The Last of Us
The Last of Us | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Naughty Dog |
Distribuidora(s) | Sony Computer Entertainment |
Director(es) | Bruce Straley Neil Druckmann |
Deseñador(es) | Jacob Minkoff |
Artista(s) | Erick Pangilinan Nate Wells |
Compositor(es) | Gustavo Santaolalla |
Motor | In-house engine[1] Havok (físicas) |
Lanzamento | 14 de xuño de 2013 |
Xénero | Acción, aventura, supervivencia e horror |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | PlayStation 3 |
Formato(s) | Blu-ray, descarga |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Last of Us é un videoxogo de acción e horror desenvolvido por Naughty Dog e distribuído por Sony Computer Entertainment exclusivamente para a PlayStation 3. Foi estreado oficialmente o 10 de decembro de 2011, durante a Spike TV Video Game Awards e a súa estrea mundial fíxose o 14 de xuño de 2013.
O xogador ten o control de Joel (voz e movementos de Troy Baker), que está viaxando a través duns Estados Unidos postapocalípticos no ano 2033, coa fin de acompañar a Ellie (voz e movementos de Ashley Johnson) cara a un grupo de resistencia, os Fireflies, que segundo cre Ellie, pode ser a chave para atopar a cura da infección que devastou o mundo. O xogador debe defender á personaxe de criaturas semellantes a zombis, que foron infectadas por unha mutación do fungo Cordyceps, así como de humanos hostís como bandidos e caníbales. Para iso, deberá empregar armas de fogo e o sixilo, así como pola capacidade dunha representación visual do son coa fin de escoitar os inimigos agochados nos distintos lugares. O xogador tamén poden crear armas e obxectos médicos pola combinación de elementos recollidos polo mundo.
The Last of Us recibiu críticas que louvaron o seu guión, a actuación de voz, o deseño do son e dirección de arte. A súa narrativa foi aclamada pola caracterización das personaxes e a descrición da condición humana, que atinxe temas coma o sacrificio, a lealdade, o destino e a esperanza.
En 2022 rodouse unha serie homónima en Alberta, Canadá, baseada no videoxogo e emitida en HBO.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PS3 (20 de maio de 2012). Playstationlifestyle.net, ed. "Naughty Dog on The Last of Us’ Graphics Engine Improvements". Consultado o 12 de xullo de 2013.
- ↑ Sepinwall, Alan; Sepinwall, Alan (2023-01-10). "'The Last of Us': A Finer Version of 'The Walking Dead' and HBO's Next Big Hit". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-02-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |