nun comezo estaba pensado como un xogo de plataformas de desprazamento lateral para Super Nintendo Entertainment System, mais evoluciounou cara a un xogo de disparos en 3D inspirado en Virtua Cop de SEGA. Despois de dous anos e medio de desenvolvemento, GoldenEye 007 foi lanzado pouco antes da estrea da secuela do filme GoldenEye, 007: O mañá nunca morre. Malia que o xogo recibiu baixas expectativas por parte dos medios especializados, recibiu a aclamación da crítica e vendeu máis de oito millóns de copias, converténdose no terceiro xogo máis vendido de Nintendo 64. O xogo foi eloxiado polo seu estilo visual, o seu modo de xogo e a súa variedade, así como polo multixogador. En 1998, recibiu o Premio BAFTA ao Mellor Videoxogo e catro galardóns da Academy of Interactive Arts & Sciences.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]