Hämeenlinna
Hämeenlinna (fi) Tavastehus (sv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Finlandia | ||||
Axencia Rexional | Finlândia Meridional (pt) | ||||
Rexión | Tavastia Propia | ||||
Capital de | Tavastia Propia (1998–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 68.288 (2024) (38,25 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua finesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Hämeenlinna | ||||
Superficie | 1.785,35 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1639 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Olli-Poika Parviainen (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Hämeenlinna City Council (en) , (Escano: 59) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 13100 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | concello de Uppsala (1947–) Frederiksberg (pt) (1947–) Bærum (1950–) Hafnarfjörður (1950–) Weimar (1961–) Celle (1971–) Püspökladány (pt) (1987–) Toruń (1989–) Tartu (1991–) Lucca (2019–) Sumy (pt) (2024–) | ||||
Páxina web | hameenlinna.fi |
Hämeenlinna (en sueco: Tavastehus) é unha cidade de Finlandia, capital e cidade máis poboada da rexión de Tavastia Propia. Está situada ao sur do país, no corazón provincia histórica de Tavastia (Häme en finés). Entre os persoeiros de sona da cidade cómpre destacar a figura do compositor Jean Sibelius. En 2012 tiña unha poboación de 67.531 habitantes.[1]
A cidade debe o seu nome á provincia histórica de Tavastia (Häme en finés) e ao castelo (en finés linna) que data do século XIII.
Historia
[editar | editar a fonte]Téñense noticias dun asentamento á beira do lago Vanajavesi chamado Vanaja dende a época viquinga onde se atopa actualmente a cidade. O Castelo de Häme foi construído a principios do século XIII para afianzar o dominio sueco no centro de Finlandia, e posteriormente se formaría unha vila. En 1639 fóronlle concedidos a Hämeenlinna dereitos de cidade.
En 1862 inaugurouse a primeira liña ferroviaria de Finlandia, que unía á cidade coa capital. A actual Hämeenlinnan rautatieasema (Estación Ferroviaria de Hämeenlinna) foi construída en 1921.
Transportes e comunicacións
[editar | editar a fonte]Distancias a outras cidades | km |
---|---|
Tampere | 77 |
Helsinqui | 101 |
Riihimäki | 36 |
Lahti | 74 |
Turku | 141 |
Hämeenlinna está situada nun punto intermedio entre dúas das cidades máis importantes do país, Helsinqui e Tampere, e é atravesada pola autoestrada que as une, a ruta interurbana máis importante do país (Valtatie 3 - E12) e pola nacional 10 (Valtatie 10), así como a nacional 12 (Valtatie 12).
Deporte
[editar | editar a fonte]- Hóckey sobre xeo: HPK
- Fútbol: FC Hämeenlinna
- A cidade foi sede da competición de pentathlon moderno nos Xogos Olímpicos de verán de 1952 celebrados en Helsinqui.
- Hämeenlinna acolleu a primeira fase da Underwater Rugby Euroleague en outubro de 2012.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "VÄESTÖTIETOJÄRJESTELMÄ REKISTERITILANNE 30.12.2012"". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hämeenlinna |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da cidade (en finés) (en sueco) (en inglés)